244.967
edicións
{{Contén texto xaponés}}
[[Ficheiro:Teenager Meiji Emperor with foreign representatives 1868 1870.jpg|miniatura|300px|Un xove emperador [[Meiji]] con representantes estranxeiros (1868-1870).]]
A '''Restauración Meiji''' (明治維新, めいじいしん, Meiji Ishin) refírese a unha cadea de eventos que conduciron a un cambio na estrutura política e social
Ó comezo do [[século XIX]], o [[Xapón]] vivía aillado e cunha organización social de carácter [[feudalismo|feudal]] análoga á de [[Europa]] na [[Idade Media]]. A autoridade política era exercida polo '''Shogún''', e a relixiosa polo '''[[Lista de emperadores do Xapón|Emperador]]''' ou Micado, que foi considerado deus vivente ata [[1945]]. Os [[Estados Unidos de América|EUA]] en [[1854]] obrigaron ó Shogún a permiti-lo establecemento de factorías mercantiles en territorio xaponés, seguíndolles outras potencias occidentais. O Emperador [[Emperador de Meiji|Mutsuhito]] estableceu o poder absoluto en [[1868]], inaugurando o período Meiji.
En 1868 comeza a era Meiji (ou Restauración Meiji). Nesta quedan abolidos os privilexios especiais dos [[samurái]]s, dáselle á poboación a posibilidade de portar apelido (privilexio até entón da aristocracia, mentres que a xente levaba o nome da súa profesión, por exemplo, o capitán dun barco chamábase "Anjin" -"capitán"-). Estes cambios provocaron a inestabilidade do país no comezo da era Meiji. Houbo moitos levantamentos, pero pódese destacar o de Takamori Saigō, integrante do triunvirato de Ishin, amigo e compañeiro de Toshimichi Ōkubo. Saigō é derrotado por Ōkubo e feito executar. A era Meiji logrou a estabilidade total despois de catro décadas.
==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Historia de Xapón]]
* [[Era Meiji]]
|
edicións