Romano Prodi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: sw:Romano Prodi
m Elimínouse a referencia ó ficheiro '''Romano Prodi, 2006 G8 Summit.jpg''' que foi borrado en Commons por ALE!. Motivo: as per discussion on [[w:commons:Commons:Deletion requests/Image:Romano Prodi, 2
Liña 1: Liña 1:

[[Image:Romano Prodi, 2006 G8 Summit.jpg|thumb|200px|Romano Prodi, 2006]]
'''Romano Prodi''' é un político italiano (nacido o [[9 de agosto]] de [[1939]]), de centro-esquerda. Dende [[1996]] ata [[1998]], foi Primeiro Ministro de [[Italia]] (sucedido por [[Silvio Berlusconi]]); dende [[1999]] ata [[2004]], foi Presidente da [[Comisión Europea]] (sucedido por [[José Manuel Durão Barroso]]). Na actualidade, e dende as eleccións en [[abril]] do ano [[2006]], voltou a ser Primeiro Ministro de Italia.

Adóitase referirse a el como ''il Professore'' (o profesor).
Adóitase referirse a el como ''il Professore'' (o profesor).

Revisión como estaba o 31 de maio de 2007 ás 12:06

Romano Prodi é un político italiano (nacido o 9 de agosto de 1939), de centro-esquerda. Dende 1996 ata 1998, foi Primeiro Ministro de Italia (sucedido por Silvio Berlusconi); dende 1999 ata 2004, foi Presidente da Comisión Europea (sucedido por José Manuel Durão Barroso). Na actualidade, e dende as eleccións en abril do ano 2006, voltou a ser Primeiro Ministro de Italia. Adóitase referirse a el como il Professore (o profesor).

Vida

Personal

Naceu en Scandiano, na provincia de Emilia-Romagna. É o oitavo dos nove que tiveron Mario Prodi, un enxeñeiro, e Enrica, unha profesora.

Casou con Flavia Franzoni en 1969 e ten dous fillos. Vive en Bolonia.

Académica

Romano Prodi estudou Dereito na Universidade do Sacro Cuore, en Milán. En 1963, comezou a traballar na Universidade de Bolonia, onde se fixo profesor no ano 1971, posto no que permaneceu ata 1999.

Política

Xa en 1978, foi Ministro de Industria baixo o goberno de Giulio Andreotti. En 1995, comezou a dirixir a coalición de centro-esquerda italiana O Olivo, gañando en 1996 as eleccións para, en 1998, perde-lo goberno por rupturas dentro da súa coalición.

Dende Setembro de 1999, foi Presidente da Comisión Europea, un cargo no que presenciou algún dos máis importantes episodios na historia de Europa (a introdución do euro ou a ampliación de 2004, por exemplo). En 2004, foi substituído por José Manuel Durão Barroso e volveu á política italiana.

No ano 2006, en abril, gañou de novo as eleccións en Italia por unha estreita marxe de votos, que provocou que, por exemplo, non tivese máis que dous escanos de vantaxe no Senado.