Diferenzas entre revisións de «Amnistía Internacional»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios using AWB)
 
== Obxectivos e características ==
A tarefa de Amnistía Internacional (AI) baséase nunha investigación coidadosa e nas normas acordadas pola comunidade internacional. É un movemento democrático e autónomo de activistas voluntarios, con máis dun millón de membros e subscritores repartidos en máis de 140 países e territorios. Finánciase en gran medida coas cotas do seus membros de todo o mundo. A organización nin solicita nin acepta contribucións dos gobernos para realizar a súa tarefa de investigación e campañas contra a violación dos dereitos humanos.
 
AI é independente de toda ideoloxía política e credo relixioso. Non apoia nin se opón a ningún goberno ou sistema político, nin tampoco apoia nin se opón ás opinións das vítimas cuxos dereitos intenta protexer. A protección imparcial dos dereitos humanos é a súa finalidade.
 
AI emprende accións para opoñerse a algunhas das violacións máis graves que cometen os gobernos contra os dereitos civís e políticos das persoas. O obxectivo principal do seu activismo contra esas violacións son:
Rematar cos homicidios políticos e «as desaparicións».
 
Amnistía Internacional pide aos grupos políticos armados que respecten os dereitos humanos e poñan fin a abusos como a detención de persoas en calidade de presos de conciencia, a toma de reféns, a tortura e os homicidios ilexítimos.
 
Tamén colabora coas Nacións Unidas e con organizacións intergubernamentais rexionais, coa súa tarefa en favor dos refuxiados.
* [http://www.amnesty.org Amnistía Internacional-Secretariado Internacional] {{En}}
* [http://www.es.amnesty.org/ga/grupos-locales/galicia/paginas/grupos-locales/ Grupos Locais Galegos de Amnistía Internacional]
* [http://www.es.amnesty.org/vigo Amnistía Internacional-Vigo]
 
{{Premio Nobel da Paz}}
393.002

edicións

Menú de navegación