Zona fasciculada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:


Os [[tumor]]es adrenais que producen [èsteroide]]s e [[hiperplasia]] da zona fasciculada dan lugar a un exceso de produción de cortisole son a causa da [[síndrome de Cushing]] adrenal. Outro [[trastorno xenético]] chamado [[síndrome de McCune-Albright]] pode tamén presentar síndrome de Cushing en pacientes afectados.
Os [[tumor]]es adrenais que producen [èsteroide]]s e [[hiperplasia]] da zona fasciculada dan lugar a un exceso de produción de cortisole son a causa da [[síndrome de Cushing]] adrenal. Outro [[trastorno xenético]] chamado [[síndrome de McCune-Albright]] pode tamén presentar síndrome de Cushing en pacientes afectados.
[[Ficheiro:Adrenal gland (zona fasiculata).JPG|miniatura|200px|none|Capa da zona fasciculada da glándula adrenal.]]
[[Ficheiro:Adrenal gland (zona glomerulosa).JPG|miniatura|200px|none|Capas do córtex adrenal. A que está sinalada co punteiro é a zona glomerulosa. Debaixo dela está a zona fasciculada.]]


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2016 ás 19:28

Zona fasciculada
Capas do córtex adrenal
Latín Zona fasciculata
Gray's pág.1278
Dorlands/Elsevier 12869721

A zona fasciculada (zona fasciculata) constitúe a zona media do córtex adrenal, e está situada debaixo da zona glomerulosa e encima da zona reticular. As células que a forman están organizadas en feixes ou fascículos, de aí o seu nome.

A zona fasciculata produce fundamentalmente glicocorticoides (principalmente cortisol nos humanos), que regulan o metabolismo da glicosa, especialmente en momentos de estrés (por exemplo, como parte da resposta de loita ou fuxida). É estimulada pola hormona adrenocorticotrípica (ACTH), que se libera da porción anterior da hipófise ou pituitaria e actúa sobre a glándula adrenal. Este tecido xera tamén unha pequena cantidade de andróxenos de efecto feble (por exemplo, a deshidroepiandrosterona). Con todo, a principal fonte de andróxenos é a zona reticular, que está debaixo. En certos animais como os roedores, a falta de 17alfa-hidroxilase ten como resultado a síntese de corticosterona en vez de cortisol.

Os tumores adrenais que producen [èsteroide]]s e hiperplasia da zona fasciculada dan lugar a un exceso de produción de cortisole son a causa da síndrome de Cushing adrenal. Outro trastorno xenético chamado síndrome de McCune-Albright pode tamén presentar síndrome de Cushing en pacientes afectados.

Capas do córtex adrenal. A que está sinalada co punteiro é a zona glomerulosa. Debaixo dela está a zona fasciculada.

Véxase tamén

Ligazóns externas