Dover: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
[[Ficheiro:White cliffs of dover 09 2004.jpg|miniatura|400px|]]
[[Ficheiro:White cliffs of dover 09 2004.jpg|miniatura|400px|]]
[[Ficheiro:Dover Harbour panorama.jpg|400px|miniatura|Panorama]]
[[Ficheiro:Dover Harbour panorama.jpg|400px|miniatura|Panorama]]
'''Dover''' é unha cidade portuaria importante da [[Canle da Mancha]] no condado [[Reino Unido|británico]] de [[Kent]]. A poboación é de 34.200 (en 1991).
'''Dover''' é unha cidade portuaria importante da [[Canle da Mancha]] no condado [[Reino Unido|británico]] de [[Kent, Inglaterra|Kent]]. A poboación é de 34.200 (en 1991).


Este é o punto de [[Gran Bretaña]] máis próximo a [[Francia]] e da [[Europa]] continental, estando a 34 Km do porto de [[Calais]]. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a [[Inglaterra]] o sobrenome de '''Albion''', que quere dicir "branco".
Este é o punto de [[Gran Bretaña]] máis próximo a [[Francia]] e da [[Europa]] continental, estando a 34 Km do porto de [[Calais]]. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a [[Inglaterra]] o sobrenome de '''Albion''', que quere dicir "branco".

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2016 ás 09:09

Localización de Dover
Porto de Dover
Castelo de Dover
Dover
St Mary in Castro & Roman Lighthouse
Castelo de Dover
Dover
Panorama

Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).

Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".

Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido, cuns cantos millóns de persoas pasando polo servizo de ferris cada ano.

Topónimo

O topónimo actual inglés de Dover ten a súa orixe na voz latina Portus Dubris, de orixe desputada, probablemente britónica. O topónimo evolucionou, pasando por formas como Doverre, até o Dover actual, en uso canto menos dende comezos do século XVII.

En galego medieval a localidade recibiu o nome de Dovra ou Doura.

Historia

Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.

Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.

O 26 de maio de 1670 Carlos II de Inglaterra e Luís XIV de Francia asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.