Río Texo: Diferenzas entre revisións
m Desfixéronse as edicións de 83.46.147.32 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm |
m →Características: Arranxos varios using AWB |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
==Características== |
==Características== |
||
Percorre unha lonxitude de 1.008 |
Percorre unha lonxitude de 1.008 km, 816 deles por territorio español, onde discorre por catro [[comunidade autónoma|comunidades autónomas]] ([[Aragón]], [[Castela-A Mancha]], [[Comunidade de Madrid|Madrid]] e [[Estremadura]]) e un total de seis provincias ([[provincia de Teruel|Teruel]], [[provincia de Cuenca|Cuenca]], [[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]], [[Comunidade de Madrid|Madrid]], [[provincia de Toledo|Toledo]] e [[provincia de Cáceres|Cáceres]]). |
||
Logo de formar fronteira entre [[España]] e [[Portugal]] ao longo de 47 |
Logo de formar fronteira entre [[España]] e [[Portugal]] ao longo de 47 km, entra neste último país.<ref>O tramo de 47 km nos que o río delimita a fronteira entre España e Portugal é coñecido como ''Texo Internacional''.</ref> Aquí percorre 145 km, a través das [[Subdivisións de Portugal|rexións tradicionais]] de [[Alto Alentexo]], [[Ribatexo]] e [[Estremadura, Portugal|Estremadura]], nas que se integran os distritos de [[Distrito de Portalegre|Portalegre]], [[Distrito de Santarém|Santarém]] e [[Distrito de Lisboa|Lisboa]]. |
||
Nas súas beiras érguense cidades españolas como [[Aranjuez]], [[Toledo]] e [[Talavera de la Reina]], e portuguesas como [[Abrantes]], [[Santarém, Portugal|Santarém]] e [[Lisboa]]. |
Nas súas beiras érguense cidades españolas como [[Aranjuez]], [[Toledo]] e [[Talavera de la Reina]], e portuguesas como [[Abrantes]], [[Santarém, Portugal|Santarém]] e [[Lisboa]]. |
||
A súa conca ten unha superficie total de 80.600 |
A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da [[Península Ibérica]], con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de [[área metropolitana de Madrid|Madrid]] e [[Rexión de Lisboa|Lisboa]]. |
||
A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola'' Confederación Hidrográfica del Tajo'', organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O [[Transvasamento Texo-Segura]] deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de [[España]].<ref> |
A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola'' Confederación Hidrográfica del Tajo'', organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O [[Transvasamento Texo-Segura]] deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de [[España]].<ref> |
Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 18:24
Texo | |
---|---|
[[Ficheiro:|250px]] | |
País | España e Portugal |
Nacemento | Fuente de García, Serra de Albarracín, Teruel |
Altitude | 1.593 msnm |
Lonxitude | 1.008 km |
Conca | 80.600 km² |
Caudal medio | Trillo: 18,76 m³/s Aranjuez: 33,32 m³/s Toledo: 43,30 m³/s Lisboa: 444 m³/s |
Desembocadura | Océano Atlántico |
O Texo (Tajo en castelán; Tejo en portugués) é o maior río da Península Ibérica, á que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, que pertenece aos Montes Universales (Teruel), a 1.593 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.
Características
Percorre unha lonxitude de 1.008 km, 816 deles por territorio español, onde discorre por catro comunidades autónomas (Aragón, Castela-A Mancha, Madrid e Estremadura) e un total de seis provincias (Teruel, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Toledo e Cáceres).
Logo de formar fronteira entre España e Portugal ao longo de 47 km, entra neste último país.[1] Aquí percorre 145 km, a través das rexións tradicionais de Alto Alentexo, Ribatexo e Estremadura, nas que se integran os distritos de Portalegre, Santarém e Lisboa.
Nas súas beiras érguense cidades españolas como Aranjuez, Toledo e Talavera de la Reina, e portuguesas como Abrantes, Santarém e Lisboa.
A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da Península Ibérica, con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de Madrid e Lisboa.
A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola Confederación Hidrográfica del Tajo, organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O Transvasamento Texo-Segura deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de España.[2]
O seu curso alto está incluído dentro do Parque Natural do Alto Texo, na provincia de Guadalaxara. Tamén o seu curso medio-baixo está protexido legalmente, mediante o Parque Nacional de Monfragüe, localizado na provincia de Cáceres. Máis adiante atópase Parque Natural do Texo Internacional, entre a provincia de Cáceres e Portugal. Na súa desembocadura atópase a Reserva Natural do Estuario do Texo.
Os seus principais afluentes son: Jarama, Guadarrama, Alberche e Alagón, pola dereita; e Guadiela e Salor pola esquerda.
Galería de imaxes
-
Percorrido na península ibérica
-
Porto de Lisboa
-
Vista do esteiro do Texo
Notas
- ↑ O tramo de 47 km nos que o río delimita a fronteira entre España e Portugal é coñecido como Texo Internacional.
- ↑ Portal Auga (n/d). Portal Auga, ed. "¿Cómo funciona el trasvase Tajo-Segura?" (en castelá). Arquivado dende o orixinal o 2007. Consultado o 25 de novembro 2009.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Texo |