Colexio de San Xerome: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Alonso III de Fonseca e enlaces
Lansbricae (conversa | contribucións)
→‎Historia: cor enlace
Liña 6: Liña 6:
O colexio era, en orixe, unha fundación do [[arcebispo]] compostelán [[Alonso III de Fonseca|Alonso de Fonseca]], terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se ubicaba no denominado Hospicio da Azabachería. Dependía do [[Colexio de Fonseca]].
O colexio era, en orixe, unha fundación do [[arcebispo]] compostelán [[Alonso III de Fonseca|Alonso de Fonseca]], terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se ubicaba no denominado Hospicio da Azabachería. Dependía do [[Colexio de Fonseca]].


Durante o [[século XVII]], en [[1652]], decidíuse trasladalo desa ubicación. Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital ( por situarse nela o [[Hospital dos Reis Católicos]]), a actual praza do Obradoiro. Encargáronse os planos ao arquitecto [[Bartolomé Fernández Lechuga]] (segundo Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso [[José de la Peña Toro]].
Durante o [[século XVII]], en [[1652]], decidíuse trasladalo desa ubicación. Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital ( por situarse nela o [[Hostal dos Reis Católicos|Hospital dos Reis Católicos]]), a actual praza do Obradoiro. Encargáronse os planos ao arquitecto [[Bartolomé Fernández Lechuga]] (segundo Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso [[José de la Peña Toro]].


Estaba dotado dun vicerreitor e tres profesores.
Estaba dotado dun vicerreitor e tres profesores.

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2007 ás 21:46

O Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela (Galiza, España), sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

Historia

O colexio era, en orixe, unha fundación do arcebispo compostelán Alonso de Fonseca, terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se ubicaba no denominado Hospicio da Azabachería. Dependía do Colexio de Fonseca.

Durante o século XVII, en 1652, decidíuse trasladalo desa ubicación. Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital ( por situarse nela o Hospital dos Reis Católicos), a actual praza do Obradoiro. Encargáronse os planos ao arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga (segundo Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso José de la Peña Toro.

Estaba dotado dun vicerreitor e tres profesores.

Descrición

O resultado foi un edificio de liñas puras e apenas dous corpos de altura, no que se insertou o pórtico medieval, proveniente do devandito Hospicio, que até aquela altura acollía o colexio, que se soe datar entre 1490 e 1500. Este elemento arqueolóxico, foi mal interpretado en anos pasados, ao tomarse por unha longa persistencia de hábitos constructivos dos mestres arquitectos galegos e proba do arraigo da arte románica na Galiza.

Usos

Durante boa parte do século XX, foi sede da Escola Normal de Maxisterio. Desde os anos 1980, e xunto con o Pazo de Fonseca, alberga o Reitorado da Universidade de Santiago.