Betanzos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Oilisab (conversa | contribucións)
Oilisab (conversa | contribucións)
Liña 168: Liña 168:
* [[Igrexa de San Francisco de Betanzos|Igrexa de San Francisco]], s. XIV.<ref name=IGEM/>
* [[Igrexa de San Francisco de Betanzos|Igrexa de San Francisco]], s. XIV.<ref name=IGEM/>
[[Ficheiro:Betanzos, Santa Maria do Azogue, fachada.jpg|miniatura|Santa María de Azougue.]]
[[Ficheiro:Betanzos, Santa Maria do Azogue, fachada.jpg|miniatura|Santa María de Azougue.]]
* [[Igrexa de Nuestra Señora del Azogue]], s. XIV.<ref name=IGEM/>
* [[Igrexa de Santa María de Azougue]], s. XIV.<ref name=IGEM/>
* Murallas da cidade, do s. XV. Tiña catro portas (das que se conservan tres: a da Ponte Vella, da Ponte Nova e da Ribeira; a Porta da Vila foi derruída en 1872) e o postigo do Hórreo (derruído no século XVIII).
* Murallas da cidade, do s. XV. Tiña catro portas (das que se conservan tres: a da Ponte Vella, da Ponte Nova e da Ribeira; a Porta da Vila foi derruída en 1872) e o postigo do Hórreo (derruído no século XVIII).
* Pazo de Bendaña, s. XV
* Pazo de Bendaña, s. XV

Revisión como estaba o 13 de abril de 2016 ás 17:34

Coordenadas: 43°16′51″N 8°12′40″O / 43.28083, -8.21111

Betanzos
Vista xeral de Betanzos
Situación
Xentilicio[1]betanceiro-a - brigantino-a
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación13.352 hab. (2014)[2][3]
Área24,2 km²[3]
Densidade551,74 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias[4]
Capital do concelloBetanzos
Política (2015)
AlcaldeRamón García Vázquez (PSdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 7
Outros: Betanzos Novo 2, CxG 1
Eleccións municipais en Betanzos
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes29,96%
Na rede
www.betanzos.es
Facebook: BetanzosTanCerca Twitter: AyuntBetanzos Instagram: betanzostancerca Youtube: UCQj6KRbFN0bZLoyKFcgDkMQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Betanzos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 13.352 habitantes (13.565 no 2012, 13.537 no 2011, 13.673 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro - brigantino ou garelo.

Xeografía

Situación

O concello de Betanzos ocupa una extensión de 24,19 km², sendo un dos máis pequenos da provincia. Conta con 8 parroquias. Limita ao norte coa ría de Betanzos e con Bergondo; ao leste con Paderne e Coirós; ao suroeste con Oza-Cesuras; e ao oeste con Abegondo. Está atravesado polos ríos Mandeo, Mendo e Mero. A cota máxima apenas supera os 200 metros.

Demografía

Censo Total 13.352 (2014)
Menores de 15 anos 1.794 (13.44 %)
Entre 15 e 64 anos 8.516 (63.78 %)
Maiores de 65 anos 3.042 (22.78 %)

A poboación de Betanzos no 2014 era de 13.352 habitantes, aos que se lles aplica o xentilicio de betanceiros (s., betanceiro/a) ou brigantinos (s., brigantino/a). O concello ten unha elevada densidade de poboación (555,58 hab./km²) debido ao seu pequeno tamaño. Estímase que ao redor do 75% da poboación total do concello reside no núcleo urbano de Betanzos.

Entre 1900 e 1920 experimentou un leve descenso de poboación, rexistrándose nos anos vinte o seu mínimo (8.709 habitantes). Entre 1920 e 1950 tivo lugar a fase de maior crecemento, aínda que dende esta última década ata 1970 se produciu un novo retroceso demográfico. Con todo, a partir de 1970 xurdiu unha recuperación de efectivos motivada por unha nova reorientación das actividades agrarias e un incremento das funcións urbanas. Así o incremento de poboación no período que vai dende 1991 a 2009 foi dun 14,67%. O saldo vexetativo era xa practicamente cero no período 1979-1983 con taxas de natalidade e mortalidade ao redor de 10 por mil.

Nos últimos anos a taxa de natalidade diminuíu, mentres que a de mortalidade aumentou. Contra 2011 a primeira era dun 9,9 por mil e a segunda elevábase a un 11,4 por mil. A proporción de mozos menores de 16 anos representaba en 2013 un 13,25%, a de entre 16 e 64 anos un 64,22% e a de 65 anos en diante un 22,53%. Así mesmo, existían 91 homes por cada 100 mulleres. O poboamento ofrece dous aspectos; a dispersión en parroquias (que oscilan entre os 218 habitantes de Viñas e os 743 de Piadela) e aldeas que se estenden polo territorio municipal, e a concentración do 75% da poboación no núcleo urbano, que se converteu no principal foco receptor de inmigrantes do municipio. A súa situación nun importante nó de vías de comunicación favorecen o crecemento e a expansión ao longo das mesmas. Non en tanto, as terras próximas á Ría, debido á existencia de solos pantanosos, son pouco atractivas para o poboamento.

