Concilio Vaticano Segundo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Second Vatican Council by Lothar Wolleh 007.jpg|dereita|miniatura|]]
[[Ficheiro:Second Vatican Council by Lothar Wolleh 007.jpg|dereita|miniatura]]
[[Ficheiro:Second Vatican Council by Lothar Wolleh 001.jpg|dereita|miniatura|Paulo VI no Concilio.]]
[[Ficheiro:Second Vatican Council by Lothar Wolleh 001.jpg|dereita|miniatura|Paulo VI no Concilio.]]
[[Ficheiro:Pope_Paul_VI._1967.jpg|miniatura|dereita|Paulo VI, papa que pechou o Concilio.]]
[[Ficheiro:Pope_Paul_VI._1967.jpg|miniatura|dereita|Paulo VI, papa que pechou o Concilio.]]
Liña 28: Liña 28:


=== Terceira sesión (outono de 1964) ===
=== Terceira sesión (outono de 1964) ===
Empezada o [[14 de setembro]] de [[1964]], baseouse en numerosos asuntos da Igrexa. Aprobáronse tres documentos: ''Unitatis Redintegratio'' (sobre o [[ecumenismo]] ou reunificación dos cristiáns), ''Orientalium Ecclesiarum'' (sobre as Igrexas orientais) e ''Lumen Gentium'' (sobre a mesma Igrexa Católica).
Empezada o [[14 de setembro]] de [[1964]], baseouse en numerosos asuntos da Igrexa. Aprobáronse tres documentos: ''Unitatis Redintegratio'' (sobre o [[ecumenismo]] ou reunificación dos cristiáns), ''Orientalium Ecclesiarum'' (sobre as Igrexas orientais) e ''Lumen Gentium'' (sobre a mesma Igrexa Católica).


Tras numerosas controversias, a sesión rematou o [[21 de novembro]] dese mesmo ano.
Tras numerosas controversias, a sesión rematou o [[21 de novembro]] dese mesmo ano.
Liña 41: Liña 41:
Outros documentos, que foran tratados en sesións anteriores, foron definitivamente aprobados neste período. Neste grupo inclúese ''Christus Dominus'' (sobre os bispos), ''Perfectae Caritatis'' (sobre as ordes relixiosas), ''Optatam Totius'' (sobre a educación dos sacerdotes), ''Gravissimum Educationis'' (sobre a educación cristiá) e ''Apostolicam Actuositatem'' (sobre o papel dos laicos).
Outros documentos, que foran tratados en sesións anteriores, foron definitivamente aprobados neste período. Neste grupo inclúese ''Christus Dominus'' (sobre os bispos), ''Perfectae Caritatis'' (sobre as ordes relixiosas), ''Optatam Totius'' (sobre a educación dos sacerdotes), ''Gravissimum Educationis'' (sobre a educación cristiá) e ''Apostolicam Actuositatem'' (sobre o papel dos laicos).


Coa aprobación de ''Nostra Aetate'', a Igrexa deixou claro que os xudeus de hoxe en día teñen tanta culpa sobre a morte de Cristo coma os propios cristiáns.
Coa aprobación de ''Nostra Aetate'', a Igrexa deixou claro que os xudeus de hoxe en día teñen tanta culpa sobre a morte de Cristo coma os propios cristiáns.


Un dos momentos máis salientables do período conciliar foi o encontro de [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] e o [[Atenágoras I, patriarca de Constantinopla|Patriarca Atenágoras]], ortodoxo, símbolo do achegamento das dúas igrexas.
Un dos momentos máis salientables do período conciliar foi o encontro de [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] e o [[Atenágoras I, patriarca de Constantinopla|Patriarca Atenágoras]], ortodoxo, símbolo do achegamento das dúas igrexas.

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 18:09

Paulo VI no Concilio.
Paulo VI, papa que pechou o Concilio.

O Concilio Vaticano Segundo ou Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano foi un Concilio ecuménico da Igrexa Católica, comezado baixo o papado de Xoán XXIII (1962) e finalizado con Paulo VI en 1965.

Situación previa

A época previa á convocatoria do Concilio Vaticano II caracterizárase pola existencia de grandes cambios dentro do seo da Igrexa Católica. Por un lado, xurdiran novas correntes teolóxicas; teólogos católicos como Karl Rahner, Joseph Ratzinger, Yves Congar ou Hans Urs von Balthasar abriran novos camiños ao pensamento cristián; por outro, os bispos tiñan que afrontar unha nova situación política, económica, social e técnica. Ademais, o inconcluso Concilio Vaticano Primeiro, case un século antes, deixara moitas cuestións dogmáticas sen fixar.

O Papa Xoán XXIII anunciou a súa vontade de convoca-lo concilio apenas tres meses após ter sucedido a Pío XII. O seu obxectivo facéndoo era, segundo el mesmo, "Abri-las fiestras da Igrexa para que poidamos mirar cara a fóra e a xente poida mirar cara dentro". De feito, non só invitou a tódolos bispos da Igrexa ó concilio, senón tamén a representantes dos protestantes e ortodoxos.

Sesións

Primeira sesión (outono de 1962)

O Papa abriu o concilio o día 11 de outubro de 1962 nunha sesión pública na que figuraban representantes eclesiásticos e políticos. Despois dunha misa, o Papa leu un discurso titulado Gaudet Mater Ecclesia (A Madre Igrexa alégrase), no que cargou contra aqueles que vaticinaban a fin da Igrexa e salientou a súa dimensión pastoral.

