Jean Bernard Léon Foucault: Diferenzas entre revisións
m ligazón a físico e astronomo |
m →Vida: arranxiños |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
Con [[Hippolyte Fizeau]], realizou unha serie de investigacións sobre a intensidade da [[luz]] do [[sol]], comparándoa coa de carbono na [[lámpada de arco]] e coa de [[cal]] na chama do [[soprete osíxeno-hidróxeno]], alén da interferencia da [[radiación infravermella]] e de raios luminosos que difiren grandiosamente na lonxitude do camiño óptico e sobre a [[polarización]] cromática da luz. |
Con [[Hippolyte Fizeau]], realizou unha serie de investigacións sobre a intensidade da [[luz]] do [[sol]], comparándoa coa de carbono na [[lámpada de arco]] e coa de [[cal]] na chama do [[soprete osíxeno-hidróxeno]], alén da interferencia da [[radiación infravermella]] e de raios luminosos que difiren grandiosamente na lonxitude do camiño óptico e sobre a [[polarización]] cromática da luz. |
||
== |
== Traxectoria == |
||
En 1850, Foucault fixo un experimento co [[aparello de Fizeau-Foucault]] para medir a velocidade da luz, que veu ser coñecida coma experimento de Foucault-Fizeau. Tal experimento foi visto como "o último" na teoría corpuscular da luz, de Newton, pois mostrou que a luz viaxa máis amodo na auga que no ar.<ref>{{Cita libro | title = Understanding Physics | author = David Cassidy, Gerald Holton, James Rutherford | publisher = Birkhäuser | year = 2002 | isbn = 0387987568 | url = http://books.google.com/books?id=rpQo7f9F1xUC&pg=PA382&dq=Foucault+speed-of-light+wave+theory&as_brr=3&ei=qhMTSbjcN5zOswOIhPG6DQ}}</ref> |
En 1850, Foucault fixo un experimento co [[aparello de Fizeau-Foucault]] para medir a velocidade da luz, que veu ser coñecida coma experimento de Foucault-Fizeau. Tal experimento foi visto como "o último" na teoría corpuscular da luz, de Newton, pois mostrou que a luz viaxa máis amodo na auga que no ar.<ref>{{Cita libro | title = Understanding Physics | author = David Cassidy, Gerald Holton, James Rutherford | publisher = Birkhäuser | year = 2002 | isbn = 0387987568 | url = http://books.google.com/books?id=rpQo7f9F1xUC&pg=PA382&dq=Foucault+speed-of-light+wave+theory&as_brr=3&ei=qhMTSbjcN5zOswOIhPG6DQ}}</ref> |
||
En 1851, fixo a primeira demostración experimental da rotación da Terra en torno ao seu eixo (ver [[Rotación da Terra]]). O experimento foi feito por medio da rotación do plano de oscilación dun péndulo longo e pesado suspenso libremente, no [[Panteón de París]]. A experiencia causou sensación en todas as teorías vixentes. No ano seguinte, utilizou (e nomeou) o [[xiroscopio]] como a comprobación experimental conceptualmente máis simple. En 1855, recibiu a [[Medalla Copley]]<ref>{{Cita web|url=http://royalsociety.org/awards/copley-medal/|título=Copley Medal |autor=|data=|publicación=The Royal Society|dataacceso=14 de febreiro de 2013}}</ref> da [[Royal Society]] por "notábeis |
En 1851, fixo a primeira demostración experimental da rotación da Terra en torno ao seu eixo (ver [[Rotación da Terra]]). O experimento foi feito por medio da rotación do plano de oscilación dun péndulo longo e pesado suspenso libremente, no [[Panteón de París]]. A experiencia causou sensación en todas as teorías vixentes. No ano seguinte, utilizou (e nomeou) o [[xiroscopio]] como a comprobación experimental conceptualmente máis simple. En 1855, recibiu a [[Medalla Copley]]<ref>{{Cita web|url=http://royalsociety.org/awards/copley-medal/|título=Copley Medal |autor=|data=|publicación=The Royal Society|dataacceso=14 de febreiro de 2013}}</ref> da [[Royal Society]] por "notábeis investigacións experimentais" Pouco antes, no mesmo ano, foi nomeado ''physicien'' (físico) do [[Observatorio Imperial de París]]. |
||
