Santarém, Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
O século XIX foi de repunte para a cidade, que veu construír unha ponte ferroviaria sobre o Texo en [[1861]]. No XX, Santarém continuou a recobrarse, aínda que un tanto de vagar.
O século XIX foi de repunte para a cidade, que veu construír unha ponte ferroviaria sobre o Texo en [[1861]]. No XX, Santarém continuou a recobrarse, aínda que un tanto de vagar.


==Lugares de interese==

Entre os sitios dignos de ser visitados na cidade encóntranse:
*o '''Seminario''', cunha imponente igrexa, foi construído polos [[xesuíta]]s no 1671, no lugar onde se ubicaba o pazo real.
*'''Convento de San Francisco''', fundado na primeira metade do [[século XIII]] e reconstruído no [[século XIV|XIV]] cun claustro gótico-manuelino; a igrexa, anterior, é románico-gótica.
*'''Igrexa de Santa Clara''' do século XIII, custodia a tomba de [[dona Leonor]], filla do rei [[Afonso III de Portugal|Afonso III]], fundadora do convento, do que formaba parte o templo.
*'''Igrexa da Marvila''' do [[século XVII]], ricamente decorada de [[azulexo]]s.
*'''Igrexa da Graça''' do 1380, en estilo gótico florido; contén a tomba de [[Alfonso Tellez de Meneses]], fundador da igrexa, a do sobriño [[Pedro de Meneses]] e a do descubridor e navegante [[Pedro Álvares Cabral]] (1467-1526), que estaba esposado cunha Meneses.
*'''Museu Arqueolóxico''', colocado dentro da '''Basilica de San Xoán de Alpordo''', románico-gótica, recolle obxevtos variados do período da dominación islámica e da época manuelina.
*'''Xardín das Portas do Sol''', é un parque público urbano, sobre o sitio da antiga cidadela árabe.





Revisión como estaba o 28 de maio de 2007 ás 23:21

Situación de Santarém en Portugal

Santarém é uma cidade portuguesa, capital do distrito de Santarém, con cerca de 28.900 habitantes (32.000 na área urbana).

Desde 2002 que está integrada na rexión estadística (NUTS II) do Alentexo e na subrexión estatística (NUTS III) da Lezíria do Texo; até aí facia parte da antiga rexión de Lisboa e Val do Texo. Pertencia aínda á antiga província do Ribatexo (hoxe porén sen calquer significado político-administrativo), da cal era capital.

É tamén sede dun concello con 558,29 km² de área e 63.563 habitantes (2001), subdividido em 28 freguesías. O municipio é limitado ao Norte polos concellos de Porto de Mós, Alcanena e Torres Novas, ao Leste pola Golegã e pola Chamusca, ao Sureste por Alpiarça e Almeirim, ao Sur polo Cartaxo, a Sudoeste pola Azambuja e ao Oeste por Rio Maior.

Historia

A rexión de Santarém foi poboada na época prerromana por lusitanos. Atribúese a fundación da cidade ao romanos, que ocuparan a zona durante o século II a.C., denominándoa Scalabis. Ao longo do período romano, Sacalabis fora un importante posto comercial no Texo medio, e como capital do convento escalabitano, un dos tres da provincia da Lusitania.

Logo do período visigótico, Scalabis foi ocupada polos musulmáns no século VIII d.C., que converteran a cidade nun notábel centro cultural. Aquí naceran o poeta e historiador Ibn Sassam (falecido en 1147) e o poeta Ibn Sara (1043-1123).

O dominio islámico findou en 1147, cando Afonso Henríques, o primeiro monarca portugués, tomou a cidade. No mesmo ano fora tomada tamén Lisboa. Ambos casos foran etapas cruciais no desenvolvemento da Reconquista portuguesa.

Posteriormente, Santarém tornouse nunha cidade visitada con frecuencia polos reis portugueses, sendo a miudo sede das reunións das Cortes. O rei Fernando I foi moi amante desta cidade, facéndose sepultar nela, no convento de San Francisco (porén a súa tomba está hoxe no convento do Carmo, en Lisboa). A cidade foi así unha das máis importantes do Portugal da Idade Media, como testemuñan os seus monumentos, nomeadamente mosteiros, e o desaparecido pazo real (actualmente desaparecido); como o estilo predominante fora gótico, Santarém é denominada a "Capital do Gótico portugués".

No século XV, planificouse no pazo real a conquista de Ceuta, acontecida en 1415. Importantes personalidades da Era dos Descubrimentos eran naturais de Santarém, como Pedro de Meneses, primeiro gobernador de Ceuta, enterrado na igrexa da Graça. No mesmo templo está sepultado Pedro Álvares Cabral, descubridor do Brasil en 1500.

Os séculos seguintes foran de decadencia para Santarém. En 1755 o coñecido terremoto de Lisboa, sacudira fortemente a cidade que perdeu importantes monumentos. Durante a Guerra Peninsular, as tropas napoleónicas saquearan a cidade.

O século XIX foi de repunte para a cidade, que veu construír unha ponte ferroviaria sobre o Texo en 1861. No XX, Santarém continuou a recobrarse, aínda que un tanto de vagar.

Lugares de interese

Entre os sitios dignos de ser visitados na cidade encóntranse:

  • o Seminario, cunha imponente igrexa, foi construído polos xesuítas no 1671, no lugar onde se ubicaba o pazo real.
  • Convento de San Francisco, fundado na primeira metade do século XIII e reconstruído no XIV cun claustro gótico-manuelino; a igrexa, anterior, é románico-gótica.
  • Igrexa de Santa Clara do século XIII, custodia a tomba de dona Leonor, filla do rei Afonso III, fundadora do convento, do que formaba parte o templo.
  • Igrexa da Marvila do século XVII, ricamente decorada de azulexos.
  • Igrexa da Graça do 1380, en estilo gótico florido; contén a tomba de Alfonso Tellez de Meneses, fundador da igrexa, a do sobriño Pedro de Meneses e a do descubridor e navegante Pedro Álvares Cabral (1467-1526), que estaba esposado cunha Meneses.
  • Museu Arqueolóxico, colocado dentro da Basilica de San Xoán de Alpordo, románico-gótica, recolle obxevtos variados do período da dominación islámica e da época manuelina.
  • Xardín das Portas do Sol, é un parque público urbano, sobre o sitio da antiga cidadela árabe.