Evolución da poboación de Betanzos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
8.948 8.910 10.827 11.383 12.990 13.680 13.537 13.565 13.445
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Prehistoria e Idade Antiga

Existen indicios de asentamentos primitivos en Betanzos, se ben non aparece documentada a súa existencia ata o Imperio Romano, na obra Geografia de Ptolomeo, co nome de Flavium Brigantium, se ben na actualidade parte da historiografía sitúa tal cidade na Coruña. Nesta época o núcleo principal de poboación que recibía o nome da cidade (Betanzos o Vello) emprazábase en San Martiño de Tiobre, cuxa igrexa matriz consagrou o arcebispo Diego Xelmírez. En Betanzos están catalogados seis castros[6]:

  • Castro do Monte ou Illobre (Pontellas, Illobre)
  • Castro de Xan Rozo (Requián, Graña)
  • Castro de Graña (Requián)
  • Castro de Untia (Betanzos)
  • Castro de Obre (Betanzos, Paderne)

Idade Media

Neste vello emprazamento Betanzos padeceu as incursións normandas ao mando de Horrich e posteriormente do propio rei Olaf en 1015. En 1219 a poboación trasladouse da súa antiga localización á súa localización actual, sobre o antigo castro de Untia, onde houbo unha encomenda templaria onde actualmente se levanta o mosteiro de San Francisco.

Guerra Irmandiña

Betanzos xogou un papel central na Gran Guerra Irmandiña. Líderes da Irmandade como Alonso de Lanzós ou Joan Branco foron naturais da cidade. Precisamente, en 1465 Henrique IV concedeu á poboación o título de cidade, e en 1467 permitiulle a celebración dunha feira franca anual grazas á mediación de Joan Branco. Grazas a este capitán irmandiño a cidade de Betanzos recuperou o seu voto nas Cortes.

Anos máis tarde, na reorganización territorial dos seus reinos, os Reis Católicos dividiron a antiga provincia de Betanzos en dúas, creando a da Coruña e mantendo a Betanzos como capital de provincia, na que foi a época de maior esplendor da cidade.

Incendio de 1616

Betanzos sufriu o 18 de setembro de 1616 un importante incendio que afectou á cidade no seu status e mesmo na súa poboación e urbanismo. A peculiaridade deste incendio é que figura amplamente testemuñado baixo un informe do mesmo o título "Averiguación y más diligencias hechas en razón del incendio de la ciudad de Betanzos por el dor Johan Carnero do Vilar, abogado de la Real Audiencia de este reino y juez de comisión para la dicha averiguación nombrado" que figura no Arquivo Histórico Nacional. Segundo este informe -que viña acompañado dun deseño realizado sobre a incidencia do incendio na cidade para que o goberno de Filipe III comprendese a gravidade do mesmo e lle concedese algún beneficio fiscal á cidade- figura que no incendio arderon 262 edificios, entre os cales varios pazos, a cadea municipal e parte da igrexa de Santa María de Azougue. Os diferentes núcleos de poder da cidade posiciónanse para obter as concesións das reconstrucións pero realmente a cidade non volveu a brillar como antes do incendio.

Decadencia

Ademais deste incendio viñeron outros e unha serie de malas colleitas que trouxeron a decadencia á cidade, agravada en 1834 coa nova división administrativa de Javier de Burgos, que integrou a antiga provincia de Betanzos na da Coruña. Unha serie de pragas da vide contribuíu á decadencia da cidade a cabalo entre os séculos XIX e XX. Revitalizada coa chegada do ferrocarril a principios do século XX, na actualidade Betanzos continúa sendo un importante núcleo turístico, comercial e administrativo. Desde 1970 o casco antigo está declarado Conxunto Histórico-Artístico.

Cultura

Toponimia

Igrexa de Santiago.

Adoita identificarse Betanzos coa vila Brigantium do itinerario de Antonino. O nome Brigantiu/Brigantia proviría da deusa celta do lume: Brighid (Bríxida). Co motivo da Feira Franca Medieval recibe o nome de Betanzos dos Cabaleiros ou mesmo Betanzos dos Cavaleiros.

Patrimonio arquitectónico

Capital do gótico galego, Betanzos conserva un dos cascos históricos mellor conservados de Galicia. En Betanzos destacan os seguintes monumentos:

