Restauración Meiji: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
{{Contén texto xaponés}}
{{Contén texto xaponés}}
[[Ficheiro:Teenager Meiji Emperor with foreign representatives 1868 1870.jpg|miniatura|300px|Un xove emperador [[Meiji]] con representantes estranxeiros (1868-1870).]]
[[Ficheiro:Teenager Meiji Emperor with foreign representatives 1868 1870.jpg|miniatura|300px|Un xove emperador [[Meiji]] con representantes estranxeiros (1868-1870).]]
A '''Restauración Meiji''' (明治維新, めいじいしん, Meiji Ishin) refírese a unha cadea de eventos que conduciron a un cambio na estrutura política e social do [[Xapón]] no período comprendido de [[1866]] a [[1869]],ref name="beasley">{{Cita libro |apelido =Beasley |nome =William G. | título = The Meiji restoration |url=http://books.google.cat/books?id=k2FQEaQtWHIC&pg=PA247&dq=1866+meiji+restoration+1869&hl=ca&sa=X&ei=xISFUcWsHOqh7Aa95ICwDw&ved=0CFwQ6AEwCQ#v=onepage&q=1866%20meiji%20restoration%201869&f=false |lingua=inglés |editorial =Stanford University Press |data=1972 |páxinas=247 |isbn =0804779902}}</ref> un período de catro anos que abrangue parte do período Edo (tamén denominado ''Bakumatsu'', Shogunato Tokugawa tardío, literalmente últimos momentos de ''Bakufu'') e o comezo da Era Meiji.
A '''Restauración Meiji''' (明治維新, めいじいしん, Meiji Ishin) refírese a unha cadea de eventos que conduciron a un cambio na estrutura política e social do [[Xapón]] no período comprendido de [[1866]] a [[1869]],<ref name="beasley">{{Cita libro |apelido =Beasley |nome =William G. | título = The Meiji restoration |url=http://books.google.cat/books?id=k2FQEaQtWHIC&pg=PA247&dq=1866+meiji+restoration+1869&hl=ca&sa=X&ei=xISFUcWsHOqh7Aa95ICwDw&ved=0CFwQ6AEwCQ#v=onepage&q=1866%20meiji%20restoration%201869&f=false |lingua=inglés |editorial =Stanford University Press |data=1972 |páxinas=247 |isbn =0804779902}}</ref> un período de catro anos que abrangue parte do período Edo (tamén denominado ''Bakumatsu'', Shogunato Tokugawa tardío, literalmente últimos momentos de ''Bakufu'') e o comezo da Era Meiji.


Ó comezo do [[século XIX]], o [[Xapón]] vivía aillado e cunha organización social de carácter [[feudalismo|feudal]] análoga á de [[Europa]] na [[Idade Media]]. A autoridade política era exercida polo '''Shogún''', e a relixiosa polo '''[[Lista de emperadores do Xapón|Emperador]]''' ou Micado, que foi considerado deus vivente ata [[1945]]. Os [[Estados Unidos de América|EUA]] en [[1854]] obrigaron ó Shogún a permiti-lo establecemento de factorías mercantiles en territorio xaponés, seguíndolles outras potencias occidentais. O Emperador [[Emperador de Meiji|Mutsuhito]] estableceu o poder absoluto en [[1868]], inaugurando o período Meiji.
Ó comezo do [[século XIX]], o [[Xapón]] vivía aillado e cunha organización social de carácter [[feudalismo|feudal]] análoga á de [[Europa]] na [[Idade Media]]. A autoridade política era exercida polo '''Shogún''', e a relixiosa polo '''[[Lista de emperadores do Xapón|Emperador]]''' ou Micado, que foi considerado deus vivente ata [[1945]]. Os [[Estados Unidos de América|EUA]] en [[1854]] obrigaron ó Shogún a permiti-lo establecemento de factorías mercantiles en territorio xaponés, seguíndolles outras potencias occidentais. O Emperador [[Emperador de Meiji|Mutsuhito]] estableceu o poder absoluto en [[1868]], inaugurando o período Meiji.

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2016 ás 15:57

Un xove emperador Meiji con representantes estranxeiros (1868-1870).

A Restauración Meiji (明治維新, めいじいしん, Meiji Ishin) refírese a unha cadea de eventos que conduciron a un cambio na estrutura política e social do Xapón no período comprendido de 1866 a 1869,[1] un período de catro anos que abrangue parte do período Edo (tamén denominado Bakumatsu, Shogunato Tokugawa tardío, literalmente últimos momentos de Bakufu) e o comezo da Era Meiji.

Ó comezo do século XIX, o Xapón vivía aillado e cunha organización social de carácter feudal análoga á de Europa na Idade Media. A autoridade política era exercida polo Shogún, e a relixiosa polo Emperador ou Micado, que foi considerado deus vivente ata 1945. Os EUA en 1854 obrigaron ó Shogún a permiti-lo establecemento de factorías mercantiles en territorio xaponés, seguíndolles outras potencias occidentais. O Emperador Mutsuhito estableceu o poder absoluto en 1868, inaugurando o período Meiji.

