John Rutherford: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Rotlink (conversa | contribucións)
m replace archive.today -> archive.is (domain archive.today blocked by onlinenic)
Liña 26: Liña 26:
Doutorouse pola [[Universidade de Oxford]] en [[1969]] coa tese ''Mexican Society during the Revolutión: A literary approach'' (Oxford University Press, 1971).<ref>[http://www.jstor.org/discover/10.2307/30203094?uid=3737952&uid=2&uid=4&sid=21104064101383 Recensión] por John S. Brushwood en ''Revista Hispánica Moderna'', '''36''' (1/2) (1970/1971), pp. 72-76. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. {{es}}</ref>
Doutorouse pola [[Universidade de Oxford]] en [[1969]] coa tese ''Mexican Society during the Revolutión: A literary approach'' (Oxford University Press, 1971).<ref>[http://www.jstor.org/discover/10.2307/30203094?uid=3737952&uid=2&uid=4&sid=21104064101383 Recensión] por John S. Brushwood en ''Revista Hispánica Moderna'', '''36''' (1/2) (1970/1971), pp. 72-76. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. {{es}}</ref>


Foi ''Praelector'' en español,<ref>O ''Praelector'' é unha figura académica tradicional nas universidades de Cambridge e Oxford. O seu cometido é diferente nas dús universidades. En Oxford, pode ser un ''Fellow'' (literalmente, "compañeiro", "camarada"), en sentido amplo, é alguén que é un igual ou un camarada. O termo, usado frecuentemente en contextos académicos, é un integrante dun grupo de elite que traballan conxuntamente como pares na busca do coñecemento) un profesor doutor) dun ''College'' (un dos Colexios Maiores de Universidade), pero tamén pode ser un tutor da Universidade responsábel dun colexio de honores en ausencia dun compañeiro.</ref> ''Laming Resident Fellow'' e secretario do ''Laming Committee''.<ref>[http://archive.today/8LW6 The Queen's College, Oxford University Calendar entry, 2003-2004].</ref>
Foi ''Praelector'' en español,<ref>O ''Praelector'' é unha figura académica tradicional nas universidades de Cambridge e Oxford. O seu cometido é diferente nas dús universidades. En Oxford, pode ser un ''Fellow'' (literalmente, "compañeiro", "camarada"), en sentido amplo, é alguén que é un igual ou un camarada. O termo, usado frecuentemente en contextos académicos, é un integrante dun grupo de elite que traballan conxuntamente como pares na busca do coñecemento) un profesor doutor) dun ''College'' (un dos Colexios Maiores de Universidade), pero tamén pode ser un tutor da Universidade responsábel dun colexio de honores en ausencia dun compañeiro.</ref> ''Laming Resident Fellow'' e secretario do ''Laming Committee''.<ref>[http://archive.is8LW6 The Queen's College, Oxford University Calendar entry, 2003-2004].</ref>


Profesor do Queen's College da Universidade de Oxford dende [[1968]], alí creou, en [[1991]], o [[Centros de estudos galegos|Centro de estudos galegos]] desta universidade, dirixíndoo ata a súa xubilación.
Profesor do Queen's College da Universidade de Oxford dende [[1968]], alí creou, en [[1991]], o [[Centros de estudos galegos|Centro de estudos galegos]] desta universidade, dirixíndoo ata a súa xubilación.

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2016 ás 06:58

Infotaula de personaJohn Rutherford
Biografía
Nacemento1941
St Albans, Hertfordshire, Inglaterra Inglaterra
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónWadham College (en) Traducir
Haberdashers' Aske's Boys' School (en) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , escritor , tradutor , crítico literario , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

John David Rutherford, nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra) en 1941, é un galicianista e hispanista inglés, profesor de lingua e literatura española e lingua e literatura galega, tradutor ao inglés destas linguas, novelista e académico, destacado po ter promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.

Xubilado no 2008, é Profesor Emérito (Emeritus Fellow) de lingua e literatura españolas no Queen's College da Universidade de Oxford.

