Cubalibre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=xuño de 2015}}
{{Sen referencias|data=xuño de 2015}}
[[Ficheiro:15-09-26-RalfR-WLC-0056.jpg|300px|right|Cóctel Cuba Libre]]
[[Ficheiro:15-09-26-RalfR-WLC-0056.jpg|300px|right|Cóctel Cuba Libre]]
O '''cuba libre''' (ás veces tamén '''cubalibre''') é un [[cóctel]] resultante da mestura de [[ron]] con [[Bebida de cola|refresco de cola]]. En [[Arxentina]] denomínase Cubalibre, en [[Chile]] denomínaselle '''roncola''', en [[México]] chámaselle só '''cuba''' e en [[España]] coñéceselle coloquialmente como '''cubata''' (aínda que nalgunhas comunidades do país este término dexenerou e pode denominar a calquera bebida resultante de mesturar [[refresco]]s e [[bebida alcohólica|bebidas alcohólicas]] de alta graduación). nos paises de fala inglesa chamase 'Rum and Coke'. É un [[highball]] feito de cola, limón e ron branco.
O '''cubalibre'''<ref>Nome en galego en ''Dicionario de alimentación e restauración'', VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega</ref> é un [[cóctel]] resultante da mestura de [[ron]] con [[Bebida de cola|refresco de cola]]. En [[Arxentina]] denomínase Cubalibre, en [[Chile]] denomínaselle '''roncola''', en [[México]] chámaselle só '''cuba''' e en [[España]] coñéceselle coloquialmente como '''cubata''' (aínda que nalgunhas comunidades do país este término dexenerou e pode denominar a calquera bebida resultante de mesturar [[refresco]]s e [[bebida alcohólica|bebidas alcohólicas]] de alta graduación). nos paises de fala inglesa chamase 'Rum and Coke'. É un [[highball]] feito de cola, limón e ron branco.


== Receita ==
== Receita ==

Revisión como estaba o 13 de abril de 2016 ás 18:30

Cóctel Cuba Libre
Cóctel Cuba Libre

O cubalibre[1] é un cóctel resultante da mestura de ron con refresco de cola. En Arxentina denomínase Cubalibre, en Chile denomínaselle roncola, en México chámaselle só cuba e en España coñéceselle coloquialmente como cubata (aínda que nalgunhas comunidades do país este término dexenerou e pode denominar a calquera bebida resultante de mesturar refrescos e bebidas alcohólicas de alta graduación). nos paises de fala inglesa chamase 'Rum and Coke'. É un highball feito de cola, limón e ron branco.

Receita

A receita máis clásica consiste en poñer nun vaso varios cubos de xeo, engadir 42 ml. de ron añejo e terminar de completar o vaso con refresco de cola. Finalmente engádense unhas pingas de limón e adórnase cunha rodaxa do mesmo cítrico.

A forma máis común de tomalo é en vaso ancho (salvo na maioría de provincias de España, onde se adoita utilizar vaso de tubo), acompañado de xeos e unha rodaxa de limón..[2]

Historia

A historia da invención do Cuba Libre varia segundo as fontes. Algúnhas din que a bebida foi mesturada na Habana, Cuba, con ron Bacardí, ao redor dos anos 1901/1902. As forzas norteamericanas que colaboraron con Cuba durante a guerra Hispano-Estadounidense, mesturaban regularmente ron e bebida de cola nun vaso dos utilizados para servir whisky, esta bebida empezou entón a denominarse Cuba Libre, en honor ao grito de batalla das tropas cubanas.[3]

Un soldado da época conta a seguinte versión:

"a segunda bebida máis popular do mundo naceu durante a guerra entre Estados Unidos e España. Durante a Guerra Hispano-estadounidense no cambio de século con Teddy Roosevelt e os Rough Riders Unha tarde, un grupo de soldados fóra de servizo do corpo de sinais de Estados Unidos reuníronse nun bar da Habana Vella. Onde un mozo mensaxeiro Fausto Rodríguez, recordou que o capitán Russell chegou e ordenou Ron Bacardi (ouro) e Coca-Cola con xeo . O capitán bebía con tal pracer que espertou o interese dos soldados ao seu redor polo que o barman preparou unha rolda da bebida do capitán para eles. O Ron Bacardí con Coca cola foi un éxito instantáneo. Como o ata o día de hoxe. Cando ordenaron outra rolda, un soldado suxeriu que se brindase ¡Por Cuba Libre! en celebración da Cuba recentemente liberada".[4]

Ingredientes

  • Ron branco
  • Refresco de cola
  • Rodaxa de limón
  • Xeo

Notas

  1. Nome en galego en Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. "Cómo preparar un Cuba-Libre - Barexpres". Barexpres.com. 10 de febrero de 2013. Consultado o 10 de febrero de 2013. 
  3. "El original Cuba Libre BACARDY celebra su aniversario 110". Business Wire. 3 de agosto de 2010. Consultado o 24 de enero de 2011. 
  4. "Cuba Libre History". Havana Club. Consultado o 24 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

Outros artigos