Renacemento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
referencia
m Arranxos varios using AWB
Liña 1: Liña 1:
{{1000}}
{{1000}}
{{Historia da Arte|imaxe=[[Ficheiro:Da Vinci Vitruve Luc Viatour.jpg|200px]]}}
{{Historia da Arte|imaxe=[[Ficheiro:Da Vinci Vitruve Luc Viatour.jpg|200px]]}}
O concepto '''Renacemento'''<ref>{{DRAG|Renacemento}}</ref> ou '''Renacenza'''<ref>[http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=renacenza&sinom=0&homonimo= Renacenza] forma sinónima de Renacemento en galego pola [[Real Academia Galega]] - </ref> aplícase á época artística que dá comezo á [[Idade Moderna]] en [[Europa]] (finais do [[século XV]] e todo o [[século XVI]]).
O concepto '''Renacemento'''<ref>{{DRAG|Renacemento}}</ref> ou '''Renacenza'''<ref>[http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=renacenza&sinom=0&homonimo= Renacenza] forma sinónima de Renacemento en galego pola [[Real Academia Galega]] -</ref> aplícase á época artística que dá comezo á [[Idade Moderna]] en [[Europa]] (finais do [[século XV]] e todo o [[século XVI]]).


Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal [[humanismo|humanista]] e [[naturalismo|naturalista]]. O termo foi rexistrado por primeira vez por [[Giorgio Vasari]] xa no [[século XVI]], mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de [[Jacob Burckhardt]] ''A cultura do Renacemento en Italia'' (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home".<ref>''Renacemento''. Enciclopédia Itaú Cultural. [http://www.itaucultural.org.br/aplicExternas/enciclopedia_ic/index.cfm?fuseaction=termos_texto&cd_verbete=3637&cd_idioma=28555&cd_item=8]</ref>.
Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal [[humanismo|humanista]] e [[naturalismo|naturalista]]. O termo foi rexistrado por primeira vez por [[Giorgio Vasari]] xa no [[século XVI]], mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de [[Jacob Burckhardt]] ''A cultura do Renacemento en Italia'' (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home".<ref>[http://www.itaucultural.org.br/aplicExternas/enciclopedia_ic/index.cfm?fuseaction=termos_texto&cd_verbete=3637&cd_idioma=28555&cd_item=8 ''Renacemento''. Enciclopédia Itaú Cultural]</ref>.


De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da [[Idade Media]], á que califica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da [[Europa do norte]].
De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da [[Idade Media]], á que califica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da [[Europa do norte]].
Liña 22: Liña 22:
# A aparición de poderes monárquicos fortes.
# A aparición de poderes monárquicos fortes.
# A difusión da [[filosofía ántiga|filosofía clásica]] rescatada a través dos filósofos [[Andalucía|andaluces]]. Téndese a unha separación clara entre [[relixión]] e [[filosofía]], entre [[razón]] e [[fe]]. [[Humanismo]] contra [[teocentrismo]]. Desenvólvese o humanismo coma a corrente vital que ve o home coma o centro e medida fundamental de todas as cousas.
# A difusión da [[filosofía ántiga|filosofía clásica]] rescatada a través dos filósofos [[Andalucía|andaluces]]. Téndese a unha separación clara entre [[relixión]] e [[filosofía]], entre [[razón]] e [[fe]]. [[Humanismo]] contra [[teocentrismo]]. Desenvólvese o humanismo coma a corrente vital que ve o home coma o centro e medida fundamental de todas as cousas.
# Nunha liberdade de pensamento maior, afastada do dogmatismo medieval, corresponde un impulso considerábel dos coñecementos científicos. O desenvolvemento das [[universidade|universidades]] e, sobre todo, a aparición da [[imprenta]] favorecen a difusión das novas ideas. A cultura pasa dos [[mosteiro|mosteiros]] ás rúas das cidades.
# Nunha liberdade de pensamento maior, afastada do dogmatismo medieval, corresponde un impulso considerábel dos coñecementos científicos. O desenvolvemento das [[universidade]]s e, sobre todo, a aparición da [[imprenta]] favorecen a difusión das novas ideas. A cultura pasa dos [[mosteiro]]s ás rúas das cidades.


