Perpiaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
En [[Galicia]] atopamos perpiaños en moitas das construcións coidadas e/ou cultas coma [[ponte]]s, [[pazo]]s, [[Casa grande|casas grandes]] e urbanas, [[igrexa]]s...moitas veces estas contrucións levan muros de fábrica de [[cachotaría]] reservando o perpiaño para esquinais, e vans.
En [[Galicia]] atopamos perpiaños en moitas das construcións coidadas e/ou cultas coma [[ponte]]s, [[pazo]]s, [[Casa grande|casas grandes]] e urbanas, [[igrexa]]s...moitas veces estas contrucións levan muros de fábrica de [[cachotaría]] reservando o perpiaño para esquinais, e vans.


Os perpiaños teñen un significado simbólico para os [[masonaría|masóns]]. En [[francomasonaría]], o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta.
Os perpiaños teñen un significado simbólico para os [[masonaría|masóns]]. En [[francmasonaría]], o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta.


Cómpre non confundir o significado de ''perpiaño'' en castelán, que sería en galego '''forra''' ou '''tizón''', pedra que atravesa toda a parede dun edificio, e que serve para trabala e reforzala<ref>''Gran dicionario Xerais da lingua galega', 'Vigo, Xerais, 2009; ''Vocabulario ortográfico da lingua galega'', A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref>.
Cómpre non confundir o significado de ''perpiaño'' en castelán, que sería en galego '''forra''' ou '''tizón''', pedra que atravesa toda a parede dun edificio, e que serve para trabala e reforzala<ref>''Gran dicionario Xerais da lingua galega', 'Vigo, Xerais, 2009; ''Vocabulario ortográfico da lingua galega'', A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref>.

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2016 ás 10:25

Parede inca en Machu Picchu, construída con grandes perpiaños.

Un perpiaño é unha pedra regular para a construción xeralmente en forma de paralelepípedo (máis longa ca ancha e de forma rectangular), coas caras sen tallar, e que forma parte das obras de cantaría[1].

A diferenza dos cachotes (cachotaría), o perpiaño está labrado por varias das súas caras para darlle a forma rectangular. Por extensión coñécese por perpiaño a parede feita cos bloques regulares ou perpiaños[2] (técnica que se coñece coma cantaría).

Os perpiaños adoitan ter un tamaño e peso que obriga a manipulalos mediante máquinas, a diferenza dos cachotes, que se poñen a man.

Son usados principalmente na construción de edificios como alternativa ao ladrillo. Xeralmente a cara externa é lisa ou pulida, ocasionalmente poden estar decorados por pequenos sucos gravados. Esta decoración coñécese como a firma do canteiro.

É frecuente atopar perpiaños nas construcións da arquitectura clásica grega e romana e na arquitectura gótica, onde a construción de catedrais fomentou o forte desenvolvemento do movemento masón.

En Galicia atopamos perpiaños en moitas das construcións coidadas e/ou cultas coma pontes, pazos, casas grandes e urbanas, igrexas...moitas veces estas contrucións levan muros de fábrica de cachotaría reservando o perpiaño para esquinais, e vans.

Os perpiaños teñen un significado simbólico para os masóns. En francmasonaría, o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta.

Cómpre non confundir o significado de perpiaño en castelán, que sería en galego forra ou tizón, pedra que atravesa toda a parede dun edificio, e que serve para trabala e reforzala[3].

Notas

  1. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  3. Gran dicionario Xerais da lingua galega', 'Vigo, Xerais, 2009; Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004

Véxase tamén

Outros artigos