Escudo do Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m clean up, removed: {{Galicia en progreso}} using AWB |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Historia en progreso}} |
{{Historia en progreso}} |
||
⚫ | |||
{{Escudo |
{{Escudo |
||
|nome = Escudo do Reino de Galicia |
|nome = Escudo do Reino de Galicia |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
[[Categoría:Escudos de Galicia|Reino de Galiza]] |
[[Categoría:Escudos de Galicia|Reino de Galiza]] |
||
⚫ |
Revisión como estaba o 15 de abril de 2016 ás 16:54
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Escudo do Reino de Galicia | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Reino de Galicia |
Escudo | Cáliz de ouro (Santo Graal) en campo de azur, acompañado de cruces de ouro |
O escudo do reino de Galiza foi un escudo de representación variable ó longo dos séculos, que representaba ó reino de Galiza.
Orixe anglonormanda
Durante os séculos XII e XIII, o desenvolvemento das armas reais por toda Europa e a adopción de símbolos para familias nobres e dominios patrimoniais como reinos, ducados e condados, levou á creación de armoriais; rexistros das armas que representaban aos reis da época. No caso do reino de Galiza no entanto, aconteceu o curioso feito de que cando a moda dos armoriais comezou a espallarse por Europa (finais do século XIII), o reino de Galiza xa non era independente, e carecía de rei propio, pois desde o ano 1230, o rei castelán Fernando III usurpara a coroa de Galiza e León, ás súas medias irmás.[1]
Esta circunstancia política explicaría a posible ausencia das armas de Galiza (o legio fortis ou león púrpura da monarquía galego-leonesa) nos armoriais europeos, porén a longa existencia do reino de Galiza e a súa relevancia histórica debían facer impensable a non aparición dunhas armas de Galiza, sendo probablamente o factor que levou a que o autor do armorial inglés coñecido como Segar´s Roll, realizado no ano 1282, asignase unhas armas figurativas ao rei de Galiza -roy de Galyce- que non obstante non eran empregadas por rei ningún, xa que Galiza deixara de posuír reis propios dende había 50 anos.
Para ilustrar as armas do rei de Galiza, o autor -que debía descoñecer a existencia previa do león- debeu botar man dunha práctica común que consistía en realizar unha sinxela ecuación fonética, neste caso Galyce (Galiza) e Calice (Cáliz) que se dá na lingua anglonormanda, asignándolle ao "rei de Galiza" as armas dun cáliz ou copón, con significado meramente heráldico e non relixioso. Baseados no Segar´s Roll, a partir de entón os diferentes armoriais europeos comezaron a asignar o cáliz como emblema do reino.
Desde ese momento, o reino de Galiza adquiría unhas armas propias, diferentes ao resto de territorios da monarquía galego-leonesa (León, Extremadura e Asturias), e que chegarían a ser aceptadas e reivindicadas no propio reino.
Adopción das armas no reino de Galiza
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |