Gran Premio de Bahrain: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 135: Liña 135:
|-
|-
! [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016|2016]]
! [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016|2016]]
| {{DEUb}} [[Nico Rosberg]]
|
| [[Mercedes-Benz na Fórmula 1|Mercedes]]
|
| [[3 de abril]] de [[2016]]
| [[3 de abril]] de [[2016]]
| [[Gran Premio de Bahrain de 2016|Resultados]]
| [[Gran Premio de Bahrain de 2016|Resultados]]

Revisión como estaba o 3 de abril de 2016 ás 21:56

"Trazado actual" do 2004 ó 2009 e desde 2012
"Trazado actual" do 2004 ó 2009 e desde 2012

O Gran Premio de Bahrain (en árabe جائزة البحرين الكبرى‎) é unha carreira do campionato de Fórmula 1 patrocinada por Gulf Air que tivo lugar por primeira vez no Circuíto Internacional de Bahrain o 4 de abril 2004.

Historia

Fíxo historia como o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou no Oriente Medio, e logrou o premio ó "Gran Premio mellor organizado" outorgado pola FIA.[1]

O Gran Premio de Bahain foi xeralmente a terceira carreira do calendario de Fórmula Un. Pero, na tempada 2006, Bahrain cambiou de lugar coa primeira carreira tradicional, o Gran Premio de Australia, que foi atrasado para evitar a coincidencia cos Xogos da Commonwealth. En 2010, Bahrain organizou a primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 2010 e os coches a disputaron sobre o circuíto de 6´299 chamado "Endurance Circuit" para celebrar as "vodas de diamante" da F1.

O Gran Premio de 2011, que se celebraría o 13 de marzo, foi cancelado o 21 de febreiro debido as protestas de Bahrain de 2011,[2] logo das protestas dos pilotos incluíndo Damon Hill e Mark Webber.[3]

Os activistas de dereitos humanos pediron a cancelación da carreira de 2012. Debido ás denuncias de presuntas violacións de dereitos humanos cometidas polas autoridades de Bahrain. O persoal dos equipos tamén expresaron a súa preocupación pola seguridade, Pero a carreira, con todo, levouse a cabo como estaba previsto, o 22 de abril de 2012.

A carreira de 2014 levouse a cabo como unha carreira nocturna con luz artificial. Converteuse na segunda carreira nocturna da Fórmula Un logo do Gran Premio de Singapur, para conmemorar o décimo aniversario da primeira posta en escena do Gran Premio.[4] Foi gañado por Lewis Hamilton.

Logo dos tests de febreiro de Fórmula Un de 2014, os organizadores do Gran Premio de Bahrain anunciaron a decisión de nomear á icónica primeira curva do circuíto co nome do ex sete veces campión do mundo, o piloto alemán Michael Schumacher en honor aos seus logros e tamén para apoialo despois de que o piloto sufrira un accidente de esquí case fatal a finais de decembro de 2013.[5]

A carreira de 2015 tamén disputouse como unha carreira nocturna con luz artificial e foi gañadapor Lewis Hamilton conMercedes.

A construción do Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir iniciouse en 2002 cun alto interese nacional sobre o proxecto, xa que vese como o futuro para a próxima xeración de corredores de Bahrain. Cando finalizou a construción, o circuíto converteuse no centro dos deportes de motor no Pérsico, no que disputaronse moitas outras carreiras, como carreiras de resistencia, carreiras de GT, carriras de Fórmula 3 e a serie V8 Supercar australiana.[6]

A primeira carreira foi en 2004. A carreira foi gañada polo piloto alemán Michael Schumacher para Ferrari. Fernando Alonso gañou o segundo Gran Premio de Bahrain con Renault en 2005, e logo converteuse no primeiro en repetir vitoria na carreira de Oriente Medio en 2006 (de novo con Renault), logo dunha carreira emocionante e cunha longa batalla con Michael Schumacher. En 2007 e 2008, o brasileiro Felipe Massa gañou a carreira con Ferrari. 2009 viu a vitoria de Jenson Button con Brawn GP. Logo do seu triunfo en 2010. Alonso converteuse no primeiro ganador en tres ocasións.

A carreira de 2010 viu unha nova configuración de circuíto utilizado para o Gran Premio. Utilizouse o deseño de "Endurance Circuit", que alarga a lonxitude de volta a 6´299 km..[7] A pista volveu ao seu deseño orixinal para a carreira de 2011,[8] e tamén fíxoo para a carreira de 2012.[9]


2011 cancelación

Artigo principal: Gran Premio de Bahrain de 2011.

O 21 de febreiro de 2011, anunciouse que o Gran Premio de Bahrain de 2011 programado para o 13 de marzo fora cancelado debido ás protestas de Bahrain de 2011.[2][10] O 3 de xuño, a FIA decidiu reprogramar a carreira para o 30 de outubro. O piloto campión do mundo Damon Hill, solicitou á Fórmula Un non volver a programar dicindo que se a carreira seguía adiante "imos ter sempre o sambenito de vernos asociados ao uso de métodos represivos para lograr a orde".[11] e Bernie Ecclestone díxolle á BBC nunha entrevista: "Esperemos que haberá paz e tranquilidade e poderemos volver no futuro, pero por suposto que non está no calendario non se pode reprogramar sen o acordo dos participantes, son os feitos."[12] Unha semana logo da súa decisión de reprogramar a carreira, a Fórmula Un anunciou a cancelación da carreira de 2011.[3]

2012 controversia

Artigo principal: Gran Premio de Bahrain de 2012.

Activistas de dereitos humanos pediron a cancelación do Gran Premio de Bahrain de 2012, que tivo lugar o 22 de abril, debido a informes sobre o uso continuo de forza excesiva polas autoridades e o uso da tortura durante as detencións.[13][14][15] O 9 de abril de 2012, The Guardian informou que segundo declarara un destacado membro non identificado dun dos equipos, "os equipos de Fórmula Un queren que os organizadores do deporte cancelen, ou polo menos pospoñan, o Gran Premio de Bahrain ..., debido ás crecentes preocupacións de seguridade no medio das protestas en curso no reino ... Séntome moi incómodo por ir a Bahrain. Se son brutalmente franco, o único xeito que poden desenvolver esta carreira sen incidentes é ter un bloqueo militar total. E creo que iso sería inaceptable, tanto para a F1 como para Bahrain. Pero eu non vexo ningunha outro xeito de poder facelo"..[16]

Nese contexto, Anonymous lanzou o 21 de abril de 2012, a operación opBahrain, ameazando aos representantes da Fórmula 1 cun ciberataque no caso de que seguir co Gran Premio de Bahrain. Horas máis tarde, os hackers de Anonymous atacaron a páxina web f1-racers.net. [17]

O Gran Premio de 2012 volveu utilizar a configuración de circuíto de 15 curvas utilizado por última vez en 2009, en lugar da configuración de resistencia do circuíto utilizado en 2010.

Gañadores do Gran Premio de Bahrain

Ano Piloto gañador Equipo gañador Data Resultados
2004 República Federal Alemá Michael Schumacher Ferrari 4 de abril de 2004 Resultados
2005 España Fernando Alonso Renault 3 de abril de 2005 Resultados
2006 España Fernando Alonso Renault 12 de marzo de 2006 Resultados
2007 Felipe Massa Ferrari 15 de abril de 2007 Resultados
2008 Felipe Massa Ferrari 6 de abril de 2008 Resultados
2009 Jenson Button Brawn-Mercedes 26 de abril de 2009 Resultados
2010 España Fernando Alonso Ferrari 14 de marzo de 2010 Resultados
2011 cancelado
2012 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 22 de abril de 2012 Resultados
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 21 de abril de 2013 Resultados
2014 Lewis Hamilton Mercedes 6 de abril de 2014 Resultados
2015 Lewis Hamilton Mercedes 19 de abril de 2015 Resultados
2016 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 3 de abril de 2016 Resultados
  1. Huda Al Shamlan (29 March 2012). "Formula One Comes Back". Bahrain News Agency. Consultado o 2012-04-20. 
  2. 2,0 2,1 "Bahrain Grand Prix called off due to protests", bbc.co.uk, 21 February 2011. Retrieved 21 February 2011.
  3. 3,0 3,1 "Bahrain's Crash Course; Formula One drivers for democracy", 9 June 2011, The Wall Street Journal.
  4. Benson, Andrew (2013-11-29). "Bahrain F1 Grand Prix to become night race in 2014". BBC Sport. Consultado o 2013-11-30. 
  5. "Michael Schumacher has Bahrain corner named in his honour". BBC. 2 February 2014. Consultado o 2 February 2014. 
  6. "Bahrain Grand Prix: in pictures". The Telegraph. 2011. Consultado o 2012-04-20. 
  7. Noble, Jonathan (2010-01-25). "Bahrain unveils new layout for F1 race". autosport.com (Haymarket Publications). Arquivado dende o orixinal o 28 January 2010. Consultado o 2010-01-25. 
  8. "Sakhir reverts to old layout for 2011 Bahrain Grand Prix | Formula 1 | Formula 1 news, live F1 | ESPN F1". En.espnf1.com. 2010-08-16. Consultado o 2012-03-05. 
  9. "Race Preview: 2012 Bahrain Grand Prix 20-22 April 2012". FIA. Consultado o 2012-04-20. 
  10. Baldwin, Alan (3 June 2011). "Motor racing-Bahrain GP to go ahead this year - circuit chairman". Reuters. 
  11. Cary, Tom (2 June 2011). "Damon Hill calls on Bernie Ecclestone and Formula One to abandon Bahrain Grand Prix". The Daily Telegraph. 
  12. "Bahrain GP cannot go ahead - Bernie Ecclestone | Bahrain Grand Prix | Formula 1 news, live F1 | ESPN F1". En.espnf1.com. 8 June 2011. Consultado o 2012-03-05. 
  13. Lubbock, John; Rajab, Nabeel (30 January 2012). "Bahrain has failed to grasp reform – so why is the grand prix going ahead?". The Guardian. Consultado o 2012-04-20. 
  14. "Ecclestone insists on Bahrain GP despite human rights abuses". Al-Akhbar English. 12 April 2012. Consultado o 2012-04-20. 
  15. "Bahrain: Grand Prix Decision Ignores Abuses. F1 Should Consider Rights Implications of Scheduled Race". Human Rights Watch. 14 April 2012. Consultado o 2012-04-20. 
  16. Weaver, Paul; Black, Ian (9 April 2012). "Formula One 2012. F1 teams want FIA to postpone Bahrain Grand Prix". The Guardian. Consultado o 2012-04-20. 
  17. Protalinski, Emil (21 April 2012). "Anonymous hacks Formula 1". ZDNet. Consultado o 22 April 2012.