Livio Andrónico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Livio Andrónico"
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Da vida deste home —primeiro nome propio na historia da literatura romana— apenas temos datos seguros. Trátase probabelmente dun grego, nado ca. o -284 en Tarento e levado como prisioneiro de guerra, novo aínda -[[-272|272]], a Roma, logo da caída da súa cidade natal. En Roma foi mestre dos fillos do seu señor, oficio que lle v[[-207|a]]<nowiki/>leu a liberdade e a adopción do nome do seu patrón e protector, Lucio Livio, quizá o pai de Marco Livio Salinator, vencedor de [[Asdrúbal Barca]] na Batalla do Metauro no [[-207]] Para celebrar esa vitoria, encargóuselle a composición dun himno en honra de Juno, para o que Livio usou a forma do partenio (do grego párthenoi). En r[[-204|a]]<nowiki/>zón das datas de tales eventos, dátase xeralmente a súa morte uns anos despois, ca. o [[-204|-204.]]
Da vida deste home —primeiro nome propio na historia da literatura romana— apenas temos datos seguros. Trátase probabelmente dun grego, nado ca. o -284 en Tarento e levado como prisioneiro de guerra, novo aínda -[[-272|272]], a Roma, logo da caída da súa cidade natal. En Roma foi mestre dos fillos do seu señor, oficio que lle v[[-207|a]]<nowiki/>leu a liberdade e a adopción do nome do seu patrón e protector, Lucio Livio, quizais o pai de Marco Livio Salinator, vencedor de [[Asdrúbal Barca]] na Batalla do Metauro no [[-207]] Para celebrar esa vitoria, encargóuselle a composición dun himno en honra de Juno, para o que Livio usou a forma do partenio (do grego párthenoi). En r[[-204|a]]<nowiki/>zón das datas de tales eventos, dátase xeralmente a súa morte uns anos despois, ca. o [[-204|-204.]]


== Obra ==
== Obra ==
A pesar de que toda a súa obra está practicamente perdida - só se conserva ao redor dun centenar de versos dispersos -, Andrónico é citado polos autores latinos posteriores como o introductor en Roma de xéneros literarios gregos tan diversos como a poesía épica, a [[traxedia]], a [[comedia]] e mesmo a poesía lírica. Así, Aulo Gelio XVII 21, 42 e XVIII 9, 5; [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], Brutus 18, 71 ss., e [[Tito Livio]], [[Ab urbe condita libri|Ab urbe condita]] Vll 2, 8, e XXVII 37, 7.
A pesar de que toda a súa obra está practicamente perdida - só se conserva ao redor dun centenar de versos dispersos -, Andrónico é citado polos autores latinos posteriores como o introductor en Roma de xéneros literarios gregos tan diversos como a poesía épica, a [[traxedia]], a [[comedia]] e mesmo a poesía lírica. Así, Aulo Gelio XVII 21, 42 e XVIII 9, 5; [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], Brutus 18, 71 ss., e [[Tito Livio]], [[Ab urbe condita libri|Ab urbe condita]] Vll 2, 8, e XXVII 37, 7.


De [[-240|a]]<nowiki/>cordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no [[-240]]. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos ''ludi romani'' celebrados tras a vitoria romana na [[Primeira Guerra Púnica|primeira guerra púnica.]] Este ensaio, que moi verosímilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do [[Lacio|Lacio.]] Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposible precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias Achilles, Aegisthus, Aiax, Andrómeda, Danae, Equos Troianus, Hermiona, Tereus e quizá Ino. Edítanse como seus os fragmentos das comedias Gladiolus, Ludius, Virgo.
De [[-240|a]]<nowiki/>cordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no [[-240]]. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos ''ludi romani'' celebrados tras a vitoria romana na [[Primeira Guerra Púnica|primeira guerra púnica.]] Este ensaio, que moi verosímilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do [[Lacio|Lacio.]] Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposible precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias Achilles, Aegisthus, Aiax, Andrómeda, Danae, Equos Troianus, Hermiona, Tereus e quizais Ino. Edítanse como seus os fragmentos das comedias Gladiolus, Ludius, Virgo.


Posibelmente anterior a esta actividade foi a súa versión da Odisea homérica, texto sobre o que debeu virar a súa actividade docente na escola. Dos apenas 50 versos que nos chegaron desta obra é posible concluír que:
Posibelmente anterior a esta actividade foi a súa versión da Odisea homérica, texto sobre o que debeu virar a súa actividade docente na escola. Dos apenas 50 versos que nos chegaron desta obra é posible concluír que:
* Non está escrita en [[Métrica grecolatina|hexámetros dactílicos]], senón en verso saturnio, metro cuantitativo de características moi polémicas: de orixe itálica, quizá [[Etruscos|etrusco]], para uns; non exento de influencias gregas para orientacións máis actuais.
* Non está escrita en [[Métrica grecolatina|hexámetros dactílicos]], senón en verso saturnio, metro cuantitativo de características moi polémicas: de orixe itálica, quizais [[Etruscos|etrusco]], para uns; non exento de influencias gregas para orientacións máis actuais.