En setembro de 1855, descubriu que a [[forza]] necesaria para a rotación dun disco de [[cobre]] aumenta cando o disco xira co seu bordo entre os polos dun [[imán]], ao mesmo tempo que o disco se torna quecido polas "[[correntes de Foucault]]" inducidas no metal. |
En setembro de 1855, descubriu que a [[forza]] necesaria para a rotación dun disco de [[cobre]] aumenta cando o disco xira co seu bordo entre os polos dun [[imán]], ao mesmo tempo que o disco se torna quecido polas "[[correntes de Foucault]]" inducidas no metal. |
Revisión como estaba o 9 de abril de 2016 ás 06:11
Jean Bernard Léon Foucault | |
---|---|
Jean Bernard Léon Foucault | |
Datos persoais | |
Nome completo | Jean Bernard Léon Foucault |
Nacemento | 18 de setembro de 1819 |
Lugar | París Francia |
Falecemento | 11 de febreiro de 1868 (48 anos) |
Lugar | París Francia |
Causa | Esclerose múltiple |
Soterrado | Cemiterio de Montmartre |
Residencia | Francia |
Nacionalidade | francesa |
Etnia | Pobo francés |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | Collège Stanislas (París) |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Péndulo de Foucault |
Premios | Medalla Copley (1855) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jean Bernard Léon Foucault, nado en París, o 18 de setembro de 1819 e finado na mesma vila o 11 de febreiro de 1868, foi un físico e astrónomo francés.[1]
É coñecido pola invención do péndulo de Foucault, un dispositivo que demostra o efecto da rotación da Terra. Tamén fixo unha medición inicial da velocidade da luz, descubriu as correntes de Foucault e, malia non o ter inventado, coñécese por nomear o xiroscopio. O cráter Foucault sobre a Lúa e o asteroide 5668 Foucault son chamados deste xeito na súa homenaxe.
Primeiros anos
Foucault era fillo dun publicitario en París, onde naceu o 18 de setembro de 1819. Logo de recibir a educación básica na súa propia casa, estudou medicina, abandonándoa para se dedicar á física por mor á aversión ao sangue.[2] Primeiro dedicou a súa atención para a melloría das técnicas fotográficas de L. J. M. Daguerre. Durante tres anos foi asistente experimental de Alfred Donné (1801-1878) no seu ciclo de palestras sobre anatomía microscópica.
Con Hippolyte Fizeau, realizou unha serie de investigacións sobre a intensidade da luz do sol, comparándoa coa de carbono na lámpada de arco e coa de cal na chama do soprete osíxeno-hidróxeno, alén da interferencia da radiación infravermella e de raios luminosos que difiren grandiosamente na lonxitude do camiño óptico e sobre a polarización cromática da luz.
Traxectoria
En 1850, Foucault fixo un experimento co aparello de Fizeau-Foucault para medir a velocidade da luz, que veu ser coñecida coma experimento de Foucault-Fizeau. Tal experimento foi visto como "o último" na teoría corpuscular da luz, de Newton, pois mostrou que a luz viaxa máis amodo na auga que no ar.[3]
En 1851, fixo a primeira demostración experimental da rotación da Terra en torno ao seu eixo (ver Rotación da Terra). O experimento foi feito por medio da rotación do plano de oscilación dun péndulo longo e pesado suspenso libremente, no Panteón de París. A experiencia causou sensación en todas as teorías vixentes. No ano seguinte, utilizou (e nomeou) o xiroscopio como a comprobación experimental conceptualmente máis simple. En 1855, recibiu a Medalla Copley[4] da Royal Society por "notábeis investigacións experimentais" Pouco antes, no mesmo ano, foi nomeado physicien (físico) do Observatorio Imperial de París.
En setembro de 1855, descubriu que a forza necesaria para a rotación dun disco de cobre aumenta cando o disco xira co seu bordo entre os polos dun imán, ao mesmo tempo que o disco se torna quecido polas "correntes de Foucault" inducidas no metal.
En 1857, Foucault inventou o polarizador que leva o seu nome, e no ano seguinte creou un método para investigar espellos de telescopios reflectores, co obxectivo de determinar o seu formato.[5][6] O chamado "test de Foucault" permite que o fabricante descubra se o espello é perfectamente esférico ou posúe un desvío non esférico, a través da imaxe formada polo espello. Antes de Foucault publicar as súas descubertas, os tests de reflexión de espellos de telescopios eran só “tentativas".
O test de Foucault determina o formato dun espello a partir das lonxitudes focais das súas áreas, comunmente chamados zonas e medidos a partir do centro do espello. O test concentra a luz dunha fonte puntiforme no centro de curvatura e reflíctea de volta cara unha fenda. O test permite ao usuario unha análise cuantitativa da sección cónica do espello, permitindo así avaliar o seu formato real, necesario para obter un sistema óptico de boa calidade. O test de Foucault é utilizado até hoxe, principalmente por pequenos fabricantes de telescopios comerciais, porque é barato e utiliza equipamentos simples e manuais.
Foi co espello rotativo de Charles Wheatstone como Foucault, en 1862, determinou a velocidade da luz, sendo igual a 298,000 km/s (arredor de 185.000 mi/s) – 10.000 km/s menor que a obtida polos investigadores anteriores e só 0,6% menor que o valor actualmente determinado.
Últimos anos
Nese ano, Foucault foi electo membro do Bureau des Longitudes e membro oficial da Légion d'Honneur. En 1864, foi electo membro da Royal Society de Londres, e no ano seguinte membro da parte mecánica do Instituto. En 1865, apareceron artigos propondo unha modificación no gobernador centrífugo de Watt, que fora estudado hai algún tempo co obxectivo de tornar o seu período de revolución constante, alén dun novo aparello para regular a luz eléctrica. Nese ano (Comptes Rendus LXIII), mostrou que, a través da precipitación dun filme de prata fino e transparente sobre o lado externo do obxectivo de vidro dun telescopio, o Sol pode ser observado sen causar dano aos ollos. Os seus traballos científicos pódense atopar no Comptes Rendus, 1847-1869.
Morte e homenaxes
Probabelmente Foucault morreu de esclerose múltiple axiña desenvovida,[7] no 11 de febreiro de 1868, en París, e foi soterrado no Cemiterio de Montmartre.
Notas
- ↑ A+E Television Networks, LLC. "Jean Foucault biography". Bio. True Story. Consultado o 14 de Febreiro de 2013.
- ↑ Modelo:CathEncy
- ↑ David Cassidy, Gerald Holton, James Rutherford (2002). Understanding Physics. Birkhäuser. ISBN 0387987568.
- ↑ "Copley Medal". The Royal Society. Consultado o 14 de febreiro de 2013.
- ↑ L. Foucault, "Description des procedes employes pour reconnaitre la configuration des surfaces optiques" [Description of the methods used to recognize the configuration of optical surfaces], Comptes rendus hebdomadaires des séances de l'Academie des Sciences, Paris, vol. 47, pages 958-959 (1858).
- ↑ L. Foucault, "Mémoire sur la construction des télescopes en verre argenté" [Memoir on the construction of reflecting telescopes], Annales de l'Observatoire impériale de Paris, vol. 5, pages 197-237 (1859).
- ↑ W. Tobin, The Life and Science of Léon Foucault, Cambridge University Press (2003).
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Volume One - Recueil des travaux scientifiques de Léon Foucault 1878.
- Volume Two - Recueil des travaux scientifiques de Léon Foucault 1878.
- Foucault Disk - Interactive Java Tutorial Foucault created this device showing how eddy currents work (National High Magnetic Field Laboratory)
- Donné & Foucault Atlas of medical micrographs 1845
Lectura adicional
- Amir D. Aczel, Pendulum: Léon Foucault and the Triumph of Science, Washington Square Press, 2003, ISBN 0-7434-6478-8
- Umberto Eco, Foucault's Pendulum (trans. William Weaver). Secker & Warburg, 1989.
- William Tobin, Perfecting the Modern Reflector. Sky & Telescope, October 1987.
- William Tobin, Léon Foucault. Scientific American, July 1998.
- William Tobin, The Life and Science of Léon Foucault: The Man who Proved the Earth Rotates. Cambridge University Press, 2003. ISBN 0-521-80855-3