Bandeira de Mónaco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 52 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q159746
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 25: Liña 25:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
*[[Escudo de Mónaco]].
* [[Escudo de Mónaco]].
*[[Bandeira de Indonesia]].
* [[Bandeira de Indonesia]].
*[[Bandeira de Singapur]].
* [[Bandeira de Singapur]].
*[[Bandeira de Polonia]].
* [[Bandeira de Polonia]].
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
*{{FOTW|id=mc|título=Mónaco}}
* {{FOTW|id=mc|título=Mónaco}}
*[http://www.crwflags.com/fotw/flags/mc.html Explicación do uso dalgunhas bandeiras monegascas]
* [http://www.crwflags.com/fotw/flags/mc.html Explicación do uso dalgunhas bandeiras monegascas]
*[http://www.flags.net/country.php?country=MONA&section=CURR Bandeira de Mónaco en World Flag Database]
* [http://www.flags.net/country.php?country=MONA&section=CURR Bandeira de Mónaco en World Flag Database]
<br />
<br />
{{Bandeiras de Europa}}
{{Bandeiras de Europa}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Símbolos de Mónaco]]
[[Categoría:Símbolos de Mónaco]]

Revisión como estaba o 16 de marzo de 2016 ás 01:55

 [[|]] A bandeira de Mónaco está formada por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella a superior e branca a inferior, cores heráldicas da Casa de Grimaldi dende polo menos o ano 1339. Mónaco usou unha bandeira como a actual bandeira de Estado pero na que figuraban as versións anteriores do escudo de armas que foi utilizado practicamente dende a fundación do principado (salvo durante o período en que estivo anexionado a Francia de 1793 a 1814). A versión actual da bandeira nacional foi adoptada o 4 de abril de 1881. Existiu un estandarte composto polo "losanxe" coas cores da Casa de Grimaldi (en terminoloxía heráldica "losanxe de prata e goles") moi usado durante o século XVII.

Outras bandeiras

Bandeira de Estado

A bandeira de Estado de Mónaco é de cor branca, as proporcións da súa anchura e lonxitude son de 2:3. No centro da bandeira figura o escudo de Mónaco. Esta bandeira ten poucos usos respecto doutros países: Ízase no palacio do Príncipe, nalgunhas dependencias gobernamentais e como estandarte do Príncipe cando accede ao seu barco.

Estandarte do Príncipe

O estandarte do Príncipe é de cor branca e as súas dimensións son de 3:4 ou 5:6 se se usa con flocos. No centro figuran a coroa do Príncipe (que é unha coroa real) e dúas letras opostas que reproducen a inicial do nome de cada príncipe soberano.

Galería

Bandeiras semellantes

Excepto polas súas proporcións, a bandeira de Mónaco é idéntica ás bandeiras de Indonesia e do estado alemán de Hesse, aínda que ámbalas dúas son máis longas. Tamén é semellante á bandeira de Singapur, a cal ten ademais unha lúa crecente e cinco estrelas na parte superior esquerda, á de Polonia e á do estado alemán de Turinxia, estando nestas últimas dúas as cores invertidas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas