Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 36: Liña 36:
* {{Cita libro|título = A coca e o mito do dragón|apelidos=González Pérez|nome=Clodio|localización= [[Vigo]]|editorial= [[Ir Indo]]|ano = 1993|isbn= 84-7680-127-0}}
* {{Cita libro|título = A coca e o mito do dragón|apelidos=González Pérez|nome=Clodio|localización= [[Vigo]]|editorial= [[Ir Indo]]|ano = 1993|isbn= 84-7680-127-0}}
* {{Cita libro|título = A coca de Pontevedra|apelidos=González Pérez|nome=Clodio|editorial= [[Museo de Pontevedra]]|ano = 1993}}
* {{Cita libro|título = A coca de Pontevedra|apelidos=González Pérez|nome=Clodio|editorial= [[Museo de Pontevedra]]|ano = 1993}}
* González Pérez, Clodio (1994). "A coca da Coruña", ''Brigantium.''
* González Pérez, Clodio (1997). “Dúas manifestacións comúns a Portugal e a Galicia: A Coca e San Cristovo”. ''Actas do III Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía aplicada.'' Santiago de Compostela.
* González Pérez, Clodio (2006). “A coca de Monção (Portugal)”, ''Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais''.
{{Mitoloxía galega}}
{{Mitoloxía galega}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 5 de abril de 2016 ás 20:43

A coca polas rúas de Redondela na Festa da coca de Redondela.
A Tarasca de Santa Marta, procesión do Corpus Christi en Valencia.

A coca ou tarasca é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.

Etimoloxía

A primeira referencia documentada do termo coca é a de coquetriz atopada nun texto galego de Ourense datado en 1437. O texto dicía que a coquetriz era un dragón que levaban os zapateiros na procesión do Corpus. Deste documento asúmese que o nome deriva da palabra latina cocatrix, é dicir crocodilo. Noutro documento posterior tamén atopado en Ourense, de mediados do século XV (1441), xa se usan uns nomes moi semellantes ó actual, coqa e qoqa.[1]

O termo tarasca ven de Tarasque, en relación co topónimo da localidade de Tarascón, no departamento de Bocas do Ródano, Francia. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa Marta.

Lendas

A Coca de Redondela

Artigo principal: Festa da coca de Redondela.

A tradición di que se presentou un día en Redondela. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.

Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das penlas, cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos doutras cocas en Galicia: en Verín, en Baiona (que era de Sabarís), en Betanzos (chamada Camelo), A Coruña (chamada Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), Ribadavia (Becha), Compostela e Tui. [2]

A tarasca

A tarasca de Tarascón levada cunha cinta por unha pequena Santa Marta.

Segundo conta a lenda, esta criatura vivía en Tarascón, Provenza, e destruía todo ó seu paso. Era unha especie de dragón con seis patas parecidas ás dun oso, un torso parecido ó dun boi cunha cuncha de sapoconcho no seu lombo e unha cola cuberta de escamas que terminaba no aguillón dun escorpión. A súa cabeza era coma a dun león con orellas de cabalo.[3]

Santa Marta e o dragón, atribuído a André Abellon, pintor dominico. Igrexa de María Magdalena en Saint-Maximin-la-Sainte-Baume, Var (Francia).

O Rei de Tarascón mandara atacar sen éxito á tarasca con tódolos seus soldados, pero Santa Marta encantou á besta coas súas pregarias, e volveu á cidade coa besta domada. Os habitantes aterrorizados atacaron á criatura ó caer a noite, que morreu alí mesmo sen ofrecer resistencia. Entón Santa Marta predicou un sermón á xente e converteu a moitos deles ó cristianismo. Arrepentidos de dar morte ó domado monstro, os habitantes cambiaron o nome do pobo a Tarascón.

Desde o 25 de novembro de 2005, as festas da tarasca en Tarascón foron proclamadas pola UNESCO como parte do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade e foron inscritas no 2008 dentro do apartado Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia.[4]

Notas

  1. Concello de Redondela (ed.). "Festa da Coca ´2012". Consultado o 8 de agosto de 2012. 
  2. (Cuba, Miranda & Reigosa 1999, pp. 84-85)
  3. Légende dorée, Sainte Marthe, traduction Roze, tome 2, 1902 (en francés)
  4. Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia (en castelán), (en francés), (en inglés) e (en árabe)

Véxase tamén

Bibliografía