Traxectoria

Ruherford fixo os seus primeiros estudos na Haberdashers' Aske's Boys' School (unha escola privada). Desde a súa época de estudante universitario estivo vinculado á Universidade de Oxford: comezou os seus estudos de español no Wadham College, antes de ir, en 1969 ao Saint Anthony's College, aínda que xa empezara ditando un relatorio no Queen's College o ano anterior.[1]

Doutorouse pola Universidade de Oxford en 1969 coa tese Mexican Society during the Revolutión: A literary approach (Oxford University Press, 1971).[2]

Foi Praelector en español,[3] Laming Resident Fellow e secretario do Laming Committee.[4]

Profesor do Queen's College da Universidade de Oxford dende 1968, alí creou, en 1991, o Centro de estudos galegos desta universidade, dirixíndoo ata a súa xubilación.

Así mesmo, coordinou o Obradoiro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College, que traduciu e publicou unha escolma de textos de Méndez Ferrín (Them and other storys, 1996) e Cousas de Castelao (Things, 2000). Outros autores traducidos, que aínda non viron a luz en formato libro, son María Mariño, Carlos Casares, e Eduardo Blanco Amor, entre outros. Neste Obradoiro, ademais do propio profesor Rutherford, participaron Benigno Fernández Salgado e Xelís de Toro, entre outros.

Foi vicepresidente (1991-1994) e presidente (1994-1997) da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

No mundo do hispanismo é coñecido por ser autor da tradución inglesa de dous clásicos da literatura española: La Regenta e O Quixote.[5]

No ano 2001, a través do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo publicou Breve historia del pícaro preliterario, defendendo a orixe galega deste personaxe da literatura española. Ademais, publicou unha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo: Galaxia, 2004), un libro de viaxes novelado sobre o Camiño de Santiago,[6] posteriormente traducida ao castelán, Las flechas de oro (León: Lobo Sapiens, 2013).

É habitual velo en Ribadeo, onde coñeceu a súa esposa, Tita, en 1959, coa que casou, na igrexa parroquial, en 1964.[7] Pasa moitos dos seus veráns nesa vila. Alí participa na rondalla estival e foi o animador das Xornadas 'Mar por medio', que levan editándose na vila dende o ano 1992, procurando a relación da cultura galega co exterior alén o mar, tanto coas illas Británicas (sobre todo) como con Norteamérica.

Principais obras literarias

Obras propias

  • 2001 - Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-187-4.
  • 2004 - As frechas de ouro. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-757-9.
  • 2013 - La flechas de oro. León: Editorial Lobo Sapiens.[8]

Traducións

Honras e distincións

Notas

  1. 1,0 1,1 Rutherford, un inglés en la RAG Diario El Correo Gallego, 5-10-2008.
  2. Recensión por John S. Brushwood en Revista Hispánica Moderna, 36 (1/2) (1970/1971), pp. 72-76. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. (en castelán)
  3. O Praelector é unha figura académica tradicional nas universidades de Cambridge e Oxford. O seu cometido é diferente nas dús universidades. En Oxford, pode ser un Fellow (literalmente, "compañeiro", "camarada"), en sentido amplo, é alguén que é un igual ou un camarada. O termo, usado frecuentemente en contextos académicos, é un integrante dun grupo de elite que traballan conxuntamente como pares na busca do coñecemento) un profesor doutor) dun College (un dos Colexios Maiores de Universidade), pero tamén pode ser un tutor da Universidade responsábel dun colexio de honores en ausencia dun compañeiro.
  4. The Queen's College, Oxford University Calendar entry, 2003-2004.
  5. El traductor John Rutherford aborda una nueva versión inglesa de 'El Quijote' Diario El País (España), 15-05-1989.
  6. Sinopse.
  7. Hispanista británico que vai ser nomeado fillo adoptivo de Ribadeo Diario El Progreso, 31-08-2012.
  8. El novelista (Manuel Rivas) presentó Las flechas de oro, del inglés John Rutherford Diario de León, 18-07-2013.
  9. John Rutherford, premio Trasalba por su divulgación del gallego Diario El País (España), 13-04-2007.
  10. Manuel Rivas e John Rutherford, novos Honoris Causa pola UDC, web da Universidade da Coruña, honra que recolleu en 2012.
  11. Nomeados fillos predilectos e adoptivos de Ribadeo a Víctor Moro, John Rutherford e José Calavera Crónica3. A Mariña.
  12. El Consejo de Gobierno aprueba el nombramiento como Doctor Honoris Causa por la Universidad de Oviedo de John Rutherford Web da Universidad de Oviedo, 17-06-2013.
  13. Riempos de Historia

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas