Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións
m http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2015/12/04/crtvg-extingue-renacer-corporacion/0003_201512G4P56997.htm |
|||
Liña 92: | Liña 92: | ||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.televisiondegalicia.gal/ Páxina web da TVG] |
* [http://www.televisiondegalicia.gal/ Páxina web da TVG] |
||
* [http:// |
* [http://pasouoquepasou.crtvg.es/ Arquivo histórico] |
||
* [http://www.televisiondegalicia.gal/tvg/a-carta Televisión á carta] (vídeos en ''poadcast'') |
|||
* [http://www.youtube.com/TVG Portal en YouTube da TVG] |
* [http://www.youtube.com/TVG Portal en YouTube da TVG] |
||
Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2016 ás 15:04
Coordenadas: 42°53′30.42″N 8°28′10.96″O / 42.8917833, -8.4697111
TVG | |
---|---|
Ficheiro:A galega.jpg | |
Logo da TVG. | |
Inicio das emisións | 24 de xullo de 1985 |
Propiedade de | CRTVG |
Formato da imaxe | 576i (SDTV 16:9) |
Datos de audiencia | 11,7% (xullo de 2013, VerTele) |
País | Galicia |
Lingua | Galego |
Área de emisión | Galicia |
Sede central | Santiago de Compostela |
Canle/s irmá(s) | tvG2 TVG Europa TVG América |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 61 (A Coruña) 40 (Santiago) 59 (Lugo) 62 (Ourense) 58 (Pontevedra) |
Satélite | |
Digital+ | Dial 303 |
Cable | |
R | Dial 110 |
R TVG 2 | Dial 118 |
Bragatel | Dial 29 |
IPTV | |
ONO | Dial 991 |
Imagenio | Dial 174 |
Televisión por Internet | |
TVG á carta | TVG á carta |
Na rede
| |
TVG | |
A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, é unha canle televisiva galega que forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia do Bando, no concello de Santiago de Compostela.
No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia[1], pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia[2].
Historia e características
As obras da súa sede comezaron o 8 de outubro de 1984, a dirección xeral de medios de comunicación tivo que crear unha rede de reemisores[3] para que puidese transmitir, finalmente inaugurou as súas emisións ás 19:30 do 24 de xullo de 1985 cos actos en directo da súa inauguración[4] e pola noite a retransmisión en directo dos actos do Día do Apóstolo en Santiago. O 25 de xullo emitiu a súa primeira película, a curtametraxe Mamasunción de Chano Piñeiro. Logo destas probas suspendeu a transmisión, emitindo nos meses seguintes 150 horas en probas[5] ata o 1 de setembro, cando comezou a programación regular, con 39 horas de emisión á semana. Actualmente emite 168 horas á semana e preto do 70% é de produción propia. [Cómpre referencia]
Ó longo da historia, os diversos directores da canle foron Guillermo Montes, Xosé Luis Blanco Campaña, Gerardo González Martín, Xerardo Rodríguez, Xosé Rodil Lombardía, Arturo Maneiro, Anxo Quintanilla, Suso Iglesias e actualmente Rosa Vilas.
O 31 de decembro de 1996 a canle Galeusca TV, da que tamén formaban parte ETB e TV3, iniciou as súas emisións regulares cara América vía satélite e o 17 de maio do ano seguinte a TVG comezou a transmitir pola internet. Desde a desaparición da Galeusca TV, a TVG emite para o resto de España e Europa por satélite e redes de cable a canle Galicia TV Europa e para América Galicia TV América.
A TVG emite integramente en galego para Galicia, malia iso emite algún programa en castelán para o exterior; a publicidade, que durante moito tempo foi predominantemente en castelán, tende a iguarse nas dúas linguas. Non obstante, a primeira canle televisiva en emitir en galego, malia que parcialmente, foi o Centro Territorial de RTVE en Galicia.
A TVG forma parte da FORTA, unha federación de diferentes televisións autonómicas do estado español.
A segunda canle
- Artigo principal: tvG2.
Aínda que dixera que poría en marcha a súa segunda canle, G2, o 25 de xullo de 2008[6], ao final fíxoo, tras fallar outubro de 2008[7][8], o 2 de febreiro de 2009[9][10]. Facéndoo con retraso, porque xa se apuntara noutrora que ía ser no 2006 e, co anterior director, no 2005.
Esta segunda canle actualmente emite de luns a venres bloques infantís de 13.45 a 15.30 e de 18.00 a 20.30 e o resto das horas reemite a programación de Galicia TV América; as fins de semana están exclusivamente dedicadas ó deporte. O director da CRTVG na época de aparición da G2, Benigno Sánchez, tiña previsto que a canle emitira de luns a venres de 07.00 a 00.45 programación de divulgación, cultural, deportiva, documentais, cine e programación infantil e xuvenil; para as fins de semana centrarse no deporte, con especial atención ó minoritario e ó de base, e na cultura. Na década do 2000, anunciárase a creación dunha canle de noticias para o 2010 e dunha cuarta canle posterior sen confirmar a temática. Finalmente, ningunha destas dúas canles viu a luz.
Imaxe corporativa
-
Logo de Televisión de Galicia dende 1985 a 1996
-
Logo de Televisión de Galicia dende 1996 a 1999
-
Logo de Televisión de Galicia dende 1999 a 2006
-
Logo de Televisión de Galicia dende 2006
Clasificación dos programas máis vistos por tempada
- Artigo principal: Clasificación dos programas galegos máis vistos por tempada.
Notas
- ↑ "A TVG, líder autonómica por primeira vez na súa historia", La Voz de Galicia.
- ↑ Arturo Maneiro e Alfonso Cabaleiro, "A TVG". Lea, 1993, páxina 47.
- ↑ Mª Luz Ríos Rodríguez e Mª Carmen Saavedra Vázquez (coord.) As institucions galegas na historia. USC, 2004, páxina 608
- ↑ 25 anos da TVG
- ↑ Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52
- ↑ El País - La apertura de un segundo canal aboca a TVG a aumentar el gasto
- ↑ Mundoplus - El segundo canal de la TVG costará el primer año dos millones
- ↑ agalega.info - 'Cousiñas' será o primeiro programa da Galega para menores de 3 anos
- ↑ A Nosa Terra - En 15 días emitirá G2, a segunda canle da Galega
- ↑ G2, a segunda canle da Galega, estrearase o vindeiro luns
Véxase tamén
Outros artigos
- Televisión
- CRTVG
- Radio Galega
- G2
- Retegal Operador galego de televisión e radio.