Acne: Diferenzas entre revisións
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera] |
m clean up, removed: {{Medicina en progreso}} using AWB |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
A '''acne''', é unha [[dermatose]] producida pola retención da [[secreción]] das [[glándula sebácea|glándulas sebáceas]], o que causa [[inflamación]]s e infeccións no [[rostro]], [[lombo (anatomía)|lombo]], [[peito]] e [[ombreiro]]s, máis frecuente na [[adolescencia]], a forma máis común é a ''acne vulgaris''. |

A '''acne vulgar''' ou ''acne polimorfo xuvenil'', vulgarmente coñecida como ''espiñas'', é a enfermidade cutánea máis frecuente<ref>William James Cunliffe, ''Acne''. Taylor & Francis, 1989, páxina 1</ref> pois afecta ó 80% dos individuos entre os 13 e 19 anos{{cómpre referencia}} e pode persistir durante a terceira e cuarta década. |

Liña 28: | Liña 27: | ||
** ''Acnes profesionais'': En traballadores expostos ó cloro, alcatrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas sustancias. |
** ''Acnes profesionais'': En traballadores expostos ó cloro, alcatrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas sustancias. |
||
** ''Acnes iatorxénicas'': Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos etc. |
** ''Acnes iatorxénicas'': Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos etc. |
||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{Listaref}} |
{{Listaref}} |
||
⚫ | |||
{{commonscat|Acne}} |
{{commonscat|Acne}} |
||
[[Categoría:Doenzas]] |
[[Categoría:Doenzas]] |
||
⚫ |
Revisión como estaba o 15 de abril de 2016 ás 17:45
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A acne, é unha dermatose producida pola retención da secreción das glándulas sebáceas, o que causa inflamacións e infeccións no rostro, lombo, peito e ombreiros, máis frecuente na adolescencia, a forma máis común é a acne vulgaris.
A acne vulgar ou acne polimorfo xuvenil, vulgarmente coñecida como espiñas, é a enfermidade cutánea máis frecuente[1] pois afecta ó 80% dos individuos entre os 13 e 19 anos[Cómpre referencia] e pode persistir durante a terceira e cuarta década.
Medicamente é unha enfermidade do folículo pilosebáceo, a súa patoxenia implica: aumento da secreción sebácea, dependente dos andróxenos; isto favorece a proliferación da microflora folicular e trastornos da queratinización folicular. Habitualmente está constituído por diversos elementos como son as propias espiñas, pápulas inflamatorias foliculares que poden estar infectadas (formando pústulas e incluso quistes epidérmicos) e deixar cicatrices de pequeno tamaño que quedarán como lesións permanentes cando a doenza desapareza. As localizacións preferentes das lesións son:
- Cara.
- Caluga.
- Lombos.
- Costas.
- Peito.
A inflamación e infección pode levar á formación de abscesos dermo-epidérmicos constituíndo unha forma grave da enfermidade, o acne abscesiforme. Así e todo o habitual é que esta enfermidade curse por brotes sucesivos durante meses ou anos, que no verán mellore de forma espontánea e que desapareza entre os 25 e mailos 30 anos de idade.
É máis frecuente no sexo masculino, mais son as mulleres as que máis consultan sobre o problema.
Existen outros tipos de acne:
- Acne Rosácea: en mulleres preferentemente despois dos 40 anos. Sobre o nariz e as rexión malares e pode chegar a afectar os ollos (conxuntivite e queratite rosácea).
- Rinofima: en homes adultos, repetición do cadro de foliculite con seborrea abundante que leva a un aumento do volume do nariz.
- Outras acnes menos frecuentes:
- Acne necrótica: en adultos de ambos sexos, localizado no borde de implantación do pelo.
- Acne nodular: deixan moitas cicatrices.
- Acne queloidiana: Foliculite crónica na caluga, deixando unha cicatriz antiestética.
- Acnes profesionais: En traballadores expostos ó cloro, alcatrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas sustancias.
- Acnes iatorxénicas: Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos etc.
Notas
- ↑ William James Cunliffe, Acne. Taylor & Francis, 1989, páxina 1
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acne |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |