Campo, Covelo: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Desfíxose a edición 3854147 de 83.54.107.255 (conversa) |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
|entidades = 9 |
|entidades = 9 |
||
}} |
}} |
||
'''Santa María de Campo''' é unha |
'''Santa María de Campo''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello de [[Covelo]] na [[comarca da Paradanta]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 116 habitantes (69 mulleres e 47 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 147 habitantes. Segundo o [[IGE]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 35 homes e 48 mulleres. |
||
== Información == |
== Información == |
Revisión como estaba o 3 de abril de 2016 ás 14:20
Campo | |
---|---|
Igrexa de Campo | |
Concello | Covelo |
Coordenadas | 42°11′48″N 8°23′13″O / 42.19664567, -8.38698511Coordenadas: 42°11′48″N 8°23′13″O / 42.19664567, -8.38698511 |
Poboación | 83 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Campo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (69 mulleres e 47 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 35 homes e 48 mulleres.
Información
O río Tea transcorre pola parroquia e esta dispón dunha gran tradición gandeira. Campo está situada na aba sur da Serra do Suído e posúe un monte cinexético. Nos puntos con cotas máis baixas áchanse bosque frondosos autóctonos.[1]
Patrimonio
Conta cun foxo de lobo que presenta a particularidade de contar con dous funís de entrada, o que a tradición oral interpreta como as entradas correspondentes a cadansúa parroquia. Consta dun cercado de pedra que se vai pechando en forma de funil para rematar no propio foxo. Ten unha profundidade de dous metros e acubilla no seu interior un chouso para durmiren os pastores. Foi obxecto dunha restauración no ano 2013.[2]
Lugares e parroquias
Lugares de Campo
Lugares da parroquia de Campo no concello de Covelo (Pontevedra) | |
---|---|
Barcia | A Bouciña | Bustelo | Cascardoso | A Costa | A Ladeira | O Loureiro | O Outeiro | San Pedro |
Parroquias de Covelo
Notas
- ↑ Concello de Covelo. "Campo". Consultado o 04/09/2015.
- ↑ Ficha en Patrimoniogalego.net