Cogomelo de pé aveludado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Retiro parámetro obsoleto: mes=
Liña 46: Liña 46:


== Propiedades medicinais do ''enokitake'' ==
== Propiedades medicinais do ''enokitake'' ==
Os cogomelos ''enokitake'' posúen [[antioxidante]]s<ref name="pmid = 19323731">{{Cita publicación periódica |autor=Bao HN, Ushio H, Ohshima T |título=Antioxidative activities of mushroom (Flammulina velutipes) extract added to bigeye tuna meat: dose-dependent efficacy and comparison with other biological antioxidants |publicación=Journal of Food Science |volume=74 |número=2 |páxinas=C162–9 |ano=2009 |mes=March |pmid=19323731 |doi=10.1111/j.1750-3841.2009.01069.x}}</ref><ref name="pmid = 18841979 ">{{Cita publicación periódica |autor=Bao HN, Ushio H, Ohshima T |título=Antioxidative activity and antidiscoloration efficacy of ergothioneine in mushroom (Flammulina velutipes) extract added to beef and fish meats |publicación=[[Journal of Agricultural and Food Chemistry]] |volume=56 |número=21 |páxinas=10032–40 |ano=2008 |mes=November |pmid=18841979 |doi=10.1021/jf8017063}}</ref> ao igual que a [[ergothioneine]].<ref name="pmid = 18841979 "/>
Os cogomelos ''enokitake'' posúen [[antioxidante]]s<ref name="pmid = 19323731">{{Cita publicación periódica |autor=Bao HN, Ushio H, Ohshima T |título=Antioxidative activities of mushroom (Flammulina velutipes) extract added to bigeye tuna meat: dose-dependent efficacy and comparison with other biological antioxidants |publicación=Journal of Food Science |volume=74 |número=2 |páxinas=C162–9 |ano=2009 |pmid=19323731 |doi=10.1111/j.1750-3841.2009.01069.x}}</ref><ref name="pmid = 18841979 ">{{Cita publicación periódica |autor=Bao HN, Ushio H, Ohshima T |título=Antioxidative activity and antidiscoloration efficacy of ergothioneine in mushroom (Flammulina velutipes) extract added to beef and fish meats |publicación=[[Journal of Agricultural and Food Chemistry]] |volume=56 |número=21 |páxinas=10032–40 |ano=2008 |pmid=18841979 |doi=10.1021/jf8017063}}</ref> ao igual que a [[ergothioneine]].<ref name="pmid = 18841979 "/>


Estudos da [[Universidade Nacional de Singapur]] publicados por vez primeira en 2005 confirmaron que o pé deste cogomelo contén unha gran cantidade de proteínas, denominadas ''five'', que axudan a regular o sistema de inmunidade. Ensaios en animais indicaron posíbeis usos en [[vacina]]s e [[inmunoloxía de tumores]].<ref>[http://www.nus.edu.sg/research/rg27.php New look at two wonder mushrooms], National University of Singapore, 2005.</ref>
Estudos da [[Universidade Nacional de Singapur]] publicados por vez primeira en 2005 confirmaron que o pé deste cogomelo contén unha gran cantidade de proteínas, denominadas ''five'', que axudan a regular o sistema de inmunidade. Ensaios en animais indicaron posíbeis usos en [[vacina]]s e [[inmunoloxía de tumores]].<ref>[http://www.nus.edu.sg/research/rg27.php New look at two wonder mushrooms], National University of Singapore, 2005.</ref>
Tamén contén flammutoxín, unha proteína [[Citólise|citólica]] e cardiotóxica<ref>{{Cita publicación periódica |autor=Tomita T, Ishikawa D, Noguchi T, Katayama E, Hashimoto Y |título=Assembly of flammutoxin, a cytolytic protein from the edible mushroom Flammulina velutipes, into a pore-forming ring-shaped oligomer on the target cell |publicación=The Biochemical Journal |volume=333 |número=1 |páxinas=129–37 |ano=1998 |mes=xullo |pmid=9639572 |pmc=1219565 |url=http://www.biochemj.org/bj/333/0129/bj3330129.htm}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |autor=Lin JY, Wu HL, Shi GY |título=Toxicity of the cardiotoxic protein flammutoxin, isolate from edible mushroom Flammulina velutipes |publicación=Toxicon |volume=13 |número=5 |páxinas=323–31 |ano=1975 |mes=novembro |pmid=54950 |doi=10.1016/0041-0101(75)90191-9}}</ref> que posibelmente apenas pode absorberse de xeito oral.
Tamén contén flammutoxín, unha proteína [[Citólise|citólica]] e cardiotóxica<ref>{{Cita publicación periódica |autor=Tomita T, Ishikawa D, Noguchi T, Katayama E, Hashimoto Y |título=Assembly of flammutoxin, a cytolytic protein from the edible mushroom Flammulina velutipes, into a pore-forming ring-shaped oligomer on the target cell |publicación=The Biochemical Journal |volume=333 |número=1 |páxinas=129–37 |ano=1998 |pmid=9639572 |pmc=1219565 |url=http://www.biochemj.org/bj/333/0129/bj3330129.htm}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |autor=Lin JY, Wu HL, Shi GY |título=Toxicity of the cardiotoxic protein flammutoxin, isolate from edible mushroom Flammulina velutipes |publicación=Toxicon |volume=13 |número=5 |páxinas=323–31 |ano=1975 |pmid=54950 |doi=10.1016/0041-0101(75)90191-9}}</ref> que posibelmente apenas pode absorberse de xeito oral.


== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2016 ás 21:57

O cogomelo de pé aveludado[1] (Flammulina velutipes), tamén coñecido cos nomes orientais de enoki (エノキ en xaponés) ou cogomelo de agulla de ouro (金針菇 en chinés[2] é un fungo que forma parte dunha familia de cogomelos brancos alongados e finos populares en varias gastronomías asiáticas (tales como a chinesa, xaponesa e coreana). Estes cogomelos pertencen ao xénero Flammulina. Variantes bravas distínguense na cor, textura e grosor e se lles denomina tamén "cogomelo do inverno" ou "talo aveludado".

O cogomelo pódese adquirir natural ou enlatado. Sóese empregar na preparación de sopas, aínda que tamén se poden atopar en ensaladas e outros pratos. Teñen unha textura crocante e se poden conservar no frío até unha semana. Os expertos recomendan enokis frescos de chapeu firme branco e brillante, e cómpre evitarmos aqueles cun mucoso ou marrón.[3]

Características

O cogomelo adoita medrar nos toros do lodoeiro chinés (Celtis sinensis), denominado enoki no Xapón, aínda que tamén poden atoparse noutras árbores coma as moreiras ou os caquiceiros. A diferenza na aparencia dos cogomelos salvaxes e cultivadas é notoria. Os cogomelos cultivados non están expostos á luz, resultando nunha cor abrancazada, mentres que os bravos adoitan ter unha cor acastañada escura. Os cogomelos cultivados medran nunha contorna de alta concentración de CO2 para produciren pés magros e alongados, mentres que os bravos teñen os pés máis curtos e grosos.

A variedade que se atopa nos supermercados é sempre a cultivada, normalmente nunha botella de plástico ou nunha saqueta de vinilo durante 30 días a 15 °C e unha humidade do 70%, nun substrato de serraduras ou mazaroca de millo, ademais doutros ingredientes. Máis tarde, o cogomelo medra durante outros trinta días nunha contorna máis frío pero máis húmida. O crecemento está restrinxido a un papel de forma cónica para obrigar ao cogomelo a medrar de xeito magro e alongado. Os cogomelos dos supermercados a miúdo teñen mostras da botella arredor da base.[4]

O cogomelo é moi sinxelo de cultivar e ten crecido no Xapón durante máis de 300 anos, ao comezo en madeira e despois en botellas. Pódense mercar tamén os kits para o seu cultivo.

En América do Norte pódese atopar unha segunda especie, Flammulina populicola, que tamén se cultiva.

Denominacións vernáculas

O termo enokitakeen xaponés榎茸エノキタケ), enokidakexaponés榎茸エノキダケ), ou enoki (en xaponés:エノキ) deriva do xaponés. En chinés, o cogomelo denomínase jīnzhēngū (金針菇) ou jīngū (金菇). En coreano chámase de paengi beoseot (팽이버섯) e en vietnamita kim châm ou trâm vàng.

Propiedades medicinais do enokitake

Os cogomelos enokitake posúen antioxidantes[5][6] ao igual que a ergothioneine.[6]

Estudos da Universidade Nacional de Singapur publicados por vez primeira en 2005 confirmaron que o pé deste cogomelo contén unha gran cantidade de proteínas, denominadas five, que axudan a regular o sistema de inmunidade. Ensaios en animais indicaron posíbeis usos en vacinas e inmunoloxía de tumores.[7] Tamén contén flammutoxín, unha proteína citólica e cardiotóxica[8][9] que posibelmente apenas pode absorberse de xeito oral.

Galería de imaxes

Notas

  1. Nome vulgar galego en Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, VV. AA. (2012), Termigal, Xunta de Galicia, Real Academia Galega
  2. Enokitake Dictionary.com
  3. Purchasing and Preparing Enoki Mushrooms
  4. Cultivo de Flammulina velutipes (en inglés)
  5. Bao HN, Ushio H, Ohshima T (2009). "Antioxidative activities of mushroom (Flammulina velutipes) extract added to bigeye tuna meat: dose-dependent efficacy and comparison with other biological antioxidants". Journal of Food Science 74 (2): C162–9. PMID 19323731. doi:10.1111/j.1750-3841.2009.01069.x. 
  6. 6,0 6,1 Bao HN, Ushio H, Ohshima T (2008). "Antioxidative activity and antidiscoloration efficacy of ergothioneine in mushroom (Flammulina velutipes) extract added to beef and fish meats". Journal of Agricultural and Food Chemistry 56 (21): 10032–40. PMID 18841979. doi:10.1021/jf8017063. 
  7. New look at two wonder mushrooms, National University of Singapore, 2005.
  8. Tomita T, Ishikawa D, Noguchi T, Katayama E, Hashimoto Y (1998). "Assembly of flammutoxin, a cytolytic protein from the edible mushroom Flammulina velutipes, into a pore-forming ring-shaped oligomer on the target cell". The Biochemical Journal 333 (1): 129–37. PMC 1219565. PMID 9639572. 
  9. Lin JY, Wu HL, Shi GY (1975). "Toxicity of the cardiotoxic protein flammutoxin, isolate from edible mushroom Flammulina velutipes". Toxicon 13 (5): 323–31. PMID 54950. doi:10.1016/0041-0101(75)90191-9. 

Véxase tamén

Outros artigos