Pedro Barrié de la Maza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiños e referencias
Xas (conversa | contribucións)
m data
Liña 29: Liña 29:
Foi procurador en Cortes designado por Franco dende [[1946]] até a súa morte en 1971.
Foi procurador en Cortes designado por Franco dende [[1946]] até a súa morte en 1971.


En [[1955]] foille outorgado o título de [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]] pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a [[Gran Cruz de Isabel a Católica]], a [[Gran Cruz de Beneficencia]] e a [[Gran Cruz do Mérito Civil]].
O 1 de outubro de [[1955]] foille outorgado o título de [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]] pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a [[Gran Cruz de Isabel a Católica]], a [[Gran Cruz de Beneficencia]] e a [[Gran Cruz do Mérito Civil]].


Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no [[Banco Pastor]]<ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ABC |data= 30 de decembro de 1958 |dataacceso=10 de decembro de 2012}}</ref>. Segundo relata o libro ''Grandes Empresas, grandes historias de Galicia'' (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no [[Banco Pastor]]<ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ABC |data= 30 de decembro de 1958 |dataacceso=10 de decembro de 2012}}</ref>. Segundo relata o libro ''Grandes Empresas, grandes historias de Galicia'' (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.

Revisión como estaba o 8 de abril de 2016 ás 21:41

Infotaula de personaPedro Barrié de la Maza
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1888
A Coruña, Galicia Galiza
Morte14 de marzo de 1971
A Coruña
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 16 de febreiro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1949
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Comercio da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEmpresario
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde (1955–) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCarmela Arias Editar o valor em Wikidata
PaiPedro Barrié Pastor Editar o valor em Wikidata
ParentesJuan Francisco Barrié d'Abadie (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios

Pedro Barrié de la Maza, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e falecido o 14 de marzo de 1971, conde de Fenosa, foi un empresario galego.

Traxectoria

Ficheiro:Avenida Pedro Barrie de la Maza.001 - La Coruña.JPG
Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.

Fillo de Pedro Barrié Pastor, herdeiro do Banco Pastor. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da Coruña, e logo ampliou os seus estudos financeiros en Gran Bretaña, Alemaña e Francia. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en 1915 foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en 1919, quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, Ricardo Rodríguez Pastor. En 1925 produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse Banco Pastor. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En 1939 faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.

Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a Guerra Civil Española, motivo polo cal Franco concedeulle importantes privilexios.

Desde 1939 ata 1971 dirixiu o principal banco de Galicia (Banco Pastor) e creou en 1943 a empresa de electricidade Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), hoxe Gas Natural Fenosa, participando así no desenvolvemento económico de Galicia.

Foi presidente de Astilleros e Talleres do Noroeste, S.A. (ASTANO) desde 1948 ata 1971. Desde 1944 ata 1971 foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.

Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como Aluminio de Galicia, Gas Madrid, La Toja, Minero Siderúrgica de Ponferrada, PEBSA etc.

Foi procurador en Cortes designado por Franco dende 1946 até a súa morte en 1971.

O 1 de outubro de 1955 foille outorgado o título de conde de Fenosa pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a Gran Cruz de Isabel a Católica, a Gran Cruz de Beneficencia e a Gran Cruz do Mérito Civil.

Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de 1958. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro (A Coruña) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no Banco Pastor[1]. Segundo relata o libro Grandes Empresas, grandes historias de Galicia (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.

En 1966 creou a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do Banco Pastor hoxe absorbido por Banco Popular

Vida persoal

Casou en 1916 con Amalia Torres Sanjurjo, filla de Eduardo Torres Taboada, que finou en 1952[2]. Volveu casar en 1966 con Carmela Arias Díaz de Rábago, filla do seu curmán Vicente Arias de la Maza.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas