Rexionalismo galego: Diferenzas entre revisións
quito ligazón a Castela-Castilla |
Sen resumo de edición |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
Apuntan historiadores como [[Xusto Beramendi]] ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son: |
Apuntan historiadores como [[Xusto Beramendi]] ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son: |
||
*'''A corrente liberal''': é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por [[Manuel Murguía]], esta tendencia era de carácter progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para |
*'''A corrente liberal''': é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por [[Manuel Murguía]], esta tendencia era de carácter progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para Galiza. Desta corrente naceu igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade [[Alemaña|alemá]] e separándose da visión da nación [[Francia|francesa]], baseada no pacto entre individuos. |
||
*'''A corrente tradicionalista''': era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal. Estaba liderada por [[Alfredo Brañas]]. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social. |
*'''A corrente tradicionalista''': era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal. Estaba liderada por [[Alfredo Brañas]]. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social. |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
*'''A corrente federalista''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no "Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego". |
*'''A corrente federalista''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no "Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego". |
||
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de |
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de Galiza, a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas. |
||
===A Asociación Regionalista Gallega=== |
===A Asociación Regionalista Gallega=== |
||
Liña 34: | Liña 34: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== |
=== Bibliografía === |
||
* {{Cita libro |ligazónautor=Ramón Máiz Suárez |autor={{Versaleta|Máiz Suárez}}, Ramón |ano=[[1984]] |url=https://www.academia.edu/12319921/O_REXIONALISMO_GALEGO_ORGANIZACI%C3%93N_E_IDEOLOX%C3%8DA |título=O rexionalismo galego: organización e ideoloxía (1886-1907) |editorial=Publicacións do [[Seminario de Estudos Galegos]] - [[Ediciós do Castro]] |localización=[[Sada]]}} |
|||
=== Outros artigos === |
|||
* [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Gallega]] |
* [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Gallega]] |
||
* [[Cova Céltica]] |
* [[Cova Céltica]] |
||
* [[Revista Gallega]] |
* ''[[Revista Gallega]]'' |
||
[[Categoría:Rexionalismo galego| ]] |
[[Categoría:Rexionalismo galego| ]] |
Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2016 ás 21:50
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O rexionalismo supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo, xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o provincialismo) e o posterior (o nacionalismo).
Definición e denominación
En 1886, Manuel Murguía publicou a súa obra Los Precursores. Segundo Luís Obelleiro, este mesmo autor publicou un artigo en La Región Gallega no que definía a Galiza como unha nación, a cal constituía unha das rexións que integraban o territorio do Estado español. De aí o nome de rexionalismo.
Esta corrente defendía unha visión idealizada e utópica, bucólica e idílica, coa finalidade de contestar os tópicos irreais que sobre o país inventaran os casteláns en séculos anteriores.
O movemento rexionalista
Segundo explica Xosé Ramón Barreiro Fernández, o rexionalismo galego parte da base da crise agropecuaria finisecular e dos problemas económicos que esta trouxo consigo. Isto, unido ás críticas ao centralismo e ao sistema caciquil, conlevou a aparición de tres correntes diferentes dentro do movemento rexionalista.
Correntes do movemento rexionalista
Apuntan historiadores como Xusto Beramendi ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son:
- A corrente liberal: é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por Manuel Murguía, esta tendencia era de carácter progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para Galiza. Desta corrente naceu igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade alemá e separándose da visión da nación francesa, baseada no pacto entre individuos.
- A corrente tradicionalista: era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal. Estaba liderada por Alfredo Brañas. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social.
- A corrente federalista: estaba liderada por Aureliano Pereira, e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao Partido Republicano Federal. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no "Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego".
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de Galiza, a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.
A Asociación Regionalista Gallega
Unha vez definido e consolidado, o rexionalismo galego precisaba dun marco común que permitise e organizase as tres correntes antes citadas. E esta foi a Asociación Regionalista Gallega, constituída en 1891 e cuxo primeiro presidente foi Manuel Murguía. A esta asociación debémoslle iniciativas de tipo político-cultural, como a organización dos Xogos Florais de Tui (1891) ou a campaña de axitación e propaganda do traslado dos restos de Rosalía de Castro a San Domingos de Bonaval. Mais tamén é a Asociación Regionalista Gallega a nai de iniciativas de tipo unicamente político, como a presentación dunha candidatura para o concello de Santiago de Compostela ou as protestas realizadas contra o falido traslado da Capitanía Xeneral desde A Coruña ata León.
Prensa
Contaron con órganos de prensa como o periódico Unión Gallega da Coruña.
Balance do labor dos rexionalistas
O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o provincialismo e o nacionalismo. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado un número considerábel de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer as elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufriu unha gran crise cando faleceu Alfredo Brañas e cando Aureliano Pereira pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior nacionalismo galego xa estaba preparado.
Véxase tamén
Bibliografía
- Máiz Suárez, Ramón (1984). O rexionalismo galego: organización e ideoloxía (1886-1907). Sada: Publicacións do Seminario de Estudos Galegos - Ediciós do Castro.