Villa Baviera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
máis da wiki.en
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
[[Ficheiro:Villa Baviera.jpg|miniatura|dereita|250px|Villa Baviera en febreiro de [[2014]].]]
[[Ficheiro:Villa Baviera.jpg|miniatura|dereita|250px|Villa Baviera en febreiro de [[2014]].]]
'''Villa Baviera''', coñecida anteriormente como '''Colonia Dignidad''' (antes '''Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad'''<ref name="Brescia (2003)">{{cita novas|apelidos=Brescia|nome=Maura|título=El imperio financiero de Schäfer|url=http://www.elperiodista.cl/newtenberg/1396/article-32972.html|dataacceso=22 de febreiro de 2016|obra=El Periodista|data=22 de xuño de 2003}}</ref>), é unha localidade fundada en [[Chile]] a comezos da década de [[década de 1960|1960]] por [[Inmigración|inmigrantes]] [[Alemaña|alemáns]]. Atópase na comuna de [[Parral, Chile|Parral]], na [[provincia de Linares]], [[rexión do Maule]], e foi un centro de detención e tortura en tempos da [[Ditadura militar en Chile (1973–1990)|ditadura de Augusto Pinochet]].
'''Villa Baviera''', coñecida anteriormente como '''Colonia Dignidad''' (antes '''Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad'''<ref name="Brescia (2003)">{{cita novas|apelidos=Brescia|nome=Maura|título=El imperio financiero de Schäfer|url=http://www.elperiodista.cl/newtenberg/1396/article-32972.html|dataacceso=22 de febreiro de 2016|obra=El Periodista|data=22 de xuño de 2003}}</ref>), é unha localidade [[Chile|chilena]] que se atopa nunha zona illada do centro do país e pertence á comuna de [[Parral, Chile|Parral]], na [[provincia de Linares]], [[rexión do Maule]]. Está 35 km ao surleste de Parral, que tamén é a cidade máis achegada. Segundo o censo de 2002 contaba con 198 habitantes.

== Historia ==
Foi fundada en [[Chile]] en [[1961]]<ref name="Infield (1981)">{{cita libro|apelidos=Infield|nome=Glenn|título=Secrets of the SS|ano=1981|editor=Stein and Day|páxinas=206|editor=Stein and Day}}</ref> por [[Inmigración|inmigrantes]] [[Alemaña|alemáns]] liderados por [[Paul Schäfer]], un fuxitivo con cargos de abusos sexuais a menores na [[República Federal Alemá]]. Na súa etapa de maior apoxeo chegou a acoller a uns 300 residentes tanto alemáns como chilenos e abranguía unha superficie de 137 km²<ref name="Branford (2005)">{{cita publicación periódica|apelidos=Branford|nome=Becky|título=Secrets of ex-Nazi's Chilean fiefdom|revista=BBC News|data=11 de marzo de 2005|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/4340591.stm|dataacceso=22 de febreiro de 2016}}</ref>. A principal actividade económica da colonia era a [[agricultura]], pero tamén tiña unha [[escola]], un [[hospital]], dúas pistas de aterrizaxe, un restaurante e mesmo un central eléctrica. Porén, a colonia era moi hermética e secreta de cara ao exterior, xa que estaba arrodeada por [[arame]] con púas, focos e torres de vixilancia. Tamén contiña depósitos de armas secretos (entre as que se incluía un [[carro de combate]] coñecido como a "eiruga"). Foi un centro de detención e tortura en tempos da [[Ditadura militar en Chile (1973–1990)|ditadura de Augusto Pinochet]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2016 ás 22:27

Villa Baviera en febreiro de 2014.

Villa Baviera, coñecida anteriormente como Colonia Dignidad (antes Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad[1]), é unha localidade chilena que se atopa nunha zona illada do centro do país e pertence á comuna de Parral, na provincia de Linares, rexión do Maule. Está 35 km ao surleste de Parral, que tamén é a cidade máis achegada. Segundo o censo de 2002 contaba con 198 habitantes.

Historia

Foi fundada en Chile en 1961[2] por inmigrantes alemáns liderados por Paul Schäfer, un fuxitivo con cargos de abusos sexuais a menores na República Federal Alemá. Na súa etapa de maior apoxeo chegou a acoller a uns 300 residentes tanto alemáns como chilenos e abranguía unha superficie de 137 km²[3]. A principal actividade económica da colonia era a agricultura, pero tamén tiña unha escola, un hospital, dúas pistas de aterrizaxe, un restaurante e mesmo un central eléctrica. Porén, a colonia era moi hermética e secreta de cara ao exterior, xa que estaba arrodeada por arame con púas, focos e torres de vixilancia. Tamén contiña depósitos de armas secretos (entre as que se incluía un carro de combate coñecido como a "eiruga"). Foi un centro de detención e tortura en tempos da ditadura de Augusto Pinochet.

Notas

  1. Brescia, Maura (22 de xuño de 2003). "El imperio financiero de Schäfer". El Periodista. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  2. Infield, Glenn (1981). Stein and Day, ed. Secrets of the SS. p. 206. 
  3. Branford, Becky (11 de marzo de 2005). "Secrets of ex-Nazi's Chilean fiefdom". BBC News. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas