José Reino Caamaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Xas (conversa | contribucións)
m referencias
Liña 1: Liña 1:
'''José Bernardo Reino Caamaño''', nado en [[Insua, Mazaricos, Mazaricos|Insua]] ([[Mazaricos]]) o [[21 de abril]] de [[1882]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[2 de xaneiro]] de [[1964]], foi un avogado e político galego.
'''José Bernardo Reino Caamaño''', nado en [[Insua, Mazaricos, Mazaricos|Insua]] ([[Mazaricos]]) o [[21 de abril]] de [[1882]]<ref>Entrevista en ''[[La Noche]]'', 27-4-1955, p. 6.</ref> e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[2 de xaneiro]] de [[1964]], foi un avogado e político galego.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 9 de febreiro de 2016 ás 09:40

José Bernardo Reino Caamaño, nado en Insua (Mazaricos) o 21 de abril de 1882[1] e finado en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 1964, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Emparentado coas familias Caamaño e Fabeiro, da vila de Negreira e do pazo do Cotón. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1902, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Publicou versos en castelán e galego na Revista Gallega[2] e El Umia. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da Deputación da Coruña polo distrito de Negreira-Corcubión. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes Españolas pola fracción demócrata do Partido Liberal. Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933. Durante a Guerra civil defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo[3], chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo[4]. O seu irmán Carlos Reino Caamaño, que era alcalde de Verín por Izquierda Republicana foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, sendo nomeado profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil en 1948. Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Notas

  1. Entrevista en La Noche, 27-4-1955, p. 6.
  2. Poemas de José Reino
  3. Foi o avogado defensor de Fernando Domínguez Caamaño e Luis Rastrollo González, procesados por rebelión na causa 231/36 xunto cos outros membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, e xulgados en Consello de guerra o 19 de novembro de 1936.
  4. La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas