Río Landro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m banner {{Ríos de Galicia en progreso}}
m Quitar banner de {{Ríos de Galicia en progreso}}, xa que o artigo ten ficha, unha breve introdución, 1 imaxe, e unha sección de percorrido/curso/afluentes/descrición.
Liña 1: Liña 1:
{{Ríos de Galicia en progreso}}

{{Río
{{Río
| nome = Landro
| nome = Landro

Revisión como estaba o 3 de abril de 2016 ás 15:18

Landro
[[Ficheiro:Desembocadura do Landro en Viveiro.|250px]]
Desembocadura do Landro en Viveiro.
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra do Xistral
O Viveiró
Lonxitude42 km
Conca268
DesembocaduraRía de Viveiro

O río Landro ou Landrove é un curso fluvial galego, pertencente á vertente cantábrica. Segue unha dirección S-N e desemboca na ría de Viveiro. Ten un percorrido de 42 km e a súa bacía esténdese por 268 km².

Percorrido

Nace na parroquia do Viveiró (Muras), nas vertentes oeste e suroeste da serra do Xistral, a 800 m de altitude. Baixa por un val aberto até Escoiras, que logo se estreita, ao paso que recibe as augas dos regatos da Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarido e, outra vez encaixado, recolle as achegas do Besteburiz, Balsadas e Grandal. Desde Santa Mariña contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro (ou río Xudreiro, onde está a fervenza do Pozo da Ferida), o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de Viveiro para desembocar entre a praia da Area, en Covas, e o porto de Celeiro. Na desembocadura, o Landro forma un pequeno humidal. Constitúe os límites entre os concellos de Muras e Ourol.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos