Esencia de trementina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
ligazón
Lameiro (conversa | contribucións)
m doulle categoría: Química
Liña 34: Liña 34:


*[http://www.mtas.es/insht/ipcsnspn/nspn1063.htm Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España]: Ficha internacional de seguridade química do aceite de trementina ou augarrás.
*[http://www.mtas.es/insht/ipcsnspn/nspn1063.htm Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España]: Ficha internacional de seguridade química do aceite de trementina ou augarrás.

[[Category:Química]]


[[bg:Терпентин]]
[[bg:Терпентин]]

Revisión como estaba o 30 de maio de 2007 ás 18:46

A Esncia de Trementina ou augarrás (ou aguarrás, adoitando a súa versión castelá), é un líquido volátil e incoloro producido mediante a destilación da resina, tamén chamada miera, dos piñeiros.

Está formado principalmente por unha mestura de hidrocarburos terpénicos, maiormente alfa e beta pinenos, aínda que a súa composición varía dependendo da clase de piñeiro da que proveña a resina.


Augarrás mineral

Sería a auténtica esencia de trementina, que na actualidade é substituída por unha mistura realizada de xeito artificail na preparación de pinturas, vernices e afíns.

Características

A augarrás é un líquido incoloro ou con lixeiro cor amarelado e cheiro característico como a piñeiro.

  • Densidade: 0,850 - 0,860 g/cm³
  • Non é miscible coa auga.
  • Temperatura de inflamación: > 33º C
  • Temperatura de ebulición: > 154º C a 760 mm Hg
  • CAS: 8006-64-2
  • Núm. CE: 232-350-7
  • Perigos para a saúde: Inflamable, nocivo por inhalación, ingestión e en contacto coa pel (pode producir alerxia).
  • Perigos para o medio ambiente: É tóxico para os peixes e as algas.
  • ADR: UN 1299 TREMENTINA, 3, III

É considerada unha Mercadoría perigosa

Usos

O principal uso da augarrás foi sempre como disolvente de pinturas ou como materia curmá para a fabricación de pinturas e vernices. Na actualidade está sendo substituído por mesturas de hidrocarburos máis baratas, tales como o chamado 'white spirit'.

Transformado, a augarrás tamén utilízase para formular repelentes para piollos, xeles para fregas ou emplastes.

Outros usos inclúen a elaboración de fragrancias. Os usos dos pinenos que poden obterse con posteriores destilacións son tamén múltiples.


Manexo como residuo

Debido á toxicidade do augarrás non é adecuado vertelo ao sistema de rede ou ao chan. O augarrás debe ser considerado un refugallo perigoso e a partir do punto de vista ambiental debe tomarse en conta buscar a redución do seu uso, a reutilización e a súa correcta canalización. O augarrás pode ser reempregado se logo de haberse utilizado para lavar unha brocha con pintura déixase un tempo que as partículas desta decántense e entón pode ser colado.

Referencias externas