Fondo Monetario Internacional: Diferenzas entre revisións
corrixo |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{1000}} |
{{1000}} |
||
[[Ficheiro:IMF_HQ.jpg|miniatura|dereita|250px|Sede do FMI, Washington]] |
[[Ficheiro:IMF_HQ.jpg|miniatura|dereita|250px|Sede do FMI, Washington]] |
||
O '''Fondo Monetario Internacional''' ( |
O '''Fondo Monetario Internacional''' (en inglés '''International Monetary Fund''', que acostuma abreviarse como '''FMI''' en galego e como '''IMF''' en inglés) é, xunto co [[Banco Mundial]], unha das organizacións internacionais denominadas de [[Bretton Woods]], así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en [[1945]] e ambas organizacións naceron en maio de [[1946]]. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das [[Organización das Nacións Unidas|Nacións Unidas]]. A súa sede radica en [[Washington, D.C.|Washington]] ([[Estados Unidos de América]]). |
||
A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos |
A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da [[globalización]] económica e dos promotores do denominado [[Consenso de Washington]]. |
||
== Fins estatutarios do FMI == |
== Fins estatutarios do FMI == |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
* Facilitar a expansión do [[comercio internacional]], |
* Facilitar a expansión do [[comercio internacional]], |
||
* Promover a estabilidade e a orde dos rendementos dos cambios, evitando [[devaliación]]s competitivas, |
* Promover a estabilidade e a orde dos rendementos dos cambios, evitando [[devaliación]]s competitivas, |
||
* Dar confianza aos Estados membros facendo |
* Dar confianza aos Estados membros facendo dispoñíbeis, con adecuadas garantías, os recursos do Fondo para afrontar dificultades da balanza dos pagamentos, |
||
* En relación co fin anterior, abreviar a duración e reducir a medida dos equilibrios das balanzas dos pagamentos dos Estados membros. |
* En relación co fin anterior, abreviar a duración e reducir a medida dos equilibrios das balanzas dos pagamentos dos Estados membros. |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
== Diferencias entre o FMI e o Banco Mundial == |
== Diferencias entre o FMI e o Banco Mundial == |
||
Hai certa confusión entre o FMI e o [[Banco Mundial]]. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os |
Hai certa confusión entre o FMI e o [[Banco Mundial]]. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os solicitantes (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstimos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstimos han ser pagados nun prazo de 5 anos. |
||
== Directores administrativos == |
== Directores administrativos == |
Revisión como estaba o 27 de febreiro de 2016 ás 03:58
O Fondo Monetario Internacional (en inglés International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto co Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington (Estados Unidos de América).
A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington.
Fins estatutarios do FMI
No artigo 1º do Acordo Constitutivo están definidos os obxectivos do FMI:
- Promover a cooperación monetaria internacional,
- Facilitar a expansión do comercio internacional,
- Promover a estabilidade e a orde dos rendementos dos cambios, evitando devaliacións competitivas,
- Dar confianza aos Estados membros facendo dispoñíbeis, con adecuadas garantías, os recursos do Fondo para afrontar dificultades da balanza dos pagamentos,
- En relación co fin anterior, abreviar a duración e reducir a medida dos equilibrios das balanzas dos pagamentos dos Estados membros.
Estrutura organizativa do FMI
Os órganos principais do FMI son o Consello de Gobernadores (Board of Governors) de composición plenaria; o Consello Executivo ), composto de 24 Directores Executivos (Executive Directors) e o Director Operativo (Managing Director).
O Consello de Gobernadores reúnese, por norma, una vez al año e as súas funcións son en boa medida delegadas ao Consello Executivo, que é permanente.
Dos membros do Consello Executivo 5 son permanentes e pertencen aos 5 Estados que contribúen coa maior cota ao Fondo (Estados Unidos, Xapón, Alemaña, Francia e o Reino Unido), entanto os outros son elixidos polo Consello dos Gobernadores a partir dun sistema de reagrupamentos de países (non necesariamente sobre base rexional).
O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e presídeo.
O FMI dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devengada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os Estados Unidos de América e o grupo dos principais países da Unión Europea posúen de feito o poder de veto.
Diferencias entre o FMI e o Banco Mundial
Hai certa confusión entre o FMI e o Banco Mundial. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os solicitantes (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstimos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstimos han ser pagados nun prazo de 5 anos.
Directores administrativos
Non é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do Banco Mundial, norteamericano.
- Maio 1946 - maio 1951, Camille Gutt, Bélxica
- Agosto 1951 - outubro 1956, Ivar Rooth, Suecia
- Decembro 1956 - maio 1963, Per Jacobsson, Suecia
- Setembro 1963 - Setembro 1973, Pierre-Paul Schweitzer, Francia
- Setembro 1973 - Xuño 1978, Johannes Witteveen, Países Baixos
- Xuño 1978 - xaneiro 1987, Jacques de Larosière, Francia
- Xaneiro 1987 - febreiro 2000, Michel Camdessus, Francia
- Maio 2000 - marzo 2004, Horst Köhler, Alemaña
- Marzo 2004 - maio 2004, Anne Krueger, Estados Unidos (non foi titular)
- Maio 2004 - novembro 2007 Rodrigo Rato, España
- Novembro 2007 - maio de 2011 Dominique Strauss-Kahn, Francia
- Xuño de 2011 - actualidade Christine Lagarde