Kartini: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Rotlink (conversa | contribucións)
m replace archive.today -> archive.is (domain archive.today blocked by onlinenic)
Liña 3: Liña 3:
== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:COLLECTIE TROPENMUSEUM Studioportret van Raden Ajeng Kartini met haar ouders zussen en broer TMnr 10018778.jpg|miniatura|Foto de estudio cos seus pais e irmáns]]
[[Ficheiro:COLLECTIE TROPENMUSEUM Studioportret van Raden Ajeng Kartini met haar ouders zussen en broer TMnr 10018778.jpg|miniatura|Foto de estudio cos seus pais e irmáns]]
Kartini naceu nunha familia de ''[[priyayi]]'' - unha especie de nobreza formada por funcionarios - nas [[Indias Orientais Neerlandesas]]. O seu pai Raden Mas Aria Adipati Sosroningrat era ''[[bupati]]'' (gobernador) de [[Jepara]] e a súa nai, Ngasirah, era a súa primeira esposa pero non a dona principal. As leis coloniais da época establecían que un gobernador tiña que casar cunha nobre e como a nai de Kartini non era o suficientemente nobre<ref>[http://archive.today/Fp2Lr "Interview with Kathryn Robinson: Secularization of Family Law in Indonesia" ''Harvard Asia Quarterly'']</ref>e a [[poligamia]] era habitual na nobreza, Sosroningrat casou con Raden Ajeng Woerjan, descendente directa do [[raxá]] de [[Madura]].
Kartini naceu nunha familia de ''[[priyayi]]'' - unha especie de nobreza formada por funcionarios - nas [[Indias Orientais Neerlandesas]]. O seu pai Raden Mas Aria Adipati Sosroningrat era ''[[bupati]]'' (gobernador) de [[Jepara]] e a súa nai, Ngasirah, era a súa primeira esposa pero non a dona principal. As leis coloniais da época establecían que un gobernador tiña que casar cunha nobre e como a nai de Kartini non era o suficientemente nobre<ref>[http://archive.is/Fp2Lr "Interview with Kathryn Robinson: Secularization of Family Law in Indonesia" ''Harvard Asia Quarterly'']</ref>e a [[poligamia]] era habitual na nobreza, Sosroningrat casou con Raden Ajeng Woerjan, descendente directa do [[raxá]] de [[Madura]].

Kartini era o quinto fillo e a filla máis vella, incluíndo aos medios irmáns. A súa era unha familia cunha importante tradición dentro do alto funcionariado colonial, o seu avó, Pangeran Ario Tjondronegoro IV, fora gobernador aos vinte e cinco anos, e intelectual, o irmán máis vello de Kartini, era [[lingüística|lingüísta]]. Kartini puido ir á escola ata os doce anos, alí aprendeu a falar e escribir [[lingua neerlandesa|neerlandés]], algo inusual nas mulleres xavanesas na época<ref>Anos despois, en 1930 calculábanse en 34.000 as mulleres xavanesas que podían escribir en neerlandés Elsbeth, Locher-Scholten (2000) ''Women and the Colonial State: Essays on Gender and Modernity in the Netherlands Indies, 1900-1942'' Amsterdam University Press, p.19</ref>. Pero tras cumprir os doce anos, como era habitual na nobreza xavanesa, recluída na casa para se preparar para o matrimonio, pero a diferenza doutras familias o seu pai permitiulle tomar leccións de bordado e aparecer en público con ocasión dalgúns acontecementos especiais. Durante a súa reclusión continuou a se instruír por medio de lecturas e fixo amigos por correspondencia nos Países Baixos, salientando a que mantivo con Rosa Abendanon, os libros, xornais e revistas europeos fixo que se interesase polo [[feminismo]] europeo e polas condicións das mulleres do seu país. Entre as lecturas desa época está o xornal ''[[De Locomotief]]'' de Semarang, así como ''leestrommel'', un paquete con revistas neerlandesas que as librerías enviaban a subscritores, o que incluía revistas culturais, cienfíticas e a revista feminina ''De Hollandsche Lelie'', á que enviou colaboracións que lle publicaron. Antes dos vinte anos xa lera ''[[Max Havelaar]]'' e ''Geloofsbelydenis'' de [[Multatuli]], mais tamén ''De Stille Kracht'' de [[Louis Couperus]], as obras de [[Frederik van Eeden]], [[Augusta de Witt]], a autora romántico-feminista [[Goekoop de-Jong Van Eek]] ou a novela antibélica de [[Berta von Suttner]], ''Die Waffen Nieder!''.

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2016 ás 11:12

Retrato de Kartini

Raden Ayu[1] Kartini, nada en Jepara o 21 de abril de 1879 e finada en Rembang o 17 de setembro de 1904, tamén coñecida como Raden Ajeng Kartini, foi unha nobre xavanesa considerada heroína nacional indonesia polo seu labor pioneiro no campo dos dereitos da muller.

Traxectoria

Foto de estudio cos seus pais e irmáns

Kartini naceu nunha familia de priyayi - unha especie de nobreza formada por funcionarios - nas Indias Orientais Neerlandesas. O seu pai Raden Mas Aria Adipati Sosroningrat era bupati (gobernador) de Jepara e a súa nai, Ngasirah, era a súa primeira esposa pero non a dona principal. As leis coloniais da época establecían que un gobernador tiña que casar cunha nobre e como a nai de Kartini non era o suficientemente nobre[2]e a poligamia era habitual na nobreza, Sosroningrat casou con Raden Ajeng Woerjan, descendente directa do raxá de Madura.

Kartini era o quinto fillo e a filla máis vella, incluíndo aos medios irmáns. A súa era unha familia cunha importante tradición dentro do alto funcionariado colonial, o seu avó, Pangeran Ario Tjondronegoro IV, fora gobernador aos vinte e cinco anos, e intelectual, o irmán máis vello de Kartini, era lingüísta. Kartini puido ir á escola ata os doce anos, alí aprendeu a falar e escribir neerlandés, algo inusual nas mulleres xavanesas na época[3]. Pero tras cumprir os doce anos, como era habitual na nobreza xavanesa, recluída na casa para se preparar para o matrimonio, pero a diferenza doutras familias o seu pai permitiulle tomar leccións de bordado e aparecer en público con ocasión dalgúns acontecementos especiais. Durante a súa reclusión continuou a se instruír por medio de lecturas e fixo amigos por correspondencia nos Países Baixos, salientando a que mantivo con Rosa Abendanon, os libros, xornais e revistas europeos fixo que se interesase polo feminismo europeo e polas condicións das mulleres do seu país. Entre as lecturas desa época está o xornal De Locomotief de Semarang, así como leestrommel, un paquete con revistas neerlandesas que as librerías enviaban a subscritores, o que incluía revistas culturais, cienfíticas e a revista feminina De Hollandsche Lelie, á que enviou colaboracións que lle publicaron. Antes dos vinte anos xa lera Max Havelaar e Geloofsbelydenis de Multatuli, mais tamén De Stille Kracht de Louis Couperus, as obras de Frederik van Eeden, Augusta de Witt, a autora romántico-feminista Goekoop de-Jong Van Eek ou a novela antibélica de Berta von Suttner, Die Waffen Nieder!.

Ficheiro:Raden Adjeng Kartini.jpg
Kartini co seu home, Joyodiningrat

Os pais de Kartini arranxaron o seu matrimonio, contra a súa vontade, con Joyodiningrat, gobernador de Rembang, quen xa tiña tres mulleres, casou o 12 de novembro de 1903. O seu home permitiulle abrir unha escola para mulleres no pórtico oriental da súa residencia. O 13 de setembro de 1904 deu a luz ao seu fillo morrendo poucos días despois, o 17 de setembro.

Herdanza

Inspirándose no exemplo de Kartini, o político neerlandés Conrad Theodor van Deventer estableceu en 1913[4] a Fundación Kartini para a construción de escolas para mulleres ( as Kartinischolen). Con motivo do cincuenta aniversario da súa morte celebrouse un recoñecemento nalgunha das escolas da fundación [5] e o creador do himno nacional Wage Rudolf Supratman escribiu unha canción a ela dedicada[6] que se espallou entre o movemento nacionalista. Ao longo da década de 1930 celebrábase o día de Kartini en varias cidades do centro de Xava organizados por asociacións de mulleres e a sección feminina xavanesa da organización xuvenil nacionalista Indonesia Moeda [7] comezando a se espallar a celebración por outras partes das Indias Neerlandesas[8] e tirando algunhas publicacións nacionalistas edicións especiais dedicadas a Kartini[9]. Coa independencia instituíuse oficialmente o Día de Kartini o 21 de abril [10]. En 1964 o presidente Sukarno incluíuna no panteón de heroes nacionais.