Os temas tratados nesta primeira época do Concilio incluían a liturxia, a misa, as igrexas orientais que recoñecían o Papa e a natureza da revelación.

Estas conversacións remataron o 8 de decembro dese mesmo ano, e non puideron volver a comezar ata un ano máis tarde debido á morte do Papa Xoán XXIII o 3 de xuño de 1963.

Segunda sesión (outono de 1963)

Tras ser elixido como Papa, Paulo VI continuou co labor conciliar do seu predecesor. O 29 de setembro facía público un documento no que establecía claramente os catro obxectivos do Concilio:

  • Definir mellor a natureza da Igrexa e o papel do bispo.
  • Renova-la Igrexa.
  • Reunificar tódalas confesións cristiás.
  • Comezar a dialogar co mundo actual.

Neste segundo período, os bispos aprobaron a constitución Sacrosantum Concilium (relativa á liturxia) e o documento Inter Mirifica (referente á presenza da Igrexa nos medios de "comunicación social"). O 4 de decembro pechouse a segunda sesión.

Terceira sesión (outono de 1964)

Empezada o 14 de setembro de 1964, baseouse en numerosos asuntos da Igrexa. Aprobáronse tres documentos: Unitatis Redintegratio (sobre o ecumenismo ou reunificación dos cristiáns), Orientalium Ecclesiarum (sobre as Igrexas orientais) e Lumen Gentium (sobre a mesma Igrexa Católica).

Tras numerosas controversias, a sesión rematou o 21 de novembro dese mesmo ano.

Cuarta sesión (outono de 1965)

A cuarta e última sesión do concilio, e a terceira presidida por Paulo VI, abriuse o 14 de setembro de 1965. Aprobáronse catro documentos:

  • Dignitatis Humanae (que foi aprobado malia o rexeitamento de 224 dos bispos), co que a Igrexa recoñecía a liberdade de relixión.
  • Gaudium et Spes, que supuxo unha renovación do papel da Igrexa na sociedade actual.
  • Ad Gentes, referido ós misioneiros.
  • Presbyterorum Ordinis, que regulamentou o sacerdocio.

Outros documentos, que foran tratados en sesións anteriores, foron definitivamente aprobados neste período. Neste grupo inclúese Christus Dominus (sobre os bispos), Perfectae Caritatis (sobre as ordes relixiosas), Optatam Totius (sobre a educación dos sacerdotes), Gravissimum Educationis (sobre a educación cristiá) e Apostolicam Actuositatem (sobre o papel dos laicos).

Coa aprobación de Nostra Aetate, a Igrexa deixou claro que os xudeus de hoxe en día teñen tanta culpa sobre a morte de Cristo coma os propios cristiáns.

Un dos momentos máis salientables do período conciliar foi o encontro de Paulo VI e o Patriarca Atenágoras, ortodoxo, símbolo do achegamento das dúas igrexas.

O 8 de decembro de 1965, o Concilio quedou formalmente pechado.

Asuntos

A Igrexa

Se cadra, a constitución máis importante de todo o Concilio Vaticano II foi Lumen Gentium.

No seu primeiro capítulo, establécese claramente que "a única Igrexa de Cristo" é a Igrexa Católica, fundada por Cristo na persoa de San Pedro. Malia todo, engade o documento, "moitos elementos de santificación e de verdade poden atoparse fóra dos seus límites".

No segundo capítulo, ensínase que o desexo de Deus é salvar á humanidade en conxunto. Por iso, tódolos pobos do mundo están invitados á Igrexa; e incluso aqueles que non pertencen a ela poden estar, dalgunha forma, "ligados a ela", co que se suxire que os protestantes, os ortodoxos e, incluso, os xudeus e musulmáns, poden atopa-la salvación dentro das súas propias crenzas.

O terceiro capítulo esténdese sobre a figura do Papa como líder da Igrexa e mailos seus cardeais e bispos. Nos seguintes capítulos, menciónanse numerosos aspectos da Igrexa, algúns deles moi controvertidos, como o referente á Virxe María.

Liturxia

O efecto máis inmediato do Concilio Vaticano II foi o establecemento dunha liturxia máis achegada ó pobo, que incluía a substitución do latín polas linguas propias de cada lugar, para facilita-la comprensión dos fieis e que en Galicia foi liderada por Quiroga Palacios.

Algo semellante ocorreu cos textos sagrados (a Igrexa comprometeuse a traducilos ás linguas de cada lugar).

Documentos Conciliares

Ademais dunha serie de mensaxes finais do Concilio.

Críticas ao Concilio

Algúns católicos especialmente conservadores manteñen que o Concilio Vaticano II afastou á Igrexa dos seus principios. Defenden que:

  • A Igrexa debería considerarse o único e excluínte camiño á salvación de Cristo.
  • Non debería permitirse a liberdade de culto.
  • Debería mencionarse o Xuízo trala morte e a existencia do Ceo e do Inferno.
  • A crenza da infalibilidade da Biblia debería ter sido afirmada.
  • O latín debería seguir sendo a lingua litúrxica.

Así e todo, estes grupos son moi reducidos e a Igrexa Católica en xeral aceptou o contido do Concilio.