Igrexa de San Francisco.
Santa María de Azougue.
  • Igrexa de Santa María de Azougue, s. XIV.[7]
  • Murallas da cidade, do s. XV. Tiña catro portas (das que se conservan tres: a da Ponte Vella, da Ponte Nova e da Ribeira; a Porta da Vila foi derruída en 1872) e o postigo do Hórreo (derruído no século XVIII).
  • Pazo de Bendaña, s. XV
  • Casas góticas da Rúa da Cerca, dos s. XV (número 5, en ruínas) e XVI (número 9).
  • Torre Municipal, ou "do Reloxo", s. XVI
  • Convento das Nais Agustinas, antigo Hospital Real, s. XVI
  • Santuario da Nosa Señora dos Remedios, s. XVI, obra de Juan de Herrera.
  • Pazo de Lanzós, s. XVII
  • Igrexa e Convento de Santo Domingo, s. XVII. Da torre colga o Globo de San Roque.
  • Casa Consistorial, s. XVIII
  • Edificio do Arquivo, ou "Liceo", s. XVIII, levantado para o Arquivo do Reino de Galicia.
  • Pazo dos condes de Taboada, s. XIX.
  • Casas e palacetes modernistas: Casa Núñez, Casa Pita, Casa Limiñón, Casa do Pobo, s. XIX-XX.
  • Palco da Música, s. XX, desde onde Manuel Lugrís Freire pronunciou en 1907 o primeiro discurso público integramente en lingua galega.
  • Legado dos irmáns García Naveira na cidade, s.XIX-XX, cargado do modernismo da época: Casa do Pobo, Lavadoiro Público, Escolas de San Francisco, Escolas e Asilo García Naveira, Refuxio, Sanatorio San Miguel e o parque do Pasatempo.

Patrimonio cultural

Museo das Mariñas.

En Betanzos publícase o Anuario Brigantino, publicación local fundada en 1948 de difusión cultural de calidade e prestixio recoñecido. A súa saída preséntase cada ano coma un importante acontecemento social da cidade.

Museos

Etnografía

Na cultura popular

  • Anque che son das Mariñas,
    das Mariñas de Betanzos,
    anque che son das Mariñas
    non che vendo garabanzos
    .
  • As garelas [8] de Betanzos
    cando van para o muíño
    levan un gato esfolado
    para comer no camiño
    .
  • Lacón con grelos
    repolo de Betanzos
    e máis xurelos
    .

Festas e celebracións

Globo de Betanzos.

Economía

Sede de Gadisa no Polígono de Piadela.

A súa economía está baseada fundamentalmente nos servizos. Betanzos é un centro administrativo e xurídico da comarca que leva o seu nome, baseando o seu crecemento no comercio, a banca, a cultura e o turismo. Betanzos, como cabeceira de comarca e pola súa situación xeográfica e clima, é unha terra con sona pola calidade dos seus produtos da terra. En Betanzos tivo a súa sede a sociedade española para o cultivo do lúpulo. Noutro tempo unha importante base económica. O lúpulo era principalmente mercado pola empresa Hijos de Rivera e dáballe á cervexa Estrella Galicia o seu sabor amargo característico. Hoxe a produción agrícola esta baseada en pequenas hortas. Son unha axuda á economía local e das feiras. Outro produto tradicional de Betanzos é o viño. Son pequenas explotacións cultivadas ás beiras dos ríos Mandeo e Mendo. O viño de Betanzos é principalmente comercializado na localidade por pequenas adegas.

Desde o punto de vista industrial, a cidade converteuse, pola súa situación estratéxica, en centro loxístico dalgunhas das maiores empresas de transportes ou abastecementos alimenticios da zona. No polígono de Piadela ten a súa sede Gadisa.

Na vila celébrase a feira de Betanzos os días 1 e 16 de cada mes.

Infraestruturas de transporte

Betanzos é un importante nó de comunicacións, está situado ao fondo da ría de Betanzos. A ría e parte dos ríos Mandeo e Mendo son navegables para pequenas embarcacións de lecer. Por Betanzos pasa a N-VI e a Autoestrada do Noroeste A-6. Ata a construción da Ponte do Pedrido e da Ponte da ría de Betanzos era lugar de paso obrigado nas comunicacións por estrada entre Ferrol e A Coruña. Betanzos tamén ten dúas estacións de Renfe: Betanzos Cidade e Betanzos Infesta que fai de ligazón entre Monforte de Lemos, A Coruña e Ferrol.

Política municipal

Resultados das eleccións municipais de 2011[9] e 2015[10]
Partido político 2011 2015
% Concelleiros %
Partido Popular (PP) 40,95 8 6 31,66
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 32,81 6 7 36,07
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 13,62 2 1 9,33
Cidadáns por Betanzos (CxB) 7,04 1 -
BETANZOS NOVO-SON - 2 14,58
CxG-CCTT - 1 5,82

Cidades irmás

España Bullas
Italia Collepasso
Francia Pont-l'Abbé

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Betanzos.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Betanzos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Historia. Concello de Betanzos
  7. 7,0 7,1 7,2 Villa-amil y Castro, José (facsímile: 2005) 1904. Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña), ed. Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por (en castelán). Madrid. p. 410. ISBN 84-934081-5-8. 
  8. Aplícase o alcume de garelas ás mozas desvergonzadas e atrevidas, pero tamén ás naturais de Betanzos.
  9. El País (ed.). "Resultado Elecciones Municipales en Betanzos 2011". Consultado o 23 de maio de 2011. 
  10. Betanzos

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Betanzos

Betanzos | Brabío (San Martiño) | Piadela (Santo Estevo) | Pontellas (Santa María) | Requián (Santiago) | San Pedro das Viñas (San Pedro) | Tiobre (San Martiño)