Conmemoración do día de Kartini en 1953

Obra epistolar

Despois da morte de Kartini, Jacques Henrij Abendanon, antigo ministro de cultura das Indias Neerlandesas recolleu e publicou as cartas que ela intercambiaba cos seus amigos en europa, o libro publicouse como Door Duisternis tot Licht en 1912 nos Países Baixos e nos anos sucesivos viu cinco edicións, engadíndose na última máis cartas. O libro escrito por unha muller nativa atraeu grande interese nos Países Baixos e axudou a cambiar o xeito que os neerlandeses vían ás mulleres xavanesas e tamen inspirou á intelligentsia indonesia e ao movemento polos dereitos da muller. En 1920 traduciuse ao inglés como Letters of a Javanese princess e en 1922 ao malaio, lingua franca das Indias Orientais Neerlandesas, como Habis gelap terbitlah terang. Á lingua materna de Kartini, o xavanés, traduciuse en 1938 [11] co título de Mboekak Pepeteng.

Pensamento

Mestras e alumnas dunha Kartinischool contra 1920

Condición da muller

Nas súas cartas, Kartini escribiu particularmente das condicións sociais da súa época e en especial das da muller xavanesa. Revélase contra da tendencia que tiña a cultura tradicional xavanesa para porlle trabas ao desenvolvemento da muller, pola contra ela quería que tivesen liberdade para aprender e estudar. Kartini escribiu das súas ideas e ambicións que incluían segundo as súas propias palabras o Zelf-ontwikkeling, Zelf-onderricht, Zelf-vertrouwen, Zelf-werkzaamheid e Solidariteit, traducido como autodesenvolvemento, autoaprendizaxe, autoconfianza, autosuficiencia e solidariedade, ideas todas baseadas no lema Religieusiteit, Wijsheid en Schoonheid, isto é relixiosidade, sabedoría e beleza, aos que habería que engadir o humanitarismo e o nacionalismo.

As súas cartas tamén expresaban as súas esperanzas no apoio do exterior e na correspondencia con Estell "Stella" Zeehandelaar expresaba o seu desexo de ser como unha moza europea, describindo os padecementos das mulleres xavanesas baixo o peso da tradición, sen poder estudar, reclusas, obrigadas a prepararse para parcipipar en matrimonios polígamos cun home que non coñecen.

Relixión

Aínda que muller piadosa non oculta as súas críticas á relixiosidade tradicional, non entende a razón pola que o Corán había ser memorizado e recitado sen a obriga de comprendelo; cría que a relixión non debía suscitar problemas desacordos e ofensas, escribindo que "a relixión debía protexer contra do pecado mais con moita frecuencia os pecados cometíanse no nome da relixión" e que esta non debía servir aos homes para perpetuar a poligamia.

Notas

  1. Raden Ayu era un título levado como dona dun priyayi, unha clase de nobreza de toga xavanesa
  2. "Interview with Kathryn Robinson: Secularization of Family Law in Indonesia" Harvard Asia Quarterly
  3. Anos despois, en 1930 calculábanse en 34.000 as mulleres xavanesas que podían escribir en neerlandés Elsbeth, Locher-Scholten (2000) Women and the Colonial State: Essays on Gender and Modernity in the Netherlands Indies, 1900-1942 Amsterdam University Press, p.19
  4. Huygens ING - Den Haag. Bronvermelding: F.G.P.Jaquet, 'Deventer, Conrad Theodor van (1857-1915)', in Biografisch Woordenboek van Nederland. URL:http://resources.huygens.knaw.nl/bwn1880-2000/lemmata/bwn1/deventer , 12 de novembro de 2013]
  5. C. Frans, 'Peringatan hari maulid jang kelima poeloeh dan hari wafat jang kedoea poeloeh lima dari almarhoem R.A. Kartini, pendekar associatie-politiek' Oedaya, 76 (1929): 140–45.
  6. [ http://www.jakarta.go.id/web/encyclopedia/detail/3528/Wage-Rudolf-Supratman Wage Rudolf Supratman en Ensiklopedi Jakarta]
  7. "Kartini Herdenking: bijeenkomst in den sobo–Kartti Schouwburg" De Locomotief, 22 de abril de 1937
  8. Armijn Pane "R.A. Kartini: dipandang dari djoeroesan kesoesasteraan", Keoetamaan Isteri, abril de 1939, pp. 9–10.
  9. Mahy, Petra "Being Kartini: Ceremony and Print Media in the Commemoration of Indonesia's First Feminist" Intersections: Gender and Sexuality in Asia and the Pacific 28, marzo de 2012
  10. "Hari Kartini dizaman Indonesia Merdeka" Kedaulatan Rakjat, 22 de abril de 1946, p. 1
  11. Soebadio, Haryati e Soebadio, Noto (1990) Kartini: pribadi mandiri Gramedia Pustaka Utama, p.IX