Diferenzas entre revisións de «Moraxella»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
}}
 
'''''Moraxella''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[bacteria]]s [[Gram negativa]]s. Poden ter forma de [[bacilo]] curto ou [[cocobacilo]] ou, como no caso de ''[[Moraxella catarrhalis]]'', de [[coco (bacteria)|cocococos]]s asociados en parellas ([[diplococo]]s), ou mesmo en pequenas cadeas. A maioría destes microorganismos son inmóbiles, non esporulados, positivos nas [[proba da oxidase|probas da oxidase]] e [[catalase]].<ref name="Greenwood">Ala'Aldeen, D. A. A. (2007). "Neisseria and moraxella". In Greenwood, David; Slack, Richard; Peitherer, John; & Barer, Mike (Eds.), ''Medical Microbiology'' (17th ed.), p. 258. Elsevier. ISBN 978-0-443-10209-7.</ref> Uns son hemolíticos e algunhas especies son [[cápsula bacteriana|capsuladas]]. Son en xeral organismos [[aerobio]]s aínda que algúns pode ser [[anaerobio]]s facultativos e teñen pouca capacidade para [[fermentación|fermentar]] [[carbohidrato]]s.
 
O seu [[hábitat]] é o ambiente en xeral, pero son máis abondosas na rexión nasofarínxea dalgíns animais, como os bovinos.
 
== Principais especies e patoloxías ==
* ''[[Moraxella catarrhalis]]''. Vive xeralmente nas vías respiratorias, pero pode pasar ás vías respiratorias inferiores en pacientes con trastornos pulmonares crónicos ou [[inmunodeficiencia|inmunodeficientes]], ocasionando traqueobronquite e [[pneumonía]]. Os síntomas son similares aos causados por ''[[Haemophilus influenzae]]'', aínda que é moito menos virulenta. Pode producir tamén [[otite]] e [[sinusite]]. Ao contrario que ''[[Neisseria meningitidis]]'', que morfoloxicamente se parece a ''Moraxella catarrhalis'', moi raramente causa [[bacteremia]] ou [[meninxite]].<ref> "Gonorrhea Laboratory Information: Moraxella catarrhalis". Center for Disease Control and Prevention. Retrieved agosto 2013. [http://www.cdc.gov/std/gonorrhea/lab/Mcat.htm]</ref>
* ''[[Moraxella lacunata]]''. É unha das causas de [[conxuntivite|blefaroconxuntivite]] nos humanos.<ref name="Greenwood"/>
* ''[[Moraxella bovis]]''. Causa unha enfermidade característica na [[conxuntiva]] dos [[bovino]]s, provocando queratoconxuntivite (ollo rosa); noutras partes do corpo este microorganismo é [[saprófito]]. Aerobia estrita.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://medecinepharmacie.univ-fcomte.fr/bacterio_web/img/phototheque/Examens%20microscopiques/CGN/Moraxella_non_liquefasciens_Hemoc.jpg Imaxes]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pseudomonadales]]
393.002

edicións

Menú de navegación