Jimmy Chamberlin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Músico
{{música en progreso}}
| nome = Jimmy Chamberlin
'''James Joseph "Jimmy" Chamberlin''' naceu o [[10 de xuño]] de [[1964]] en Joliet, [[Illinois]]. Foi o baterista de bandas como [[The Smashing Pumpkins]] e [[Zwan]]. No ano [[2005]] editou o seu primeiro disco en solitario titulado ''Life Begins Again''.
| imaxe =
| lenda =
| nome completo = James Joseph Chamberlin
| nacido = [[10 de xuño]] de [[1964]]
| orixe = Joliet, [[Illinois]]. [[Estados Unidos]]
| instrumento = Batería
| bandas = [[The Smashing Pumpkins]]<br>[[The Jimmy Chamberlin Complex]]<br>[[Zwan]]
}}
'''James Joseph "Jimmy" Chamberlin''' naceu o [[10 de xuño]] de [[1964]] en Joliet, [[Illinois]]. É o baterista da banda [[The Smashing Pumpkins]] e foino de [[Zwan]], despois da separación da primeira no ano [[2000]]. No ano [[2005]] editou o seu primeiro disco en solitario titulado ''Life Begins Again'' co seu proxecto [[The Jimmy Chamberlin Complex]].


==Biografía==
==Biografía==
Liña 16: Liña 25:


Posteriormente Chamberlin formou [[The Jimmy Chamberlin Complex]], coa cal gravou o seu álbum de estrea en [[2004]]. A banda incluía a Chamberlin ([[batería (instrumento musical)|batería]] e voz), Billy Mohler ([[baixo]]; tamén en The Calling), Sean Woolstenhulme ([[guitarra]]; tamén en Lifehouse), e Rob Dickinson (voz; membro de Catherine Wheel). [[The Jimmy Chamberlin Complex]] editou ''Life Begins Again'' o [[25 de febreiro]] de [[2005]]. Chamberlin tivo tamén un proxecto paralelo co cantante de Dead Kennedys, Jello Biafra.
Posteriormente Chamberlin formou [[The Jimmy Chamberlin Complex]], coa cal gravou o seu álbum de estrea en [[2004]]. A banda incluía a Chamberlin ([[batería (instrumento musical)|batería]] e voz), Billy Mohler ([[baixo]]; tamén en The Calling), Sean Woolstenhulme ([[guitarra]]; tamén en Lifehouse), e Rob Dickinson (voz; membro de Catherine Wheel). [[The Jimmy Chamberlin Complex]] editou ''Life Begins Again'' o [[25 de febreiro]] de [[2005]]. Chamberlin tivo tamén un proxecto paralelo co cantante de Dead Kennedys, Jello Biafra.

Recentemente [[The Smashing Pumpkins]] volveu a reunirse contando unicamente con Chamberlin e [[Billy Corgan]] da súa antiga formación. A finais do ano [[2006]] comezaron a gravación do seu novo disco, ''[[Zeitgeist]]'', que será editado o [[10 de xullo]] do [[2007]]. A banda realizou o seu primeiro concerto dende decembro do [[2000]] o día [[22 de maio]] do [[2007]] en [[París]]. A nova formación conta co guitarrista [[Jeff Schroeder]] e a baixista [[Ginger Reyes]].


== Ligazóns ==
== Ligazóns ==

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2007 ás 00:55

Modelo:Músico James Joseph "Jimmy" Chamberlin naceu o 10 de xuño de 1964 en Joliet, Illinois. É o baterista da banda The Smashing Pumpkins e foino de Zwan, despois da separación da primeira no ano 2000. No ano 2005 editou o seu primeiro disco en solitario titulado Life Begins Again co seu proxecto The Jimmy Chamberlin Complex.

Biografía

Chamberlin formouse como baterista de jazz e tocou en numerosos conxuntos locais antes de unirse a The Smashing Pumpkins pouco despois da súa formación en 1988.

Chamberlin tivo problemas coas drogas o que fixo que fose expulsado da banda en 1996. Durante a xira do Mellon Collie and the Infinite Sadness, antes duns concertos no Madison Square Garden, en Nova York, Jimmy e Jonathan Melvoin, teclista da banda durante a xira, consumiron heroina no hotel, e este último morreu de sobredose. Este feito propiciou a súa saída da banda. Durante o resto da xira foi substituído por bateristas de estudio.

A finais dese mesmo ano, mentres estaba en proceso de rehabilitación, uníuse á banda The Last Hard Men do ex-cantante de Skid Row Sebastian Bach. O grupo editou un único álbum co mesmo nome que a banda.

Tres anos máis tarde, en 1999, Chamberlain voltou a [[The Smashing Pumpkins. Sen embargo, un ano despois, en decembro do 2000, a banda separouse. El tocou nos dous últimos álbumes da banda, Machina e Machina II.

En 2001 uníuse á nova banda do seu amigo e compañeiro en The Smashing Pumpkins Billy Corgan, Zwan. O conxunto separaríase en 2003, despois de editar o seu único disco, Mary Star of the Sea.

Durante a existencia de Zwan, en 2002 Chamberlin casou coa súa moza Lori. O matrimonio tivo unha filla, Audrey, en decembro dese mesmo ano.

Posteriormente Chamberlin formou The Jimmy Chamberlin Complex, coa cal gravou o seu álbum de estrea en 2004. A banda incluía a Chamberlin (batería e voz), Billy Mohler (baixo; tamén en The Calling), Sean Woolstenhulme (guitarra; tamén en Lifehouse), e Rob Dickinson (voz; membro de Catherine Wheel). The Jimmy Chamberlin Complex editou Life Begins Again o 25 de febreiro de 2005. Chamberlin tivo tamén un proxecto paralelo co cantante de Dead Kennedys, Jello Biafra.

Recentemente The Smashing Pumpkins volveu a reunirse contando unicamente con Chamberlin e Billy Corgan da súa antiga formación. A finais do ano 2006 comezaron a gravación do seu novo disco, Zeitgeist, que será editado o 10 de xullo do 2007. A banda realizou o seu primeiro concerto dende decembro do 2000 o día 22 de maio do 2007 en París. A nova formación conta co guitarrista Jeff Schroeder e a baixista Ginger Reyes.

Ligazóns