O Período Meiji ou das reformas, significa o esforzo do Xapón por occidentalizarse, e porse en tódolos aspectos á altura de Occidente. O que conseguiron con incrible rapidez. Ó sentirse fortes, naceron as ambicións expansivas, sendo foco dos principais conflitos armados de finais do século XIX: as guerras sinoxaponesas e a rusoxaponesa.

Características

A restauración Meiji Bakumatsu non Doran (fin do réxime do shogun) foi a caída do réxime despótico no Xapón. Este réxime era moi parecido ao feudalismo europeo, o emperador (que se cría que descendía dos deuses) non tiña o poder real senón que dependía do daimío (señor feudal) máis importante. Este titulábase "shogun", que é o maior rango que un daimío podía obter. Por iso o réxime político chamábase shogunato ou bakufu. Agora ben, Xapón até 1853 permanecera illado do resto do mundo económica e politicamente (excepto para China e Holanda(que gozaban dun porto aberto, Nagasaki). Nesta data chega unha frota armada estadounidense (ao mando do Comodoro Perry) que tiña como propósito demandar un tratado de comercio. Este feito coñécese tamén como "Kurofune raikō" (chegada dos barcos negros). Ao non ter Xapón unha armada para facerlle fronte tivo que aceptar o tratado, evidenciando o débil que era o país.

Esta revolución tivo unha particularidade única na historia; a mesma clase dominante (a aristocracia) foi a que viu a necesidade de cambio e de renunciar aos seus dereitos especiais. Por iso estaban divididos en dous bandos: os Kinnō-no-shishi e os partidarios do shogunato. Os terratenentes (daimyo) que estaban en contra do shogunato lideraron o Kinnō-no-shishi. Entre eles destacan tres dirixentes, o chamado Ishin Sanketsu (o triunvirato de Ishin), cuxos integrantes eran Toshimichi Ōkubo, Takamori Saigō e Takayoshi Kido.

Os partidarios do shogunato contaban con diferentes forzas para enfrontárense a estes revolucionarios; entre eles o Shinsengumi (unha forza paramilitar-policial situada en Kioto). Para 1867 o movemento revolucionario lograra un avance decisivo e o emperador Meiji (que non tiña poder real) dita a orde de disolver o bakufu (shogunado). Pero o shogun Tokugawa Yoshinobu resístese a deixar o poder en mans do Ishin shishi e en 1868 desenvólvense cinco batallas máis, chamadas as Guerras Boshin, en orde cronolóxica son estas: Toba-Fushimi, Monte Ueno, Nagoaka, Aizu e Hakodate.

Posteriormente os samuráis tras os radicais cambios realizados polo emperador, rebélanse contra este, formando un exército cuxo inimigo será o emperador ao abolir os privilexios da clase samurái, os adversarios foron o recentemente fundado corpo de policía, formada en gran parte por samuráis que se puxeron ao servizo do emperador e samuráis dos clans vencedores nas Guerras de Boshin: Satsuma e Chōshū.

Os resultados do cinco guerras foron determinantes e o Shōgun convocou a consello ao Ishin Takamori Saigō, no que estivo presente o xefe de mariña shogunal, Kaishū Katsu. O resultado deste consello foi a rendición do shogunato.

Alianzas e lealdades

A formación en 1866 da alianza Satsuma-Chōshū entre Takamori Saigō, o líder do territorio Satsuma, e Kogorō Katsura, o líder do territorio Chōshū, constrúen os cimentos da restauración Meiji. Estes dous líderes apoiaron ao Emperador Kōmei (pai do emperador Meiji) e aliáronse xunto a Ryōma Sakamoto co propósito de cambiar o goberno do Shogunato Tokugawa (bakufu) e devolver o poder ao emperador. A finais de 1867, o Emperador Meiji ascende ao trono despois da morte do emperador Komei. Este período tamén supuxo un cambio a Xapón desde o comezo dunha sociedade feudal a tomar unha economía capitalista cunha persistente influencia occidental.

Comezo da era Meiji

En 1868 comeza a era Meiji (ou Restauración Meiji). Nesta quedan abolidos os privilexios especiais dos samuráis, dáselle á poboación a posibilidade de portar apelido (privilexio até entón da aristocracia, mentres que a xente levaba o nome da súa profesión, por exemplo, o capitán dun barco chamábase "Anjin" -"capitán"-). Estes cambios provocaron a inestabilidade do país no comezo da era Meiji. Houbo moitos levantamentos, pero pódese destacar o de Takamori Saigō, integrante do triunvirato de Ishin, amigo e compañeiro de Toshimichi Ōkubo. Saigō é derrotado por Ōkubo e feito executar. A era Meiji logrou a estabilidade total despois de catro décadas.

Notas

  1. Beasley, William G. (1972). The Meiji restoration (en inglés). Stanford University Press. p. 247. ISBN 0804779902. 

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • H. Kohachiro Takahashi; Du féodalisme au capitalisme. problèmes da transition; 1982 (Hai tradución ao español en Do feudalismo ao capitalismo; Crítica; 1986).