Nino Farina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 46: Liña 46:
Logo da súa retirada, Farina involucrouse nas distribuidoras de Alfa Romeo e Jaguar e máis tarde asesorou á fábrica de Pininfarina.<ref name="uniquecarsandparts.com.au"/><ref name="kolumbus.fi"/>
Logo da súa retirada, Farina involucrouse nas distribuidoras de Alfa Romeo e Jaguar e máis tarde asesorou á fábrica de Pininfarina.<ref name="uniquecarsandparts.com.au"/><ref name="kolumbus.fi"/>


Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, cando ía como espectador camiño do [[Gran Premio de Francia de 1966]], Farina perdeu o control do seu [[Lotus Cortina]] nos Alpes de [[Savoia (rexión)|Savoia]], cerca [[Aiguebelle]], chocou contra un poste de telégrafos e morreu no acto. Non só asistía como espectador, senón tamén por unha película, ao longo da tempada fora o asesor e o dobre na pilotaxe do actor francés [[Yves Montand]], que interpretaba a un ex campión do mundo na película ''[[Grand Prix (filme)| Gran Premio]]''.<ref name="uniquecarsandparts.com.au"/><ref name="kolumbus.fi"/><ref name="espn.co.uk"/><ref name="8w.forix.com"/><ref>{{cite web|url=http://www.oldracingcars.com/driver/Giuseppe_Farina|title=Giuseppe Farina|author=Allen Brown|publisher=}}</ref><ref>{{cite web|url=http://www.f1fanatic.co.uk/f1-information/whos-who/whos-who-f/giuseppi-nino-farina/|title=Giuseppe Farina|work=F1 Fanatic}}</ref>
Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, cando ía como espectador camiño do [[Gran Premio de Francia de 1966]], Farina perdeu o control do seu [[Lotus Cortina]] nos Alpes de [[Savoia (rexión)|Savoia]], cerca [[Aiguebelle]], chocou contra un poste de telégrafos e morreu no acto. Non só asistía como espectador, senón tamén por unha película, ao longo da tempada fora o asesor e o dobre na pilotaxe do actor francés [[Yves Montand]], que interpretaba a un ex campión do mundo na película ''[[Grand Prix (filme)| Gran Premio]]''.<ref name="uniquecarsandparts.com.au"/><ref name="kolumbus.fi"/><ref name="8w.forix.com"/><ref>{{cite web|url=http://www.oldracingcars.com/driver/Giuseppe_Farina|title=Giuseppe Farina|author=Allen Brown|publisher=}}</ref><ref>{{cite web|url=http://www.f1fanatic.co.uk/f1-information/whos-who/whos-who-f/giuseppi-nino-farina/|title=Giuseppe Farina|work=F1 Fanatic}}</ref>


== Resultados Completos en Fórmula 1 ==
== Resultados Completos en Fórmula 1 ==

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2016 ás 09:10

Giuseppe Emilio "Nino" Farina

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 1950 - 1956
Escudería(s) Alfa Romeo, Ferrari
Grandes Premios disputados 34 (33 saidas)
Campionatos 1 (1950)
Vitorias 5
Podios 20
Pole positions 5
Voltas rápidas 5
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1950
Primeira vitoria Gran Premio do Reino Unido de 1950
Derradeira vitoria Gran Premio de Alemaña de 1953
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1955

Dottore Giuseppe Emilio "Nino" Farina, nado en Torino o 30 de outubro de 1906 e finado en Aiguebelle 30 de xuño de 1966, foi un piloto de Fórmula 1 italiano, e o primeiro campión mundial da categoría, gañando o título en 1950. Foi tamén o Campión de Italia en 1937, 1938 e 1939. Durante a súa carreira de trinta anos como piloto sufriu varios accidentes.

Primeiros anos

Nacido en Torino, Farina foi o maior dos irmáns Farina, o seu pai Giovanni, xunto ao seu irmán Battista Farina, fundara a empresa de carrozarías de coche Carrozzeria Pininfarina. Giuseppe comezou a pilotar un Temperino de dous cilindros, á idade de tan só nove anos. Converteuse en Doutor en Ciencias Políticas (aínda que algunhas fontes din enxeñería), tamén destacou no esquí, fútbol e atletismo. Rematou unha carreira curta como oficial de cabalería do exército italiano para satisfacer unha ambición diferente: as carreiras de motor.[1][2][3][4][5]

Traxectoria

Cando aínda era un universitario Farina comprou o seu primeiro coche, un Alfa romeo de segunda man, e correu na subida Aosta-Gran San Bernardo de 1925. Ao tratar de vencer ao seu pai, estrelouse, rompendo o ombreiro e sufrindo cortes no rostro, establecendo unha tendencia que continuou ao longo da súa carreira propensa aos fallos. O seu pai terminou en cuarto lugar.[1][2][4][6]

Alfa Romeo 8C-35 de Farina estrelado no Gran Premio de Deauville de 1936

As súas primeiras experiencias en pista fíxoas con Maserati, aínda que a súa carreira comezaría a florecer co seu pase a Alfa Romeo, onde tivo como compañeiro de equipo a Tazio Nuvolari. A fins da década dos 30, Farina gañou varios Gran Premios menores, que lle permitiron obter o título de campión italiano de pilotos durante tres anos seguidos (1937-1939). No ano seguinte lograría o seu primeiro triunfo grande, no Gran Premio de Trípoli de 1940, en Libia. No momento en que estaba chegando á súa madurez como piloto, desatouse a Segunda Guerra Mundial, e pasarían oito anos antes de que Farina puidese gañar outro Gran Premio.

Na posguerra, Nino tomou parte en varios grandes premios cun Maserati propio, logrando desta forma un triunfo no Gran Premio de Mónaco de 1948. Cando a Fédération Internationale de l'Automobile anunciou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, Farina asegurouse unha praza no equipo Alfa Romeo, xunto a Juan Manuel Fangio e ao italiano Luigi Fagioli, ao mando dun dos aparentemente invencibles 158 Alfetta. Farina obtivo 3 vitorias nas 7 carreiras do campionato, e logrou así o seu primeiro campionato mundial na categoría. Era o cumio da súa carreira.

En 1951, viuse obrigado a facer o papel de escudeiro de Fangio, cuxo ritmo de carreira foi demasiado para Farina. O italiano logrou un único triunfo no Gran Premio de Bélxica, aínda que gañou algunhas das carreiras non válidas para o campionato. Tras o seu pase a Ferrari en 1952, Farina viuse outra vez pasado por un piloto máis novo, esta vez Alberto Ascari, quen logrou 9 vitorias consecutivas en carreiras polo campionato entre 1952 e 1953.

O primeiro triunfo de Farina en Ferrari, que á vez sería o último dos seus 5 triunfos no campionato mundial de F1, produciuse no Gran Premio de Alemaña de 1953, disputado en Nürburgring. Nese ano, tamén formou un equipo co seu amigo da F1 Mike Hawthorn, para disputar e gañar as 24 horas de Spa. A principios de 1954, Farina gañou unha proba do Campionato Mundial de Auto Deportivos, aínda que tempo despois sufriu graves queimaduras nun accidente na saida de Monza. O italiano intentou regresar ás pistas en 1955 tomando calmantes, e logrou finalizar na zona de puntos en algunha carreira. Con todo, dándose conta de que non podería alcanzar o seu nivel de outrora, decidiu retirarse ao final desa tempada.

En 1956, Farina planificou o seu regreso nas 500 millas de Indianápolis, pero sufriu unha lesión no seu pescozo durante unha carreira menor en Monza. Tras a súa recuperación, intentou regresar ás pistas en Indianápolis, pero desistiu tras presenciar a morte dun compañeiro que estaba probando o auto que lle correspondía a Farina.

Figura notable dos primeiros anos da Fórmula 1, Farina era recoñecido polo seu estilo de manexo e a súa intelixencia, pero tamén pola súa petulancia e o seu desprezo polos seus rivais na pista.

Morte

Logo da súa retirada, Farina involucrouse nas distribuidoras de Alfa Romeo e Jaguar e máis tarde asesorou á fábrica de Pininfarina.[1][2]

Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, cando ía como espectador camiño do Gran Premio de Francia de 1966, Farina perdeu o control do seu Lotus Cortina nos Alpes de Savoia, cerca Aiguebelle, chocou contra un poste de telégrafos e morreu no acto. Non só asistía como espectador, senón tamén por unha película, ao longo da tempada fora o asesor e o dobre na pilotaxe do actor francés Yves Montand, que interpretaba a un ex campión do mundo na película Gran Premio.[1][2][6][7][8]

Resultados Completos en Fórmula 1

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos Puntos
1950 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158/50 Alfa Romeo 8 en liña GBR
1
MON
Ret
500
SUI
1
BEL
4
FRA
7
ITA
1
30
1951 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Alfa Romeo 8 en liña SUI
3
500
BEL
1
FRA
5
19 (22)
Alfa Romeo 159B GBR
Ret
ALE
Ret
Alfa Romeo 159M ITA
3*
ESP
3
1952 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña SUI
Ret
500
BEL
2
FRA
2
GBR
6
ALE
2
NED
2
ITA
4
24 (27)
1953 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña ARX
Ret
500
NED
2
BEL
Ret
FRA
5
GBR
3
ALE
1
SUI
2
ITA
2
26 (32)
1954 Scuderia Ferrari Ferrari 625 Ferrari 4 en liña ARX
2
500
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
ESP
NCG
6
Ferrari 553 BEL
Ret
1955 Scuderia Ferrari Ferrari 625/555 Ferrari 4 en liña ARX
2**
10 1/3
Ferrari 625 MON
4
Ferrari 555 500
BEL
3
Lancia D50 Lancia V8 NED
GBR
ITA
NTS

* Indica unidade compartida
** No Gran Premio de Arxentina de 1955, Farina finalizou en 2º (compartido con Trintignant e González) e 3º lugar (compartido con Maglioli e Trintignant). Concedeuselle un terzo dos puntos de cada resultado.


Predecesor:
-
Campión da Fórmula 1
1950
Sucesor:
Juan Manuel Fangio

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas