Mármore: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 18: Liña 18:
Na [[natureza]], o mármore, atópase en aglomerados irregulares no seo da rocha cristalina primitiva, (onde forma [[Xacemento xeolóxico|xacementos]] irregulares que con frecuencia resultan ser [[filón]]s ) e menos frecuentemente formando [[estrato (xeoloxía)|estratos]] (en capas).
Na [[natureza]], o mármore, atópase en aglomerados irregulares no seo da rocha cristalina primitiva, (onde forma [[Xacemento xeolóxico|xacementos]] irregulares que con frecuencia resultan ser [[filón]]s ) e menos frecuentemente formando [[estrato (xeoloxía)|estratos]] (en capas).


No conxunto do mundo cinco países exportan o 57 % da produción mundial, que son: Italia (20%), China (16%), India (10%), España (6%) e Portugal (5%).<ref>http://www.tunisianindustry.nat.tn/en/download/CEPI/IMCCV02.pdf</ref> En Galicia a presenza do mármore é rara e de pouca importancia económica. Explotouse hai anos unha canteira en Mondoñedo de mármore ornamental gris azulado, e na lista das 71 canteiras de granito españolas figura unha en Moeche<ref>[http://www.marmola.es/canteras-de-marmol/ Marmola.es. Lista de canteras de mármol españolas]</ref>. Tamén se coñece a existencia de mármores en Paradela ao sur de Portomarín, en O Saviñao e Viana do Bolo.<ref>Juan Carlos Mirre. Guía dos minerais de Galicia. Galaxia. (1990). Páxina 174. ISBN 84-7154-729-5.</ref> O principal produtor de mármore mundial é [[Novelda]] na [[provincia de Alacant]], cidade coñecida como ''O País do Mármore''. Ademais existe un mármore branco de grande calidade e con denominación de orixe moi valioso e famoso que é o de [[Macael]] na [[provincia de Almería]], cidade coñecida como ''cidade do ouro branco''. Este mármore atópase en obras tan importantes como o patio dos leóns na [[Alhambra]] de [[Granada, España|Granada]]. Outro mármore ben famoso é o branco de [[Carrara]] ([[Italia]]).
No conxunto do mundo cinco países exportan o 57 % da produción mundial, que son: Italia (20%), China (16%), India (10%), España (6%) e Portugal (5%).<ref>http://www.tunisianindustry.nat.tn/en/download/CEPI/IMCCV02.pdf</ref> En Galicia a presenza do mármore é rara e de pouca importancia económica. Explotouse hai anos unha canteira en Mondoñedo de mármore ornamental gris azulado, e na lista das 71 canteiras de granito españolas figura unha en Moeche<ref>[http://www.marmola.es/canteras-de-marmol/ Marmola.es. Lista de canteras de mármol españolas]</ref>. Tamén se coñece a existencia de mármores en Paradela ao sur de Portomarín, en O Saviñao e Viana do Bolo.<ref>Juan Carlos Mirre. Guía dos minerais de Galicia. Galaxia. (1990). Páxina 174. ISBN 84-7154-729-5.</ref> O principal produtor de mármore mundial é [[Novelda]] na [[provincia de Alacant]], cidade coñecida como ''O País do Mármore''. Ademais existe un mármore branco de grande calidade e con denominación de orixe moi valioso e famoso que é o de [[Macael]] na [[provincia de Almería]], cidade coñecida como ''cidade do ouro branco''. Este mármore atópase en obras tan importantes como o patio dos leóns na [[Alhambra]] de [[Granada]]. Outro mármore ben famoso é o branco de [[Carrara]] ([[Italia]]).


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2016 ás 23:22

O David de Miguel Anxo é unha das esculturas de mármore máis coñecidas do mundo.

O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen as súas características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas entre elas.

Marmorería en Lugo.

Características

Con frecuencia outros minerais aparecen xunto á calcita formando o mármore, como o grafito, a clorita, o talco, a mica, o cuarzo, a pirita e algunhas pedras preciosas como o corindón, o granate, a zirconita etc.

Aténdose ao concepto mineralóxico, (non ao artesanal) só se consideran mármores aos agregados granoso-vítreos, formados basicamente por carbonato de calcio e con trazas máis ou menos significativas de carbonato magnésico (mármore dolomítico).

Orixe

O mármore é unha rocha metamórfica resultante do metamorfismo de rochas carbonatadas sedimentarias, como a calcaria e a dolomía, ou tamén pode provir dun mármore máis antigo. Este proceso de metamorfose causa unha completa recristalización da rocha orixinal nun mosaico entrelazado de calcita, aragonito e cristais de dolomita. As temperatura e presión necesarias para formar mármore destrúen usualmente os fósiles e as texturas sedimentarias presentes na rocha orixinal.

O mármore branco puro é o resultado do metamorfismo de calcarias de gran pureza. Os característicos remuíños e veas dos mármores coloreados son debidos normalmente a diferentes impurezas minerais, como arxila, limo, area, óxido de ferro, ou rochas silíceas coma o xaspe, o sílex, o cuarzo ou ópalo, e que están orixinalmente presentes como grans ou capas na pedra calcaria. A coloración verde é normalmente debida á serpentina resultando do alto contido orixinal de magnesio da calcaria ou a dolomita coas impurezas de sílice. Estas impurezas son mobilizadas e recristalizadas pola calor e as elevadas presións do metamorfismo.

Distribución

Na natureza, o mármore, atópase en aglomerados irregulares no seo da rocha cristalina primitiva, (onde forma xacementos irregulares que con frecuencia resultan ser filóns ) e menos frecuentemente formando estratos (en capas).

No conxunto do mundo cinco países exportan o 57 % da produción mundial, que son: Italia (20%), China (16%), India (10%), España (6%) e Portugal (5%).[1] En Galicia a presenza do mármore é rara e de pouca importancia económica. Explotouse hai anos unha canteira en Mondoñedo de mármore ornamental gris azulado, e na lista das 71 canteiras de granito españolas figura unha en Moeche[2]. Tamén se coñece a existencia de mármores en Paradela ao sur de Portomarín, en O Saviñao e Viana do Bolo.[3] O principal produtor de mármore mundial é Novelda na provincia de Alacant, cidade coñecida como O País do Mármore. Ademais existe un mármore branco de grande calidade e con denominación de orixe moi valioso e famoso que é o de Macael na provincia de Almería, cidade coñecida como cidade do ouro branco. Este mármore atópase en obras tan importantes como o patio dos leóns na Alhambra de Granada. Outro mármore ben famoso é o branco de Carrara (Italia).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas