Nino Farina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
a edición de esta páxina procede da información de enːGiuseppe Farina
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 222: Liña 222:
==Notas==
==Notas==
{{Listaref}}
{{Listaref}}
{{Listaref|group=note}}
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}

Revisión como estaba o 9 de febreiro de 2016 ás 13:09

Modelo:Expiloto de F1

Giuseppe Emilio "Nino" Farina, nado en Torino o 30 de outubro de 1906 e finado en Aiguebelle 30 de xuño de 1966, foi un piloto de Fórmula 1 italiano, e o primeiro campión mundial da categoría.

Traxectoria

Giuseppe estaba doutorado en dereito, e era sobriño do deseñador Pinin Farina. As súas primeiras experiencias en pista fíxoas con Maserati, aínda que a súa carreira comezaría a florecer co seu pase a Alfa Romeo, onde tivo como compañeiro de equipo a Tazio Nuvolari. A fins da década dos 30, Farina gañou varios Gran Premios menores, que lle permitiron obter o título de campión italiano de pilotos durante tres anos seguidos (1937-1939). No ano seguinte lograría o seu primeiro triunfo grande, no Gran Premio de Trípoli de 1940, en Libia. No momento en que estaba chegando á súa madurez como piloto, desatouse a Segunda Guerra Mundial, e pasarían oito anos antes de que Farina puidese gañar outro Gran Premio.

Na posguerra, Nino tomou parte en varios grandes premios cun Maserati propio, logrando desta forma un triunfo no Gran Premio de Mónaco de 1948. Cando a Fédération Internationale de l'Automobile anunciou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, Farina asegurouse unha praza no equipo Alfa Romeo, xunto a Juan Manuel Fangio e ao italiano Luigi Fagioli, ao mando dun dos aparentemente invencibles 158 Alfetta. Farina obtivo 3 vitorias nas 7 carreiras do campionato, e logrou así o seu primeiro campionato mundial na categoría. Era o cumio da súa carreira.

En 1951, viuse obrigado a facer o papel de escudeiro de Fangio, cuxo ritmo de carreira foi demasiado para Farina. O italiano logrou un único triunfo no Gran Premio de Bélxica, aínda que gañou algunhas das carreiras non válidas para o campionato. Tras o seu pase a Ferrari en 1952, Farina viuse outra vez pasado por un piloto máis novo, esta vez Alberto Ascari, quen logrou 9 vitorias consecutivas en carreiras polo campionato entre 1952 e 1953.

O primeiro triunfo de Farina en Ferrari, que á vez sería o último dos seus 5 triunfos no campionato mundial de F1, produciuse no Gran Premio de Alemaña de 1953, disputado en Nürburgring. Nese ano, tamén formou un equipo co seu amigo da F1 Mike Hawthorn, para disputar e gañar as 24 horas de Spa. A principios de 1954, Farina gañou unha proba do Campionato Mundial de Auto Deportivos, aínda que tempo despois sufriu graves queimaduras nun accidente na saida de Monza. O italiano intentou regresar ás pistas en 1955 tomando calmantes, e logrou finalizar na zona de puntos en algunha carreira. Con todo, dándose conta de que non podería alcanzar o seu nivel de outrora, decidiu retirarse ao final desa tempada.

En 1956, Farina planificou o seu regreso nas 500 millas de Indianápolis, pero sufriu unha lesión no seu pescozo durante unha carreira menor en Monza. Tras a súa recuperación, intentou regresar ás pistas en Indianápolis, pero desistiu tras presenciar a morte dun compañeiro que estaba probando o auto que lle correspondía a Farina.

Figura notable dos primeiros anos da Fórmula 1, Farina era recoñecido polo seu estilo de manexo e a súa intelixencia, pero tamén pola súa petulancia e o seu desprezo polos seus rivais na pista. Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, perdeu a vida nun accidente de coche fóra das pistas en Chambéry, mentres se dirixía como espectador ao Gran Premio de Francia.

Resultados Completos en Fórmula 1

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos Puntos[note 1]
1950 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158/50 Alfa Romeo 8 en liña GBR
1
MON
Ret
500
SUI
1
BEL
4
FRA
7
ITA
1
30
1951 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Alfa Romeo 8 en liña SUI
3
500
BEL
1
FRA
5
19 (22)
Alfa Romeo 159B GBR
Ret
ALE
Ret
Alfa Romeo 159M ITA
3*
ESP
3
1952 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña SUI
Ret
500
BEL
2
FRA
2
GBR
6
ALE
2
NED
2
ITA
4
24 (27)
1953 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña ARX
Ret
500
NED
2
BEL
Ret
FRA
5
GBR
3
ALE
1
SUI
2
ITA
2
26 (32)
1954 Scuderia Ferrari Ferrari 625 Ferrari 4 en liña ARX
2
500
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
ESP
NCG
6
Ferrari 553 BEL
Ret
1955 Scuderia Ferrari Ferrari 625/555 Ferrari 4 en liña ARX
2**
10 1/3
Ferrari 625 MON
4
Ferrari 555 500
BEL
3
Lancia D50 Lancia V8 NED
GBR
ITA
NTS

* Indica unidade compartida
** No Gran Premio de Arxentina de 1955, Farina finalizou en 2º (compartido con Trintignant e González) e 3º lugar (compartido con Maglioli e Trintignant). Concedeuselle un terzo dos puntos de cada resultado.


Predecesor:
-
Campión da Fórmula 1
1950
Sucesor:
Juan Manuel Fangio

Notas

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome droppedpoints

Véxase tamén

Ligazóns externas