Blu:Sens: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
categorias
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 19: Liña 19:
}}
}}

'''Blu:Sens''' é unha empresa galega de ámbito tecnolóxico con sede en [[Santiago de Compostela]]. Entre os seus produtos hai televisores, sintonizadores de TDT, reprodutores de [[DVD]], de [[MP3]], localizadores [[GPS]] e outros artigos de electrónica de consumo.

==Historia==
== Historia ==
Ideada no 2001, a empresa experimentou un rápido crecemento ata converterse na empresa que máis reprodutores de mp3 vendeu en España no 2006.
Ideada no 2001, a empresa experimentou un rápido crecemento ata converterse na empresa que máis reprodutores de mp3 vendeu en España no 2006.

Liña 44: Liña 44:
En 2013 Jove deixou de ser accionista da empresa<ref>{{cita web|apelidos=Jimenez|nome=Marimar|título=Jove sale del capital de la tecnológica española Blusens|url=http://cincodias.com/cincodias/2013/06/12/empresas/1371063228_484159.html|editor=Cinco Días|dataacceso=12-06-2013 21:42}}</ref>. En xullo de 2013 a empresa presentou pre concurso de acreedores<ref>[http://www.abc.es/local-galicia/20130630/abci-blusens-concurso-acreedores-201306301856.html Blusens presenta preconcurso de acreedores. ABC]</ref>. Blusens Technology SLU, a filial de compras da empresa, presentou concurso voluntario de acreedores en outubro de 2013<ref>{{cita web|título=La central de compras de Blusens presenta concurso voluntario de acreedores|url=http://www.laopinioncoruna.es/economia/2013/10/28/blusens-tecnology-presenta-concurso-voluntario/776974.html|editor=La Opinión A Coruña|dataacceso=28 de outubro de 2013}}</ref>.

==Notas==
== Notas ==
{{Listaref|2}}
{{Listaref|30em}}

==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.blusens.com Páxina web oficial]
* [http://www.blusens.com Páxina web oficial]
*[http://store.blusens.com Tenda oficial]
* [http://store.blusens.com Tenda oficial]
*[http://www.blugeneration.com/ Páxina da comunidade Blu:Generation]
* [http://www.blugeneration.com/ Páxina da comunidade Blu:Generation]
{{Artigos sobre Santiago de Compostela}}
{{Artigos sobre Santiago de Compostela}}

[[Categoría:Empresas de Galicia]]
[[Categoría:Empresas de Galicia]]

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2016 ás 18:36

Coordenadas: 42°54′15.54″N 8°30′29.96″O / 42.9043167, -8.5083222

Blusens Technology, S.L.

Blu:Sens I+D+I
TipoSociedade Limitada
Fundación2002
LocalizaciónEDIFICIO CNL Avda. Fernando Casas Novoa, 37 Portal B 2º 15703 Santiago de Compostela Galicia Galicia
FundadorMiguel Silva Constenla
Persoas claveJosé Ramón García (Presidente)
Manuel Jove (Ex accionista maioritario)
Industriahardware
Produtoselectrónica de consumo
Beneficio60 millóns de euros, 2011[1]
Número de empregados130 (en 2009)[2]
Na rede
http://blusens.com/
editar datos en Wikidata ]

Blu:Sens é unha empresa galega de ámbito tecnolóxico con sede en Santiago de Compostela. Entre os seus produtos hai televisores, sintonizadores de TDT, reprodutores de DVD, de MP3, localizadores GPS e outros artigos de electrónica de consumo.

Historia

Ideada no 2001, a empresa experimentou un rápido crecemento ata converterse na empresa que máis reprodutores de mp3 vendeu en España no 2006.

A curta historia de Blu:Sens está protagonizada por Miguel Silva e José Ramón García, amigos da infancia. Silva era o responsable de Televés nos Emiratos Árabes. García traballaba como economista na filial de consultoría do grupo vasco Mondragón Corporación Cooperativa. En 2001, xunto a outros dous amigos, crearon Blu:Sens, pasando as horas libres dos seus empregos deseñando un plan de negocio. Cunha longa experiencia desenvolvendo planificación estratéxica para outros empresarios, José Ramón García elaborou un plan de negocio para o seu proxecto de empresa nacente, no que tódolos aspectos do futuro desenvolvemento quedaban estipulados para o período 2002-2005: a que se ía dedicar a empresa, que se ía fabricar, onde comercializalo, e que posicionamento buscar.

Unha das claves do éxito radicou en subcontratar certas tarefas (como a ensamblaxe dos produtos) e centrarse en tarefas que podían darlle valor á empresa: marketing, innovación ou deseño: externalizar procesos produtivos. Por esta razón Blu:Sens buscou acordos na China.

A empresa naceu no 2002 nunha pequena oficina do casco vello de Compostela, con 3000 € de capital, solicitando un millón de euros a tres bancos para os acordos con fabricantes asiáticos. Axiña comezaron a distribuír reprodutores de DVDs, facturando xa en decembro de 2002 un millón de euros.

Blu:Sens ten en España tódolos seus departamentos de deseño, innovación, marketing e comercialización, nos que traballan unhas 90 persoas. Están repartidos entre Santiago, onde está a súa sede social, e Madrid, sede de Opera Wireless, unha das catro filiais da sociedade. As outras filiais están en China (Blu:Sens China), sede da fábrica na que emprega a 220 persoas, e en Dubai (Blu:Star Middle East). En 2007 estaba en fase de crear filiais en Malaisia e México, así como unha sociedade holding, Corporación Blu:Sens, con sede en Galiza.

As maiores inversións de Blu:Sens son para I+D e marketing. Reservan o 10% dos ingresos para desenvolver novos produtos e un 5% para marketing. A empresa paga para que tódalas modelos dos certames de Miss España leven os seus aparellos nos desfiles. En outono de 2007 presentou os novos reprodutores de mp3 no estadio Santiago Bernabeu de Madrid, e para o ano 2008 creou o equipo Blu:Sens Aprilia para o Campionato Mundial de Motociclismo, na categoría de 125cc.

O 8 de abril de 2008 Blu:Sens anunciou a creación do selo discográfico Blu:Sens Music, do que a partir de 2009 se fará cargo a xornalista e produtora Eva Perales[3].

Tralo ascenso do Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto á liga ACB, pasou a denominarse Xacobeo 2010 Blu:Sens.

O 28 de abril de 2008 anunciouse a adquisición por parte de Manuel Jove de case o 50% da empresa a través dunha sociedade súa, o que supón unha importante ampliación de capital que lle permitirá seguir crecendo.

Blu:sens foi denunciada por Televés e condeada en 2012 polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña pola elaboración e distribución dun catálogo en 2009 por entender que infrinxía os dereitos de propiedade intelectual de Televés. Blu:sens tamén foi condeada ao pago de 123 euros[4].

En 2013 Jove deixou de ser accionista da empresa[5]. En xullo de 2013 a empresa presentou pre concurso de acreedores[6]. Blusens Technology SLU, a filial de compras da empresa, presentou concurso voluntario de acreedores en outubro de 2013[7].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas