Euloxio R. Ruibal: Diferenzas entre revisións
Liña 60: | Liña 60: | ||
* ''Teatro infantil'' ([[1988]], [[Edicións do Castro]]). |
* ''Teatro infantil'' ([[1988]], [[Edicións do Castro]]). |
||
* ''A fantástica viaxe de Sabela'' ([[1992]], Xerais). |
* ''A fantástica viaxe de Sabela'' ([[1992]], Xerais). |
||
* ''Teatro infantil e xuvenil'' (1992, Editorial Compostela). |
* ''Teatro infantil e xuvenil'' (1992, [[Biblioteca 114]], Editorial Compostela). |
||
=== Ensaio === |
=== Ensaio === |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2016 ás 20:16
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1945 (79 anos) Ordes, Galicia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , dramaturgo , catedrático |
Membro de | |
Xénero artístico | Teatro, narrativa |
Lingua | Lingua galega |
Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.
Traxectoria
Comezou a súa actividade teatral no grupo Ditea en 1961, baixo a dirección de Agustín Magán, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa (1972), co que realizou varias curtametraxes e documentais (Cuatro por Cuatro, Mesturanza, Holocausto,...).
En 1973 gañou con Zardigot o Premio Abrente de teatro, e en 1975 volveu a conseguir o mesmo galardón con O Cabodano. De 1973 é a súa obra de teatro infantil O roubo do aparello, coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida. En 1976 publica as obras O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro nun único volume. Mais entre 1977 e 1987, por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Volvería a facelo en 1988, mais só teatro infantil ata 1989, data en que publica Azos de esguello (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De 1990 data a súa obra Unha macana de dote. En 2003 publicou o ensaio Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego
Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en marzo de 2005, sendo o actual Arquiveiro-bibliotecario da institución. Actualmente, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela.
Predecesor: Xosé Luís Axeitos Agrelo |
Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 2010-2013 |
Sucesor: Margarita Ledo Andión |
Obra
Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores da Nova Dramaturxia Galega (e usamos esta terminoloxía seguindo a Manuel F. Vieites e non a Manuel Lourenzo e Francisco Pillado), a súa obra está claramente marcada polo teatro épico do xermano Bertolt Brecht, utilizando igualmente o recurso do efecto de distanciamento, propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores do grupo Abrente, existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tradición galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Blanco Amor. Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:
Teatro
- Zardigot (1973, publicada en 1974, Galaxia).
- O roubo do aparello (1973, traducida ao catalán por Jordi Coca co título de Un Invent Extraordinari).
- O cabodano (1975, publicada en 1976, Pico Sacro).
- A sonada e proveitosa enchenta do Marqués Ruschetino no derradeiro século da súa vida (1975, Pico Sacro).
- As falcatrúas do Marqués Patacón (versión libre do anónimo medieval Le Fairce de Mêtre Pathélen).
- O cabodano. Cousas da morte. A sombra do bon cabaleiro (1977, Pico Sacro).
- Azos de esguello (1990, Xerais).
- Brinquemos ó teatro (1990, Xunta de Galicia). Traducido ao castelán no 1999 en Ediciones de la Torre como Jugamos a hacer teatro: recursos teatrales.
- Unha macana de dote (1990, Sotelo Blanco).
- Teatro mínimo (1991, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- O Son da buguina (1999, Tris Tram).
- Minimalia. 20 pezas de teatro breve (2004 Universidade da Coruña).
- Namberguán: guión de cinema (2008, Laiovento).
- Labirinto da memoria: friso contemporáneo (2010, Toxosoutos).
Narrativa
- De corpo enteiro (1994, Xerais).
- A fonte de Ana Manana (1994, Castromil).
- Casarriba (2000, Espiral Maior).
Literatura infanto-xuvenil
- Teatro infantil (1988, Edicións do Castro).
- A fantástica viaxe de Sabela (1992, Xerais).
- Teatro infantil e xuvenil (1992, Biblioteca 114, Editorial Compostela).
Ensaio
- Compostela na historia (2000, A Nosa Terra).
- Xogo de máscaras: escritos sobre teatro galego (2003, Espiral Maior).
- Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo (2006, Real Academia Galega).
- Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973) (2006, Tris Tram).
- Escena aperta. Escritos sobre teatro (2009, Laiovento).
Poesía
- Caderno de Ordes (2012, Toxosoutos).
Obras colectivas
- Homenaxe a Luís Seoane (1977).
- Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube).
- Tentativas sobre Dieste (1995, Sotelo Blanco).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Maremia, O circo da medianoite, de Manuel Lourenzo e As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño (1997,AS-PG/A Nosa Terra).
- Poetas e narradores nas súas voces. Vol 2 (2006, Consello da Cultura Galega).
Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.
Premios
- Premio Abrente de teatro en 1973, por Zardigot.
- Premio Abrente de teatro en 1975, por O cabodano.
- Gañador da primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho no 1974, por O roubo do espello.
- Premio Álvaro Cunqueiro no 1989, por Azos de esguello.
- Premio Valle-Inclán da Deputación de Pontevedra no 2005, por Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973).
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euloxio R. Ruibal |
Ligazóns externas
- Ficha do autor na AELG
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Bibliografía
- Teatro, cerimonia e xogo: a traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio R. Ruibal. Anxo Abuín. 2001. Editorial Tris Tram.