Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios using AWB
==== A política exterior ====
 
Durante estes anos, a crise en que se ve sumido o [[califato abasí]], principal inimigo do Imperio en Oriente, debilita considerabelmente a ofensiva islámica. Con todo, os novos Estados [[musulmáns]] que xurdiron como resultado da disolución do califato, (principalmente os [[aglabí]]s do Norte de África e os [[fatimí]]s de Exipto, loitaron duramente contra os bizantinos pola supremacía no Mediterráneo oriental. Ao longo do século IX, os musulmáns arrebataron definitivamente Sicilia ao Imperio. [[illa de Creta|Creta]] xa fora conquistada polos árabes en 824. O [[século X]] foi unha época de importantes ofensivas contra o Islam, que permitiron recuperar territorios perdidos moitos séculos antes: [[Nicéforo Focas]] (963-969) reconquistou o norte de Siria, incluíndo a cidade de Antioquía (969), así como as illas de Creta (961) e [[Chipre]] (965).
 
O grande inimigo occidental do Imperio durante esta etapa foi o Estado búlgaro. Convertida ao cristianismo a mediados do século IX, Bulgaria alcanzou o seu apoxeo en tempos do tsar [[Simeón I de Bulgaria|Simeón]] (893-927), educado en Constantinopla. Desde 896 o Imperio estivo obrigado a pagar un tributo a Bulgaria, e, en 913, Simeón estivo a piques de atacar a capital. Á morte deste monarca, en 927, o seu reino comprendía boa parte de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e de [[Tracia]], xunto con [[Serbia]] e [[Albania]]. O poder de Bulgaria foi con todo declinando durante o século X, e, a principios do século seguinte, [[Basilio II]] (976-1025), chamado ''Bulgaróctonos'' ("matador de búlgaros") invadiu Bulgaria e anexionouna ao Imperio, dividíndoa en catro ''themata''.
=== Demografía ===
 
Son moi poucos os datos que poden permitirnos calcular a poboación do Imperio Bizantino. J. C. Russell<ref> «Late Ancient and Medieval Population» (''Transactions of the American Philosophical Society'', 48 (3), 1958)</ref> estima que a finais do século IV a poboación total do Imperio Romano de Oriente era duns 25 millóns, repartidos nun área de aproximadamente 1&nbsp;600&nbsp;000 [[quilómetro cadrado|km²]]. Cara ao século IX, con todo, trala perda das provincias de Siria, Exipto e Palestina e a crise de poboación do [[século VI]], habitarían o Imperio ao redor de 13 millóns de persoas nun territorio de 745.000 &nbsp;km².
 
Cara ao [[século XIII]], coas importantes minguas territoriais sufridas polo Imperio, non é probábel que o ''basiléus'' rexese os destinos de máis de 4&nbsp;000&nbsp;000 de persoas. Desde entón o territorio do imperio - e, polo tanto, a súa poboación - foi decrecendo rapidamente ata a caída de Constantinopla en 1453.
A arquitectura bizantina é herdeira da [[arquitectura romana]] e a [[arquitectura paleocristiá]]. É unha arquitectura esencialmente relixiosa, aínda que non faltaron os edificios civís de importancia. Mostra unha marcada predilección polo ladrillo como material de construción (aínda que disimulado por laxas de pedra no exterior e por suntuosos mosaicos no interior). Aínda que utiliza a columna (destaca a substitución do [[ábaco (Arquitectura)|ábaco]] polo [[cimacio]]), a súa innovación máis característica é o uso sistemático da cuberta abovedada. Os tipos de bóveda máis utilizados son [[bóveda de canón|a de canón]] e [[bóveda de aresta|a de aresta]], pero destaca sobre todo a [[cúpula]], coa súa característica base sobre [[pendente]]s (aínda que tamén se empregou ocasionalmente a cúpula sobre [[trompa]]s). En canto á planta, a máis frecuente nos templos é a de [[cruz|cruz grega]], cunha cúpula na intersección das naves. É frecuente que os templos, ademais do corpo de nave principal, posúan un [[adro]] ou ''narthex'', de orixe paleocristiá, e o [[presbiterio]] precedido de [[iconostasio]], chamada así porque sobre este cerramento calado colocábanse as iconas pintadas.
 
Na historia da arte e a arquitectura bizantinos adoitan distinguirse tres períodos ou "Idades de Ouro".
 
# A '''Primeira Idade de Ouro''' ten o seu momento máis representativo na época de Xustiniano, e os seus edificios máis destacados son a [[igrexa dos Santos Serxio e Baco]], a [[igrexa de Santa Irene|de Santa Irene]] e, sobre todo, a [[igrexa de Santa Sofía|de Santa Sofía]], todas elas en Constantinopla.

Menú de navegación