Fernando de Magalhães: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: arranxiños
Sen resumo de edición
Liña 131: Liña 131:


Só catro homes dos 55 da tripulación orixinal do ''Trinidad'' finalmente regresaron a [[España]] en [[1525]].
Só catro homes dos 55 da tripulación orixinal do ''Trinidad'' finalmente regresaron a [[España]] en [[1525]].

== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}


{{ORDENAR:Magalhaes, Fernao de}}
{{ORDENAR:Magalhaes, Fernao de}}

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2016 ás 12:30

Modelo:Infobox biografía Fernão de Magalhães, nado en Sabrosa (distrito de Vila Real) na primavera de 1480 e finado en Filipinas o 27 de abril de 1521, foi un navegante portugués coñecido porque, ao servizo do rei de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do Océano Pacífico. A súa expedición, posteriormente mandada por Juan Sebastián Elcano, completou en 1522 a primeira viaxe de circunnavegación ao redor da Terra.

Traxectoria

Con 25 anos alistouse na armada que foi á India mandada por Francisco de Almeida, pero o seu nome non figura nas crónicas. Porén, sábese que permaneceu alí oito anos, que estivo en Goa, Cochín, Quíloa, que acompañou a Diogo Lopes de Sequeira a Malaca, viaxe que acabou en naufraxio. Neste período de tempo que viviu no Oriente, Magalhães estableceu estreitas relacións de amizade con Francisco Serrán, que veu ser gobernante nas Molucas; del obtería informacións referentes á situación dos lugares produtores de especias.

Téndose distinguido na defensa de Azamor, en que acompañara ao duque de Bragança, pediu a Manuel I de Portugal unha recompensa polos seus feitos; mais os comentarios que corrían sobre a maneira pouco escrupulosa como dividira os botíns dunha incursión chegaran aos oídos do Rei. Isto levouno a xustificarse perante o rei Manuel I, quen o considerou inocente, aínda que non lle concedeu as mercés pedidas.

En 1517 foi a Sevilla con Rui Faleiro, tendo encontrado no feitor da Casa de la Contratación daquela cidade un adepto do seu proxecto que entre tanto concibira: ofrecerlle ao Rei de España a posibilidade de chegar ás Molucas por mares non reservados aos portugueses no Tratado de Tordesillas e, alén diso, segundo Faleiro, probaríase que aquelas illas das especias se situaban no hemisferio castelán. Coa influencia do bispo de Burgos conseguiron a aprobación do proxecto por parte de Carlos V, e comezaron os preparativos para a viaxe, cheos de incidentes; despois da ruptura con Rui Faleiro, Magalhães continuou a aparellaxe dos cinco navíos que, con 256 homes de tripulación, partiron en setembro de 1519.

A expedición

Réplica da Victoria, a primeira nao en dar a volta ao mundo

A armada fixo escala nas Canarias e alcanzou a costa da América do Sur, chegando o 13 de decembro a Rio de Xaneiro. Continuando para o sur, atinxiron o porto de San Xiao á entrada do estreito, na extremidade da actual costa da Arxentina, onde o capitán decidiu hibernar. Irrompeu entón unha revolta contra a súa autoridade que el conseguiu dominar con habilidosa astucia[Cómpre referencia]. Despois de cinco meses de paraxe, tempo no cal a nave Santiago foi perdida nunha viaxe de recoñecemento, mais tendo sido os seus tripulantes rescatados, Magalhães encontrou o estreito que hoxe leva o seu nome, aprofundándose nel. Noutra viaxe de recoñecemento perdeuse outra nave, mais desta volta tratábase dun motín no Santo Antonio onde a tripulación, sen que soubese nada o seu capitán maior, iniciou unha viaxe de volta (realmente estes completaron a viaxe, espallando ofensas contra Magalhães en España).

En novembro a escuadra atravesou o estreito, penetrando nas augas do mar do sur, bautizado «Pacífico». Despois de cerca de catro meses, a fame, a sede e as doenzas (principalmente o escorbuto) comezaron a decimar a tripulación. No Pacífico encontrou as nebulosas que hoxe ostentan o seu nome: as nebulosas de Magalhães.

Ancorados nas Filipinas en 1521, inmediatamente comezaron cos indíxenas as trocas comerciais. As grandes dificultades da viaxe foran vencidas, mais foi en Cebú onde, atraído a unha emboscada, Magalhães morreu en combate. A expedición proseguiu baio o mando de João Lopes Carvalho, deixando Cebú no inicio de marzo de 1522. Dous meses despois, sería mandada por Juan Sebastián Elcano.

Mapa da expedición: a cor vermella indica a rota percorrida por Magalhães, a laranxa a rota percorrida por Elcano.

O regreso

Armada inicial da expedición de Magalhães, 1519
Navío Tonelaxe Tripulación
Trinidad 110 55
San Antonio 120 60
Concepcion 90 45
Victoria 85 42
Santiago 75 32
Tripulación total: 234
O Victoria de Magalhães

Baixo o mando de Juan Sebastián Elcano, decidiron queimar a nave Concepción, visto o pequeno número de homes para gobernala, e finalmente conseguiron chegar ás Molucas. Trinidad acabou ali permanecendo para reparacións e a Victoria volveu soa para España, contornando o Índico polo sur, co fin de non encontrar navíos portugueses. A Trinidad, após as reparacións, tentou seguir unha ruta polo Pacífico até a América Central, onde podería contactar cos españois e levar a súa carga, pero acabou tendo de retornar ás Molucas onde seus tripulantes foron aprisionados polos portugueses que chegaran. A nau Victoria" dobrou o Cabo de Boa Esperanza en 1522, fixo escala en Cabo Verde, onde algúns homes foron detidos polos portugueses, alcanzando finalmente o porto de Sanlúcar de Barrameda, soamente con 18 homes na tripulación.

Unha única nave completara a circunnavegación do globo ao alcanzar Sevilla o 6 de setembro de 1522. Juan Sebastián Elcano e o resto da tripulación da expedición de Magalhães e o último navío da frota, Victoria, regresaron a España transcorridos practicamente tres anos desde a partida. A expedición de feito trouxo poucos beneficios financeiros, non conseguindo a tripulación recibir o pagamento.

Cronoloxía

  • 1480: Data probábel do nacemento de Fernão de Magallães, talvez en Trás-os-Montes.
  • 1505: Parte para a India na armada de D. Francisco de Almeida.
  • 1509: So o comando de Lopes Sequeira participa na desastrada expedición a Malaca; fai grande amizade con Francisco Serrão.
  • 1511: Participa, so o comando de Afonso de Albuquerque, na conquista de Malaca.
  • 1513: Regresa a Lisboa.
  • 1514: É ferido en combate, en Azamor (Marrocos); novamente en Lisboa, D. Manuel recúsalle aumento de tenza.
  • 1517: Diríxese a Sevilla para presentar a Carlos V o seu plan de alcanzar as Illas das Especias por Occidente.
  • 1519: Inicia a que será a primeira viaxe de circunnavegación; alcanza a baía da Guanabara.
  • 1520: Alcanza a foz do Rio da Prata; fai invernada na baía de S. Julián; domina motín; atravesa o Estreito e desemboca no Pacífico.
  • 1521: Descobre a Illa dos Ladróns; descobre o arquipélago das Filipinas e aí é morto en combate.
  • 1522: Sebastián Elcano conclúe a primeira viaxe de circunnavegación.

Tripulación supervivente

Estes 18 homes regresaron a Sevilla no Victoria en 1522
Nome Posto
Juan Sebastián Elcano, de Getaria Mestre
Francisco Albo, de Rodas (en Tui) Piloto
Miguel de Rodas, en Tui Piloto
Juan de Acurio, de Bermeo Piloto
Antonio Lombardo (Pigafetta), de Vicenza Supernumerario
Martín de Judicibus, de Xénova Xefe de embarcación
Hernando de Bustamante, de Alcántara Mariñeiro
Nicholas o Grego, de Nápoles Mariñeiro
Miguel Sánchez, de Rodas (en Tui) Mariñeiro
Antonio Hernandez Colmenero, de Huelva Mariñeiro
Francisco Rodrigues, Portugués de Sevilla Mariñeiro
Juan Rodríguez, de Huelva Mariñeiro
Diego Carmena, de Baiona Mariñeiro
Hans de Aachen Artilleiro
Juan de Arratia, de Bilbao Mariñeiro
Vasco Gómez Gallego o Portugués, de Baiona Mariñeiro
Juan de Santander, de Cueto (Cantabria) Grumete
Juan de Zubileta, de Barakaldo Paxe, rexistrado no libro de bordo como Juan de Vizcaya con 14 anos de idade

Só catro homes dos 55 da tripulación orixinal do Trinidad finalmente regresaron a España en 1525.

Véxase tamén