Leninismo: Diferenzas entre revisións
m Arranxiños |
m arranxos de formato |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
⚫ | |||
Coñécese como '''leninismo''' |
Coñécese como '''leninismo''' o conxunto de teorías políticas, económicas e filosóficas desenvolvidas polo líder [[bolxevique]] [[Vladimir Lenin|Vladimir Ilich Lenin]] dentro do [[marxismo]].<ref>http://www.canalsocial.net/GER/ficha_GER.asp?id=1969&cat=biografiasuelta</ref> |
||
⚫ | |||
== Historia e características == |
|||
O leninismo é basicamente a continuación do marxismo. O marxismo afirma que a clase obreira debe actuar contra a burguesía e o capital para instaurar o socialismo, e o leninismo di como facelo, creando unha "asociación" dos traballadores máis conscientes sobre a situación do proletariado, que sería un Partido Comunista, o cal organizaría a loita. |

Unha das achegas máis importantes de Lenin foi na cuestión da organización comunista. Dicía que a loita económica do [[proletariado]] só o levaría a adquirir unha ideoloxía sindicalista e que a conciencia marxista e revolucionaria debían ser introducidas dende fora. Ademais, propoñía que a clase obreira, para levar a cabo a súa actividade revolucionaria, debería contar cun [[vangardia revolucionaria|destacamento de vangarda]] que dirixira a súa loita, o [[Partido Comunista]]. Segundo Lenin, os obxectivos do partido só poderían ser alcanzados cunha forma de organización disciplinada coñecida como [[centralismo democrático]]. |

Liña 14: | Liña 16: | ||
O socialismo non pode sobrevivir só nun país pobre e subdesenvolvido. Por iso, o Leninismo avoga pola revolución mundial nunha forma ou outra. |
O socialismo non pode sobrevivir só nun país pobre e subdesenvolvido. Por iso, o Leninismo avoga pola revolución mundial nunha forma ou outra. |
||
== Correntes leninistas == |
=== Correntes leninistas === |
||
O termo leninismo ou, a miúdo, marxismo-leninismo foi empregado por ideoloxías distintas para autodefinirse, cada unha das cales recoñece as súas raíces históricas no Leninismo: [[stalinismo]], [[maoísmo]] e [[trotskismo]]. |

Revisión como estaba o 11 de abril de 2016 ás 14:55
Coñécese como leninismo o conxunto de teorías políticas, económicas e filosóficas desenvolvidas polo líder bolxevique Vladimir Ilich Lenin dentro do marxismo.[1]
Historia e características
O leninismo é basicamente a continuación do marxismo. O marxismo afirma que a clase obreira debe actuar contra a burguesía e o capital para instaurar o socialismo, e o leninismo di como facelo, creando unha "asociación" dos traballadores máis conscientes sobre a situación do proletariado, que sería un Partido Comunista, o cal organizaría a loita. Unha das achegas máis importantes de Lenin foi na cuestión da organización comunista. Dicía que a loita económica do proletariado só o levaría a adquirir unha ideoloxía sindicalista e que a conciencia marxista e revolucionaria debían ser introducidas dende fora. Ademais, propoñía que a clase obreira, para levar a cabo a súa actividade revolucionaria, debería contar cun destacamento de vangarda que dirixira a súa loita, o Partido Comunista. Segundo Lenin, os obxectivos do partido só poderían ser alcanzados cunha forma de organización disciplinada coñecida como centralismo democrático. O Leninismo mantén que o imperialismo é o estado máis alto do capitalismo, e que o capitalismo só se pode vencer ao capitalismo a través dos medios revolucionarios (calquera intento de reformar o capitalismo está destinado ao fracaso). Lenin cría na destrución do Estado capitalista a través da revolución proletaria, e en substituír a ese Estado pola ditadura do proletariado, un sistema de democracia dos traballadores, no que os traballadores terían o poder político a través de consellos chamados soviets).
A teoría de Lenin sobre o imperialismo tiña como obxectivo mellorar a obra de Karl Marx explicando un fenómeno que Marx non predicira: o Capitalismo que se converte nun sistema global, Marx describírao como un sistema nacional). No medio desta teoría do imperialismo está a idea de que as nacións capitalistas avanzadas intentan evitar a revolución forzando que a súa sobreprodución entre nos mercados coloniais e explotando os recursos destas colonias. Isto permitía ás nacións capitalistas industrialmente avanzadas manter contentos ao seus traballadores, en parte tamén a través da creación dunha aristocracia obreira. Como resultado o capitalismo sería dirixido por ese sector privilexiado, representado polos partidos socialdemócratas, ata o punto de que a revolución non ocorrería nas nacións máis avanzadas, como Marx previra, senón no Estado imperialista máis débil: Rusia.
Se a revolución só se pode levar a cabo nun país subdesenvolvido isto conleva un problema serio: ese país non será capaz de desenvolver un sistema socialista, na teoría marxista o socialismo é o estadio que sucede ao capitalismo, antes de chegar ao comunismo), porque o capitalismo aínda non seguiu o seu curso completo nese país, e porque os poderes estranxeiros intentarán acabar coa revolución a calquera custo. Para solucionar este problema Lenin propón dúas posibles solucións:
- A revolución sucede nun país subdesenvolvido desata unha revolución nun país capitalista desenvolvido, por exemplo, Lenin esperaba que a Revolución Rusa provocara unha revolución en Alemaña. O país desenvolvido establece o socialismo e axuda ao subdesenvolvido a facer o mesmo.
- A revolución ten lugar en numerosos países subdesenvolvidos ao mesmo tempo ou nunha sucesión rápida; os países subdesenvolvidos xúntanse nun estado federal capaz de intimidar ás potencias capitalistas e establecer o Socialismo. Esta era a idea orixinal durante a fundación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).
O socialismo non pode sobrevivir só nun país pobre e subdesenvolvido. Por iso, o Leninismo avoga pola revolución mundial nunha forma ou outra.
Correntes leninistas
O termo leninismo ou, a miúdo, marxismo-leninismo foi empregado por ideoloxías distintas para autodefinirse, cada unha das cales recoñece as súas raíces históricas no Leninismo: stalinismo, maoísmo e trotskismo.
As teorías de Lenin foron unha fonte de controversia dende a súa implantación, tendo críticos tanto na esquerda política (socialdemócratas, anarquistas, e incluso outros marxistas como luxemburguistas ou consellistas como na dereita con liberais, conservadores, fascistas ou anticomunistas).