Albaicín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 4: Liña 4:
| Imaxe = El_Albayzín_panorama_(2010).jpg
| Imaxe = El_Albayzín_panorama_(2010).jpg
| Rótulo = Vista do barrio
| Rótulo = Vista do barrio
| Localización = {{ANCb}} [[Granada, España|Granada]]<br>{{Coordenadas|37|10|36|N|3|35|40|W}}
| Localización = {{ANCb}} [[Granada]]<br>{{Coordenadas|37|10|36|N|3|35|40|W}}
| Inscrición = [[1984]]
| Inscrición = [[1984]]
| Criterios = i, iii, iv
| Criterios = i, iii, iv
Liña 10: Liña 10:
| Preposición =
| Preposición =
}}
}}
O '''Albaicín''' ou '''Albayzín''' é un barrio do leste da cidade de [[Granada, España|Granada]], en [[Andalucía]], que conserva a estrutura e aspecto que tiña na época musulmá medieval. Foi declarado [[Patrimonio da Humanidade|Patrimonio Mundial]] pola [[UNESCO]] en [[1948]], xunto coa [[Alhambra]] e o [[Generalife]].
O '''Albaicín''' ou '''Albayzín''' é un barrio do leste da cidade de [[Granada]], en [[Andalucía]], que conserva a estrutura e aspecto que tiña na época musulmá medieval. Foi declarado [[Patrimonio da Humanidade|Patrimonio Mundial]] pola [[UNESCO]] en [[1948]], xunto coa [[Alhambra]] e o [[Generalife]].


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2016 ás 00:03

Alhambra, Generalife e Albaicín de Granada
Vista do barrio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
LocalizaciónAndalucía Granada
37°10′36″N 3°35′40″O / 37.17667, -3.59444
Criteriosi, iii, iv
Inscrición1984
Identificador314

O Albaicín ou Albayzín é un barrio do leste da cidade de Granada, en Andalucía, que conserva a estrutura e aspecto que tiña na época musulmá medieval. Foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1948, xunto coa Alhambra e o Generalife.

Historia

Inicialmente, a poboación situouse na chaira, na antiga cidade de Ilbira, pero no século XI, coa caída do Califato de Córdoba, a inseguridade xeral aconsellou o traslado a Albaicín.

A época nazarí foi a de máis esplendor e influencia do barrio do Albaicín. A trama urbana que se conserva actualmente é a desa época, cunha rede moi complicada de rúas estreitas, dende a parte máis alta (San Nicolás) ata a ribeira do río Darro (Carrera del Darro) e a rúa Elvira, que se unen na Plaza Nueva.

O tipo tradicional de vivenda é o carmen, que consiste nunha casa rodeada dunha pequena horta ou xardín e de muro alto que a separa da rúa. Era moi característica a canalización e distribución de auga potable a través de cisternas subterráneas (aljibe), das que se conservan unhas 28, a maioría aínda en funcionamento.

A situación do barrio sobre a aba da montaña diante da Alhambra propicia unha vistas espectaculares, especialmente, para os turistas, dende a igrexa de San Nicolás. Na zona pódense visitar tamén restos duns baños árabes, o Museo Arqueolóxico de Granada, e a igrexa de San Salvador, edificada sobre os restos dunha mesquita. Tamén se conservan algunhas casas mouriscas.

Actualmente, a afluencia turística e a inmigración dende Marrocos favoreceron, conxuntamente, a formación dunha rede de comercios e restaurantes de ambiente moi caracerístico norteafricano, recuperando, en parte, as orixes do barrio.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Coordenadas: 37°10′36″N 3°35′40″O / 37.17667, -3.59444