Antón Faílde Gago: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Oilisab (conversa | contribucións)
Liña 13: Liña 13:
A súa primeira mostra foi en [[1949]] en [[Ourense]], á que seguiron outra en [[1950]] en Vigo e en [[1951]] en Bos Aires. En 1953 dáse a coñecer en Madrid, tendo unha boa acollida por parte da crítica. Enviou obra á II Bienal Hispanoamericana na Habana e á terceira edición de [[1956]] en Barcelona. A resonancia das súas achegas levouno a ser elixido membro correspondente da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] en [[1957]]. En [[1960]] expón na sala da Dirección Xeral de Belas Artes de Madrid]]. Volveu expor en Madrid en [[1968]], dúas veces máis en Vigo, nas salas de Caixavigo, cuxo Centro Cultural lle dedicou unha antolóxica póstuma en [[1986]]. Tamén levou a súa obra a [[Caracas]] en [[1979]].

Realizou monumentos públicos, como o gran busto de [[Afonso X o Sabio]] en [[Pontedeume]] (1970), ou o busto de [[Simón Bolívar]] en Vigo, algo anterior.
Realizou monumentos públicos, como unha estatua en granito de [[Afonso X o Sabio]] en [[Pontedeume]] (1970), ou o busto de [[Simón Bolívar]] en Vigo, algo anterior.

A súa obra figura no Museo de Arte contemporánea de Madrid e en diversos de Galiza. Os Irmáns Maristas de Ourense solicitaron relevos para o centro educativo desa cidade.
A súa obra figura no Museo de Arte contemporánea de Madrid e en diversos de Galiza. Os Irmáns Maristas de Ourense solicitaron relevos para o centro educativo desa cidade.

Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2016 ás 10:36

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Antón Faílde Gago, nado en Ourense en 1907 e falecido na mesma cidade en xuño de 1979, foi un escultor galego, coñecido artisticamente como Faílde.

Traxectoria

Naceu nunha familia de orixe humilde. Trala marcha da súa nai a América cando tiña pouco máis dun ano, viviu na aldea cos seus avós, dedicado ao coidado do gando.

Iniciouse na escultura en Piñor, seguindo os pasos do seu tataravó, santeiro que traballou ata ao tacto. Aos doce anos, Antón traballou como canteiro en Ourense, en tarefas industriais, que lle dan un gran dominio do oficio. Matriculouse na Escola de Artes e Oficios, onde foi alumno de Luís Fernández Xesta. Iniciouse na talla da madeira co mestre Núñez, e con Daniel Piñeiro continúa o seu cotián labor. Pouco despois montou o seur propio taller.

Estudou as tallas da catedral de Ourense, especialmente o pórtico, da escola do Mestre Mateo, escultor do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. A partir da observación de tallas románicas e góticas, iniciouse na talla directa do granito galego. Tamén acudía ao Museo Provincia de Ourense, con mostras ibéricas e a imaxinería relixiosa do barroco. Establece amizade con intelectuais da xeración Nós como Vicente Risco, Florentino López Cuevillas ou Otero Pedrayo.

Recibiu unha bolsa da Deputación de Ourense para continuar a súa formación na Escola de San Fernando de Madrid, se ben non puido rematar este período pola chegada da guerra civil española. Tralo remate da contenda, regresou a Ourense e gañou unha praza de profesor na Escola de Artes e Oficios. Alí estivo até o seu cesamento voluntario en 1956, dando clase e influíndo a artistas como Arturo Baltar.

A súa primeira mostra foi en 1949 en Ourense, á que seguiron outra en 1950 en Vigo e en 1951 en Bos Aires. En 1953 dáse a coñecer en Madrid, tendo unha boa acollida por parte da crítica. Enviou obra á II Bienal Hispanoamericana na Habana e á terceira edición de 1956 en Barcelona. A resonancia das súas achegas levouno a ser elixido membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando en 1957. En 1960 expón na sala da Dirección Xeral de Belas Artes de Madrid]]. Volveu expor en Madrid en 1968, dúas veces máis en Vigo, nas salas de Caixavigo, cuxo Centro Cultural lle dedicou unha antolóxica póstuma en 1986. Tamén levou a súa obra a Caracas en 1979.

Realizou monumentos públicos, como unha estatua en granito de Afonso X o Sabio en Pontedeume (1970), ou o busto de Simón Bolívar en Vigo, algo anterior.

A súa obra figura no Museo de Arte contemporánea de Madrid e en diversos de Galiza. Os Irmáns Maristas de Ourense solicitaron relevos para o centro educativo desa cidade.

O mundo infantil e a maternidade están moi presente na súa obra, así como os grupos músicos ou lúdicos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Luis Trabazo: A. Failde (1970). Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia.
  • María Victoria Carballo-Calero Ramos: Antonio Failde (1986). Ourense, Deputación Provincial.
  • Luis Trabazo: Pedra, barro, bronce en tres escultores galegos (1978). Ourense, Deputación Provincial.
  • Francisco Pablos: Failde (1986). Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
  • Francisco Pablos: Plástica galega (1981). Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
  • Jesús Suevos: Antonio Failde (1960). Madrid, Dirección General de Bellas Artes.
  • Vicente Aguilera Cerni: Panorama del nuevo arte español (1966). Madrid, Edic. Guadarrama.
  • Francisco Pablos: Itinerario Plástico de la provincia marista de León (1989). Zaragoza, Edelvives.
  • José Manuel B. López Vázquez: "Faílde Gago, Antonio" en Gran Enciclopedia Galega.

Ligazóns externas