O carniceiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-==Reparto== +==Elenco de actores==); cambios estética
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler
Liña 28: Liña 28:


== Sinopse ==
== Sinopse ==

{{spoiler}}
Na pequena vila de [[Trémolat]], no [[Périgord]] ([[Dordoña]]), celébrase a voda do profesor Léon Hamel cunah rapaza do lugar. Entre os convidados á cerimonia están unha compañeira da profesora, Hélène David, que é tamén a directora da escola, e Paul Thomas, alcumado Popaul, o carniceiro da vila.
Na pequena vila de [[Trémolat]], no [[Périgord]] ([[Dordoña]]), celébrase a voda do profesor Léon Hamel cunah rapaza do lugar. Entre os convidados á cerimonia están unha compañeira da profesora, Hélène David, que é tamén a directora da escola, e Paul Thomas, alcumado Popaul, o carniceiro da vila.



Revisión como estaba o 4 de abril de 2016 ás 23:31

Le Boucher
Ficha técnica
DirectorClaude Chabrol
ProdutorAndré Génovès
GuiónClaude Chabrol
IntérpretesStéphane Audran
Jean Yanne
Roger Rudel
MúsicaPierre Jansen; canción de Dominique Zardi
FotografíaJean Rabier
MontaxeJacques Gaillard
DistribuidoraParaFrance
EstreaFrancia 27 de febreiro de 1970
12 de setembro de 1970
Duración93 minutos
Orixe Francia
Italia Italia
XéneroDrama, thriller
Na rede
IMDB: tt0064106 Filmaffinity: 883606 Allocine: 4599 Rottentomatoes: m/le-boucher Allmovie: v6788 TCM: 81090 Netlix: 60026770Editar o valor em Wikidata

Le Boucher é un filme franco-italiano, dirixida por Claude Chabrol en 1969 e estreada en 1970.

Sinopse

Na pequena vila de Trémolat, no Périgord (Dordoña), celébrase a voda do profesor Léon Hamel cunah rapaza do lugar. Entre os convidados á cerimonia están unha compañeira da profesora, Hélène David, que é tamén a directora da escola, e Paul Thomas, alcumado Popaul, o carniceiro da vila.

Hélène e Paul coñécense na voda e simpatizan. Atraído pola rapaza, o carniceiro cóntalle que para fuxir da violencia do seu pai se enrolou no exército e participou na guerra da Indochina e mais na guerra de Alxeria. Hélène, pola súa banda, procede de París e viviu unha historia de amor quue rematou mal. A mestra, que considera a Popaul como un amigo co que curar a súa soidade, faino partícipe nas actividades cos rapaces da escola e convídao a cear na súa casa.

A tranquilidade da vila disípase ao descubrirse o cadáver dunha moza do lugar, que morreu acoiteladas. Durante unha excursión cos alumnos, Helen descobre o corpo doutra rapaza, que resulta ser a muller de León, asasinada do mesmo xeito. Na escena do crime encontra un mecheiro similar ao que lle regalara a Popaul polo seu aniversario, e recólleo. O comisario Grumbach, que leva o caso, interroga a Hélène. Unha noite, cando Popaul a visita, ela ofrécelle un cigarro para que el o acenda, e tranquilízase ao ver que aínda ten o mecheiro que lle regalara.

Popaul axuda a Hélène a pintar o teito da súa vivenda, e mentres busca un pano descobre que nun caixón ten o mecheiro que ela lle regalara, e que recollera xunto á segunda rapaza morta. Cólleo, e cando ela regresa a casa dille a el que tivo lugar un terceiro asasinato similar aos dous primeiros.

Hélène descobre que Popaul colleu o mecheiro do caixón e pensa que é el o asasino das rapazas. Pola noite el chámaa para falar con ela, pero esta négase a deixarlle entrar na escola. Asustada, pecha as portas e as ventás, pero mentres el aproveita para colarse dentro. Armado coa navalla de resortes, explícalle os motivos dos asasinatos. De sócato, apuñálase no abdome. Hélène lévao ao hospital, e na viaxe el confésalle os seus sentimentos. Na sala de espera pídelle un bico e ela dállo, e no ascensor de camiño ao quirófano morre.

Logo de abandonar o hospital, Hélène deténse en plena noite a carón do río, abatida polo que pasou, e permanece alí até a alba.

Elenco de actores

Premios

Curiosidades

A película foi rodada en Trémolat (Dordoña) e nas covas de Cougnac (Lot) entre setembro e outubro de 1969. Supuxo a terceira colaboración entre Claude Chabrol e Jean Yanne despois de La Ligne de démarcation (1966) e Que la bête meure (1969). Volveron traballar xuntos en Madame Bovary (1991).

Claude Chabrol fai unha chiscadela a Honoré de Balzac facendo ler á profesora un anaco do capítulo V da novela La Femme de trente ans como ditado escolar.

Véxase tamén

Ligazóns externas