Villa Baviera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Villa Baviera.jpg|miniatura|dereita|250px|Villa Baviera en febreiro de [[2014]].]]
[[Ficheiro:Villa Baviera.jpg|miniatura|dereita|250px|Villa Baviera en febreiro de [[2014]].]]
'''Villa Baviera''', coñecida anteriormente como '''Colonia Dignidad''' (antes '''Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad'''<ref name="Brescia (2003)">{{cita novas|apelidos=Brescia|nome=Maura|título=El imperio financiero de Schäfer|url=http://www.elperiodista.cl/newtenberg/1396/article-32972.html|dataacceso=22 de febreiro de 2016|obra=El Periodista|data=22 de xuño de 2003}}</ref>), é unha localidade [[Chile|chilena]] que se atopa nunha zona illada do centro do país e pertence á comuna de [[Parral, Chile|Parral]], na [[provincia de Linares]], [[rexión do Maule]]. Está 35 km ao surleste de Parral, que tamén é a cidade máis achegada. Segundo o censo de 2002 contaba con 198 habitantes.
'''Villa Baviera''', coñecida anteriormente como '''Colonia Dignidad''' (antes '''Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad'''<ref name="Brescia (2003)">{{cita novas|apelidos=Brescia|nome=Maura|título=El imperio financiero de Schäfer|url=http://www.elperiodista.cl/newtenberg/1396/article-32972.html|dataacceso=22 de febreiro de 2016|obra=El Periodista|data=22 de xuño de 2003}}</ref>), é unha localidade [[Chile|chilena]] que se atopa nunha zona illada do centro do país e pertence á comuna de [[Parral, Chile|Parral]], na [[provincia de Linares]], [[rexión do Maule]]. Está 35 km ao sueste de Parral, que tamén é a cidade máis achegada. Segundo o censo de 2002 contaba con 198 habitantes.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2016 ás 22:28

Villa Baviera en febreiro de 2014.

Villa Baviera, coñecida anteriormente como Colonia Dignidad (antes Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad[1]), é unha localidade chilena que se atopa nunha zona illada do centro do país e pertence á comuna de Parral, na provincia de Linares, rexión do Maule. Está 35 km ao sueste de Parral, que tamén é a cidade máis achegada. Segundo o censo de 2002 contaba con 198 habitantes.

Historia

Foi fundada en Chile en 1961[2] por inmigrantes alemáns liderados por Paul Schäfer, un fuxitivo con cargos de abusos sexuais a menores na República Federal Alemá. Na súa etapa de maior apoxeo chegou a acoller a uns 300 residentes tanto alemáns como chilenos e abranguía unha superficie de 137 km²[3]. A principal actividade económica da colonia era a agricultura, pero tamén tiña unha escola, un hospital, dúas pistas de aterraxe, un restaurante e mesmo un central eléctrica. Porén, a colonia era moi hermética e secreta de cara ao exterior, xa que estaba arrodeada por arame con púas, focos e torres de vixilancia. Tamén contiña depósitos de armas secretos (entre as que se incluía un carro de combate coñecido como a "eiruga"). Foi un centro de detención e tortura en tempos da ditadura de Augusto Pinochet.

Notas

  1. Brescia, Maura (22 de xuño de 2003). "El imperio financiero de Schäfer". El Periodista. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  2. Infield, Glenn (1981). Stein and Day, ed. Secrets of the SS. p. 206. 
  3. Branford, Becky (11 de marzo de 2005). "Secrets of ex-Nazi's Chilean fiefdom". BBC News. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas