Banco Mundial: Diferenzas entre revisións
engado control de autoridades |
|||
Liña 67: | Liña 67: | ||
*[[Robert Zoellick]] ([[2007]] - 2008) |
*[[Robert Zoellick]] ([[2007]] - 2008) |
||
*[[Jim Yong Kim]] (2008 -) |
*[[Jim Yong Kim]] (2008 -) |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:ONU]] |
[[Categoría:ONU]] |
Revisión como estaba o 4 de abril de 2016 ás 10:04
País | Porcentaxe |
---|---|
Estados Unidos | 16,39 % |
Xapón | 7,86 % |
Alemaña | 4,49 % |
Francia | 4,30 % |
Reino Unido | 4,30 % |
Outros | 62,66 % |
O Banco Mundial é unha axencia do sistema das Nacións Unidas, fundada o 1 de xullo de 1944 por unha conferencia de representantes de 44 gobernos en Bretton Woods (New Hampshire, EUA), e que tiña como misión inicial financiar a reconstrución dos países devastados durante a Segunda Guerra Mundial. Actualmente, a súa misión principal é a loita contra a pobreza a través do financiamento e préstamos aos países en desenvolvemento. O seu funcionamento é garantido por cotizacións definidas e reguladas polos países membros. Está composto por 184 países membros, e ten a súa sede en Washington DC.
Cómpre saber distinguir o Banco Mundial do Grupo Banco Mundial. O Banco Mundial propiamente dito está composto polo BIRF e pola AIF, que son dúas das cinco institucións que compoñen o Grupo Banco Mundial.
Grupo Banco Mundial
As cinco institucións están estreitamente relacionadas e funcionan baixo unha única presidencia. Son:
- O Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF, 184 países membros), creado en 1945.
O BIRF proporciona préstamos e asistencia para o desenvolvemento a países de rendas medias con bos antecedentes de crédito. O poder de voto de cada país membro está vinculado ás súas subscricións de capital, que a súa vez están baseadas no poder económico relativo de cada país. O BIRF recolle gran parte dos seus fondos a través da venda de títulos nos mercados internacionais de capital. Xuntos, o BIRF e a AIF forman o Banco Mundial.
- A Asociación Internacional de Fomento (AIF, 164 países membros), creado en 1960.
Desempeña un papel importante na misión do Banco que é a redución da pobreza. A asistencia da AIF concentrase nos países máis pobres, aos cales proporciona préstamos sen xuros e outros servizos. A AIF depende das contribucións dos seus países membros máis ricos - incluso algúns países en desenvolvemento - para recadar a maior parte dos seus recursos financeiros.
- A Corporación Financeira Internacional (CFI, 178 países membros), Creada en 1956.
A CFI promove o crecemento no mundo en desenvolvemento mediante o financiamento de investimentos do sector privado e a prestación de asistencia técnica e de asesoramento aos gobernos e empresas.
- O Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos (OMGI, 162 países membros), Creado en 1988.
OMGI axuda a estimular investimentos estranxeiros nos países en desenvolvemento por medio de garantías a investidores estranxeiros contra prexuízos causados por riscos non comerciais. A OMGI tamén proporciona asistencia técnica para axudar aos países a divulgar informacións sobre oportunidades de investimento.
- O Centro Internacional de Arbitraxe de Diferenzas Relativas a Investimentos (CIADI, 134 países membros), Creado en 1966.
O CIADI proporciona instalacións para a resolución- mediante conciliación ou arbitraxe - de disputas referentes a investimentos entre investidores estranxeiros e os seus países anfitrións.
Presidencia
O presidente do Banco Mundial foi tradicionalmente un cidadán estadounidense, até que en 2007 accedeu ao cargo o surcoreano Jim Yong Kim.
Presidentes do Banco Mundial
- Eugene Meyer (xuño 1946 - decembro 1946)
- John J. McCloy (marzo 1947 - xuño 1949)
- George D. Woods (xaneiro 1963 - marzo 1968)
- Robert McNamara (abril 1968 - xuño 1981)
- Alden W. Clausen (xullo 1981 - xuño 1986)
- Barber B. Conable (xullo 1986 - agosto 1991)
- Lewis T. Preston (setembro 1991 - maio 1995)
- James Wolfensohn (xuño 1995 - 31 de maio 2005)
- Paul Wolfowitz (1 de xuño de 2005 - 2007)
- Robert Zoellick (2007 - 2008)
- Jim Yong Kim (2008 -)