Xoán Cuveiro Piñol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 14: Liña 14:
{{Commonscat|Juan Cuveiro}}
{{Commonscat|Juan Cuveiro}}
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve)|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 2003|editor= Centro Ramón Piñeiro|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-453-3736-X|páxina= |páxinas= 65-67|dataacceso=6 de novembro de 2013 |url=http://www.cirp.es/pub/docs/narrec/NarradoresOcasionais.pdf}}
* {{Cita libro |título= Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve)|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 2003|editorial= [[Centro Ramón Piñeiro]]|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-453-3736-X|páxina= |páxinas= 65-67|dataacceso=6 de novembro de 2013 |url=http://www.cirp.es/pub/docs/narrec/NarradoresOcasionais.pdf}}


{{ORDENAR:Cuveiro Pinnol, Xoan}}
{{ORDENAR:Cuveiro Pinnol, Xoan}}

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2016 ás 15:46

Xoán Cuveiro Piñol, nado na Coruña o 28 de maio de 1821 e finado en Valladolid o 13 de maio de 1906[1], foi un lingüista e escritor galego.

Traxectoria

Militou no Partido Progresista e participou na revolución de 1846, polo que recibiu a cruz de Valor e Constancia. Foi funcionario de Facenda en Valladolid e Pontevedra, onde traballou de libreiro, especialmente cando o cesaron os gobernos moderados (1848 e 1867). Integrouse dentro da ideoloxía rexionalista. Emigrou para Cuba, onde estreou a súa obra Pedro Madruga: drama hestóreco nun auto e tres coadros en verso (1897). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de Pedro Álvarez Soutomaior (Pedro Madruga), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.

Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes (1868), dun Diccionario gallego (1876), a versión galega dunha biografía de Calderón de la Barca editada en Granada en 1881 (en colaboración con Vicente Gutiérrez Piñeiro) e Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos (1891).

Promoveu e dirixiu as publicacións pontevedresas Las Musas del Lérez, El Libre Pontevedrés e El Progreso, colaborou en A Monteira e Revista Gallega e nas pontevedresas El Circulador, La Distracción, El Vociclero, La Opinión e La Revista.

Notas

  1. Necrolóxica en El Norte de Galicia, 26-7-1906, p. 1.

Véxase tamén

Bibliografía