== Tópicos literarios ==
== Tópicos literarios ==
Liña 80: Liña 80:


== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 18:37

O concepto Renacemento[1] ou Renacenza[2] aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home".[3].

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que califica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara o resto de Italia e despois cara practicamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Contexto histórico

Dende o século XIII prodúcese en Europa unha serie de transformacións que anuncian o remate da Idade Media e a aparición dunha nova era. Estas transformación traen un ritmo acelerado ao longo do século XV. O paso da Idade Media á modernidade anúnciase por:

  1. O crecemento demográfico debido á mellora na alimentación e na medicina. Pese a isto, houbo infeccións devastadoras nesta época como a sífilis.
  2. Unha importante alza nos prezos debido á introdución en Europa de grandes cantidades de ouro e prata traídos de América tralo seu recente descubrimento en 1492. A conquista do Novo Mundo estabelecerá ademais novas e importantes rutas de comercio, o que derivará nunha mellora na economía.
  3. A aparición da Reforma protestante, que dará lugar a unha divisón na Igrexa Católica e provocará enfrontamentos entre as nacións europeas.
  4. O rexurdimento do comercio e da vida urbana, especialmente en Flandres e en Italia. A cidade convértese en centro económico e político, así como cultural e artístico.
  5. A aparición da burguesía como a clase social ascendente.
  6. A aparición de poderes monárquicos fortes.
  7. A difusión da filosofía clásica rescatada a través dos filósofos andaluces. Téndese a unha separación clara entre relixión e filosofía, entre razón e fe. Humanismo contra teocentrismo. Desenvólvese o humanismo coma a corrente vital que ve o home coma o centro e medida fundamental de todas as cousas.
  8. Nunha liberdade de pensamento maior, afastada do dogmatismo medieval, corresponde un impulso considerábel dos coñecementos científicos. O desenvolvemento das universidades e, sobre todo, a aparición da imprenta favorecen a difusión das novas ideas. A cultura pasa dos mosteiros ás rúas das cidades.

Tópicos literarios

Os tópicos do Renacemento son un conxunto de temas e figuras que aparecen a miúdo nas artes do Renacemento, especialmente na literatura. Constitúen unha das características que unifica as obras do período. Os tópicos literarios máis coñecidos durante o Renacemento son o carpe diem e o beatus ille, que proveñen da tradición clásica.

Un tópico é un motivo literario que o tempo e a tradición fosilizaron. Cada época xera os seus motivos e os autores empréganos adoito como elementos temáticos estábeis e recorrentes, reinterpretándoos nas súas obras e entendidos coma signos de cultura, como recoñecemento dunha tradición concreta. Realizan un papel semellante ao das alusións mitolóxicas nun texto.

Etapas

Diferentes etapas históricas marcan o desenvolvemento do Renacemento:

Quattrocento

A primeira ten como espazo cronolóxico todo o século XV, é o denominado Quattrocento, e comprende o Renacemento que se desenvolve en Italia.

Cinquecento

A segunda, afecta ó século XVI, Cinquecento, cando se torna nun movemento universal europeo; o seu dominio artístico queda referido ó Alto Renacemento, que se centra no primeiro cuarto de século. Esta etapa desemboca cara 1520-1530 nunha reacción anticlásica que conforma o Manierismo. Ocorren entón ademais a Contrarreforma, que instaura o Barroco como estilo oficial da Igrexa Católica. Na literatura destacan Ludovico Ariosto, Torcato Taso e Maquiavelo; na pintura destacaron Rafael e Michelangelo.

Mentres que en Italia estaba a se desenvolver o Renacemento, no resto de Europa mantense o gótico nas súas formas tardías, situación que se ha manter, exceptuando casos concretos, ata comezos do século XVI.

En Italia o enfrontamento e a convivencia coa antigüidade clásica, considerada como un legado nacional, proporcionou unha ampla base para unha evolución estilística homoxénea e de validez xeral. Por iso, alí, é posible o seu xurdimento e precede a tódalas demais nacións.

Fóra de Italia a Antigüidade Clásica suporá un caudal académico asimilable, e o desenvolvemento do Renacemento dependerá constantemente dos pulos marcados por Italia. Artistas importados desde Italia ou formados alí, fan o papel de verdadeiros transmisores.

Características

De forma xenérica pódense estabelecer as características do Renacemento en:

  1. A volta á Antigüidade. Rexurdirán tanto as antigas formas arquitectónicas, como a orde clásica, a utilización de motivos formais e plásticos antigos, a incorporación de antigas crenzas, os temas de mitoloxía, de historia, así como a adopción de antigos elementos simbólicos. Con iso o obxectivo non vai ser unha copia servil, senón a penetración e o coñecemento das leis que sustentan a arte clásica.
  2. Xurdimento dunha nova relación coa Natureza, que vai unida a unha concepción ideal e realista da ciencia. A matemática vaise converter na principal axuda dunha arte que se preocupa incesantemente en fundamentar racionalmente ao seu ideal de beleza. A aspiración de acceder á verdade da Natureza, como na Antigüidade, non se orienta cara ó coñecemento de fenómeno casual, senón cara á penetración da idea.
  3. O Renacemento fai ao ser humano medida de tódalas cousas. Como arte esencialmente cultural, presupón no artista unha formación científica, que o fai liberarse de actitudes medievais e erguerse ó máis alto rango social.

Os supostos históricos que permitiron desenvolver o novo estilo remóntanse ó século XIV cando, co Humanismo, progresa un ideal individualista da cultura e un profundo interese pola literatura clásica, que acabaría dirixindo, forzosamente, a atención sobre os restos monumentais clásicos.

Italia nese momento está integrada por unha serie de estados entre os que destacan Venecia, Florencia, Milán, o Estado Pontificio e Nápoles.

A presión que se exerce desde o exterior impediu que, como noutras nacións, se desenvolvese a unión dos reinos ou estados; porén, produciuse o fortalecemento da conciencia cultural dos italianos.

Dende estes supostos foron as cidades as que se converteron en centros de renovación artística.

En Florencia o desenvolvemento dunha rica burguesía axudará ó despregue das forzas do Renacemento, a cidade convértese no punto de partida do novo estilo, e xorden, baixo a protección dos Medici, as primeiras obras que desde aquí han estenderse ó resto de Italia.

Artistas importantes

A dama do armiño de Leonardo da Vinci,Museo Czartoryski, Cracovia

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Renacemento.
  2. Renacenza forma sinónima de Renacemento en galego pola Real Academia Galega -
  3. Renacemento. Enciclopédia Itaú Cultural

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bartlett, Kenneth, The Civilization of the Italian Renaissance: A Sourcebook (segunda edición. 2011)
  • Cronin, Vincent (1969), The Flowering of the Renaissance, ISBN 0-7126-9884-1
  • Cronin, Vincent (1992), The Renaissance, ISBN 0-00-215411-0
  • Campbell, Gordon. The Oxford Dictionary of the Renaissance. (2003). 862 pp. en liña en OUP
  • Ergang, Robert (1967), The Renaissance, ISBN 0-442-02319-7
  • Ferguson, Wallace K. (1962), Europe in Transition, 1300–1500, ISBN 0-04-940008-8
  • Fletcher, Stella. The Longman Companion to Renaissance Europe, 1390–1530. (2000). 347 pp.
  • Grendler, Paul F., ed. The Renaissance: An Encyclopedia for Students. (2003). 970 pp.
  • Grendler, Paul F. "The Future of Sixteenth Century Studies: Renaissance and Reformation Scholarship in the Next Forty Years," Sixteenth Century Journal Spring 2009, Vol. 40 Issue 1, pp 182
  • Hale, John. The Civilization of Europe in the Renaissance. (1994). 648 pp.
  • Hattaway, Michael, ed. A Companion to English Renaissance Literature and Culture. (2000). 747 pp.
  • Jensen, De Lamar (1992), Renaissance Europe, ISBN 0-395-88947-2
  • Nauert, Charles G. Historical Dictionary of the Renaissance. (2004). 541 pp.
  • Paoletti, John T. and Gary M. Radke. Art in Renaissance Italy (4th ed. 2011)
  • Robin, Diana; Larsen, Anne R.; and Levin, Carole, eds. Encyclopedia of Women in the Renaissance: Italy, France, and England (2007) 459p.
  • Ruggiero, Guido, ed. A Companion to the Worlds of the Renaissance. (2002). 561 pp.

Outros artigos

Ligazóns externas