* O poeta pretendeu romanizar a epopea. Divindades gregas identifícanse con deuses romanos: [[Hermes]] é [[Mercurio (deus)|Mercurio]]; [[Cronos|Crono]] é [[Saturno (deus)|Saturno]]; as [[Musa|musas]] identifícanse coas Camenas.
* O poeta pretendeu romanizar a epopea. Divindades gregas identifícanse con deuses romanos: [[Hermes]] é [[Mercurio (deus)|Mercurio]]; [[Cronos|Crono]] é [[Saturno (deus)|Saturno]]; as [[Musa|musas]] identifícanse coas Camenas.

Revisión como estaba o 29 de febreiro de 2016 ás 09:12

Livio Andrónico (en latín Lucius Livius Andronicus), nado o -284 e finado o 204, foi un escritor épico romano de orixe grega, nado probabelmente na colonia grega de Tarento. Foi escravo dunha familia nobre da gens Livia. Daquela liberto, adoptou o nome do seu antigo patrón. Chegou a ser o primeiro mestre grego de Roma. É considerado o primeiro autor romano e o fundador da poesía épica romana. A súa primeira obra formal produciuna en -240, unha tradución ao latín dun drama grego. A súa contribución fundamental á épica grecolatina é a tradución da Odisea de Homero ao verso latino típico, o saturnio. Trátase da primeira obra épica en latín, precursora da obra de Nevio. Tamén compuxo traxedias a partir de modelos gregos.

Traxectoria

Da vida deste home —primeiro nome propio na historia da literatura romana— apenas temos datos seguros. Trátase probabelmente dun grego, nado ca. o -284 en Tarento e levado como prisioneiro de guerra, novo aínda -272, a Roma, logo da caída da súa cidade natal. En Roma foi mestre dos fillos do seu señor, oficio que lle valeu a liberdade e a adopción do nome do seu patrón e protector, Lucio Livio, quizais o pai de Marco Livio Salinator, vencedor de Asdrúbal Barca na Batalla do Metauro no -207 Para celebrar esa vitoria, encargóuselle a composición dun himno en honra de Juno, para o que Livio usou a forma do partenio (do grego párthenoi). En razón das datas de tales eventos, dátase xeralmente a súa morte uns anos despois, ca. o -204.

Obra

A pesar de que toda a súa obra está practicamente perdida - só se conserva ao redor dun centenar de versos dispersos -, Andrónico é citado polos autores latinos posteriores como o introductor en Roma de xéneros literarios gregos tan diversos como a poesía épica, a traxedia, a comedia e mesmo a poesía lírica. Así, Aulo Gelio XVII 21, 42 e XVIII 9, 5; Cicerón, Brutus 18, 71 ss., e Tito Livio, Ab urbe condita Vll 2, 8, e XXVII 37, 7.

De acordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no -240. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos ludi romani celebrados tras a vitoria romana na primeira guerra púnica. Este ensaio, que moi verosímilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do Lacio. Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposible precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias Achilles, Aegisthus, Aiax, Andrómeda, Danae, Equos Troianus, Hermiona, Tereus e quizais Ino. Edítanse como seus os fragmentos das comedias Gladiolus, Ludius, Virgo.

Posibelmente anterior a esta actividade foi a súa versión da Odisea homérica, texto sobre o que debeu virar a súa actividade docente na escola. Dos apenas 50 versos que nos chegaron desta obra é posible concluír que:

  • Non está escrita en hexámetros dactílicos, senón en verso saturnio, metro cuantitativo de características moi polémicas: de orixe itálica, quizais etrusco, para uns; non exento de influencias gregas para orientacións máis actuais.
  • O poeta pretendeu romanizar a epopea. Divindades gregas identifícanse con deuses romanos: Hermes é Mercurio; Crono é Saturno; as musas identifícanse coas Camenas.

A súa obra está á base de toda a épica romana e foi estudada na escola de xeración en xeración polo menos até finais do século I a. C. Da súa vixencia dannos fe homes desta época como Cicerón, na pasaxe citada do Brutus, e Horacio, nas Epístolas 11 1, 69. Livio Andronico ten un importante lugar na historia literaria de Roma como introductor da cultura grega e creador dunha institución, a escola. Gañou así unha decisiva influencia na vida e costumes culturais da cidade.

Notas

  • Luciano Canfora, "I classici nella storia della letteratura latina", Laterza, 1994, v. Capítulo I "Roma, cidade grega" (En Italiano). Poden lerse extractos (en francés) en[1]