Perieco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Grecia antiga mediante HotCat
Liña 14: Liña 14:


Vivían en comunidades de organización autónoma en Laconia, ao redor dos lugares ocupados polos espartiatas, en [[Cinura]], na [[illa de Citera]] e en [[Mesenia|Mesenia.]] Incluso podían desempeñar cargos de importancia e responsabilidade, como o perieco Diníada, que aparece ao mando dunha embarcación da frota peloponesia. Probabelmente eran descendentes de poboacións locais sometidas polos dorios.
Vivían en comunidades de organización autónoma en Laconia, ao redor dos lugares ocupados polos espartiatas, en [[Cinura]], na [[illa de Citera]] e en [[Mesenia|Mesenia.]] Incluso podían desempeñar cargos de importancia e responsabilidade, como o perieco Diníada, que aparece ao mando dunha embarcación da frota peloponesia. Probabelmente eran descendentes de poboacións locais sometidas polos dorios.

[[Categoría:Grecia antiga]]

Revisión como estaba o 4 de abril de 2016 ás 19:18

Crese que os periecos eran os habitantes das cidades costeiras e dalgúns asentamentos terra dentro de Laconia conquistados polos espartanos, pero non reducidos á condición de ilotas. Eran persoas libres que gozaban de certos dereitos, excepto dos políticos.

Condicións de vida

Vivían e cultivaban as súas terras en asentamentos sometidos á autoridade de Esparta, afastados do núcleo central espartano en torno ao río Eurotas, onde se situaban os klêros (parcelas propiedade de cidadáns), cultivados polos ilotas. De aí deriva o nome, posto que periecos significa que viven ao redor de (provén de περί: ao redor de, e οἴκος -pronunciado «oikos»-: casa); é dicir, ao redor de Esparta. En efecto, moraban na costa e en zonas montañosas de Laconia.

A terra onde habitaban era alleábel: susceptíbel de compra e venda, pois non pertencía ao estado. Segundo fose a localización dos asentamentos variaban as súas actividades. As principais eran a artesanía e o comercio, daquela a agricultura e a gandaría. Inclusive podían participar nos Xogos Olímpicos e posuír escravos.

Os núcleos de poboación dos periecos chegaron a desenvolver certa autonomía. Estaban suxeitos ao control de maxistrados espartanos, os harmostas. Había vinte harmostas, un por cada división do territorio perieco.

Obrigacións

Aos individuos desta clase social, o Estado impúñalles varias obrigacións, fundamentalmente no servizo militar: debían proporcionar continxentes de hoplitas, que combatían xunto aos espartanos, aínda que en unidades separadas. Tamén integraban a tripulación da escasa mariña espartana e o persoal de manufactura dalgúns artigos. Así mesmo estaban suxeitos a pago de tributos (os mesmos que achegaban os cidadáns espartanos).

Non podían casar con espartanas. Non se atopa rexistrada algunha rebelión ou sublevación protagonizada por periecos. Por iso inférese que a súa posición no Estado espartano era levadía.

Vivían en comunidades de organización autónoma en Laconia, ao redor dos lugares ocupados polos espartiatas, en Cinura, na illa de Citera e en Mesenia. Incluso podían desempeñar cargos de importancia e responsabilidade, como o perieco Diníada, que aparece ao mando dunha embarcación da frota peloponesia. Probabelmente eran descendentes de poboacións locais sometidas polos dorios.